O guerreiro de Vachères, unha estatua dun guerreiro galo vestindo roupas romanas (século -I )
A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano , no que hoxe son Francia , Bélxica , Luxemburgo , Suíza e o oeste de Alemaña . O control romano da área durou máis de cincocentos anos.
Historia e características
A República romana comezou a conquista da Galia celta en -121 , cando conquistou e anexou as zonas limítrofes do sur. Xulio César completou a tarefa de derrotar ás tribos celtas na Guerra das Galias entre os anos -58 e -51 , e a romanización que lle seguiu foi moi rápido nas cidades; o latín era falado pola maioría dos galos no século III , pero conservando aínda vestixios de lingua gala .
O derradeiro vestixio do goberno romano foi eliminado polos francos na Batalla de Soissons . Desprazando ó Reino Visigodo de Tolosa en 507, os Francos dominaron a meirande parte da Galia, agás Septimania no sur, baixo o dominio do merovinxios , os primeiros reis de Francia.
A cidade de Lugdunum (agora Lión ) fora a capital do Galia .
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas