O turismo e as categorías relacionadas son as principais actividades económicas.[1] É o único territorio estadounidense onde se conduce pola esquerda. As Illas Virxes dos Estados Unidos están incluídas na lista das Nacións Unidas de territorios non autónomos.
Durante a fase da guerra de submarinos na primeira guerra mundial, os Estados Unidos, temendo unha posible captura das Illas Virxes por parte de Alemaña para usalas como base naval, premeu ao Reino de Dinamarca para que vendese este territorio. Temendo que se Alemaña invadise Dinamarca, Estados Unidos conquistaría as illas, o país nórdico aceptou a oferta. O 17 de xaneiro de 1917, Estados Unidos comprou o territorio das Indias Occidentais Danesas por 25 millóns de dólares, tomando posesión o 31 de marzo. En 1927, Estados Unidos decretou a cidadanía a todos os habitantes das illas.
Goberno e política
As Illas Virxes dos Estados Unidos son un territorio organizado non incorporado a Estados Unidos. A pesar de que son cidadáns estadounidenses, non poden votar nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos.
A nivel territorial, quince senadores - sete do distrito de Saint Croix, sete do distrito de Saint Thomas e Saint John, e un senador que debe ser residente de Saint John - son elixidos por un termo de dous anos á Lexislatura unicameral das Illas Virxes dos Estados Unidos. As illas elixiron un gobernador territorial cada catro anos desde 1970. Antes os gobernadores eran escollidos polo Presidente dos Estados Unidos.
As illas teñen un Tribunal do Distrito e un Tribunal Superior. Os xuíces son escollidos polo Presidente e o Gobernador respectivamente. O Congreso dos Estados Unidos organizou varios referendos locais para axudar na autodeterminación das illas. Como con Porto Rico, os residentes tiveron a opción da independencia, statu quo, ou a opción de ser Estado; con todo, estas medidas fallaron, e iso fixo que sigan co status actual.
Organización político-administrativa
Non existe unha división política de primeira orde establecida polo goberno; pero existen tres illas na segunda orde: Santa Cruz, San Xoán e San Tomé.
Administrativamente, as Illas Virxes dos Estados Unidos están divididas en dous (2) distritos: o distrito San Tomé e San Xoán e o distrito de Santa Cruz.[4][5][6] Non obstante, a Oficina do Censo dos Estados Unidos divide cada unha das tres illas principais en 3 entidades estatísticas diferentes (que se dividen aínda en vinte (20) subdistritos máis).[7] A continuación móstrase o modelo de división da Oficina do Censo dos Estados Unidos.
As Illas Virxes dos Estados Unidos vistas desde o espazo
As illas Virxes dos Estados Unidos están localizadas entre o mar Caribe e o océano Atlántico, a 80,5 km ao leste de Porto Rico. O territorio consiste de catro illas principais: Saint Thomas (San Tomé), Saint John (San Xoán), Saint Croix (Santa Cruz) e Water Island, así como unha ducia de pequenas illas.
O turismo é a actividade económica primaria. As illas normalmente reciben dous millóns de visitantes por ano, moitos que veñen de cruceiros. O sector manufactureiro consiste en refinación de petróleo, téxtiles, electrónica, destilación de ron, farmacéutica, e plantas de ensamblaxe de reloxos. A agricultura é reducida, isto levou que a comida sexa importada. Negocios internacionais e servizos financeiros son reducidos pero está volvéndose nun compoñente en crecemento da economía. Unha das refinaría máis grandes do mundo está localizada en Saint Croix.
As illas están sometidas por tormentas tropicais e furacáns. Recentemente, os furacáns Hugo en 1989 e Marilyn en 1995 produciron danos económicos.
O idioma oficial, máis estendido e desenvolvido é o inglés, que comprende aproximadamente o 80% da poboación. Pola súa banda, o idioma español é falado por ao redor do 15% (por inmigrantes de Porto Rico e a República Dominicana), e existen inmigrantes das illas de Dominica e Santa Lucia que falan linguas crioulas derivadas do francés. A maioría da poboación tamén falan unha crioula derivada do inglés.
Divisas
Fai fronteira marítima, a leste, coas Illas Virxes Británicas e a oeste, con Porto Rico. As principais illas, alén de Saint Croix, son Saint John e Saint Thomas.