O Sereo[1] (coñecido as máis das veces coma O Sireno[2]) é unha escultura realizada polo escultor cambadésFrancisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.[3]
Descrición
Ergueuse no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións a cidadanía de Vigo.[Cómpre referencia] A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aceiro inoxidable e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura.[4] O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral.[5]