O Monte St. Helens é un estratovolcán activo situado no condado de Skamania, Washington, na rexión do noroeste do Pacífico nos Estados Unidos. Está a 154 km ao sur de Seattle, Washington e a 80 km ao nordeste de Portland, Oregón.
Mount St. Helens toma o seu nome do diplomático británico Lord St Helens, un amigo do explorador George Vancouver que fixo un estudo da zona a finais do século XVIII. O volcán está situado na Cordilleira das Cascadas e forma parte do Arco Volcánico das Cascadas, un segmento do Anel de Lume do Pacífico que inclúe máis de 160 volcáns activos. Este volcán é coñecido polas súas explosións de cinzas e os seus fluxos piroclásticos.
O Monte St. Helens é máis notorio pola súa erupción catastrófica o 18 de maio de 1980, ás 8:32 am PDT, o suceso volcánico máis mortífero e máis destrutivo economicamente da historia dos Estados Unidos.[1] Cincuenta e sete persoas morreron; destruíronse 250 casas, 47 pontes, 24 km de ferrocarrís e 298 km de estradas. Unha avalancha masiva de cascallos provocada por un terremoto de 5,1 na escala de Richter, provocou unha erupción, reducindo a elevación da cúpula da montaña de 2950 m a 2549 m e substituíuna por un cráter en forma de ferradura de 1,6 km de ancho.[2] A avalancha de restos ascendeu ata 2.9 km3 en volume. O Monumento Volcánico Nacional de Mount St. Helens foi creado para preservar o volcán e permitir o estudo das súas secuelas cientificamente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Harris, Stephen L. (1988). "Mount St. Helens: A Living Fire Mountain". Fire Mountains of the West: The Cascade and Mono Lake Volcanoes (1st ed.). Missoula, Montana: Mountain Press Publishing Company. pp. 201–228. ISBN 0-87842-220-X.
- Mullineaux, D. R.; Crandell, D.R. (1981). "The 1980 eruptions of Mount St. Helens, Washington". Professional Paper 1250. USGS. Consultado o 2006-10-28.
- Mullineaux, D. R. (1996). "Pre-1980 Tephra-Fall Deposits Erupted From Mount St. Helens". Professional Paper 1563. USGS. Consultado o 2006-10-28.
- Pringle, P. T. (1993). "Roadside Geology of Mount St. Helens National Volcanic Monument and Vicinity" (PDF). Circular 88. Washington State Department of Natural Resources, Division of Geology and Earth Resources Information.
- "Description: Mount St. Helens Volcano, Washington". Vancouver, Washington: USGS/Cascades Volcano Observatory. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 2006-10-28.
- "Eruption of Mount St. Helens". National Geographic 159 (1): 3–65. xaneiro de 1981. ISSN 0027-9358. OCLC 643483454.
Ligazóns externas