Servizo Nacional de Parques National Park Service
|
|
Logo do Servizo Nacional de Parques
|
Información xeral
|
Formación
|
25 de agosto de 1916
|
Sede central
|
Main Interior Building (MIB), Washington, D.C.
|
Empregados
|
15.000 permanentes 5.000 estacionais Voluntarios: 140.000 (2006)
|
Orzamento
|
2.256 millóns de dólares (2006)
|
Sitio web
|
www.nps.gov
|
O Servizo Nacional de Parques (en inglés: National Park Service) é unha axencia do Goberno Federal dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Interior. Foi fundado o 25 de agosto de 1916. Esta entidade é responsábel da xestión de 58 parques nacionais e de 333 outros locais de interese histórico, cultural e natural.
Sistema Nacional de Parques
O Sistema Nacional de Parques é un termo que describe o conxunto de parques e lugares xestionados polo Servizo Nacional de Parques. Este sistema abarca uns 333.000 km², dos cales 17.000 km² seguen sendo propiedade privada. O maior parque, o Parque Nacional Wrangell-St. Elias, en Alasca, con 53.000 km² compón un 16% total do sistema. A unidade máis pequena do sistema a forma o Memorial Thaddeus Kosciuszko, en Pensilvania, con 80m².
Amais destas unidades e demais propiedades que o Servizo Nacional de Parques posúe e administra, tamén outorga asistencia técnica ou financeira a áreas afiliadas, coa autorización do congreso. Entre estas áreas atópase a Reserva Nacional de Piñeiros de Nova Jersey, de 4.711 km², o Memorial Benjamin Franklin.
Véxase tamén
Ligazóns externas