Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Eifonso.
O río Eifonso é un río galego que transcorre integramente polo concello de Vigo. Afluente do río Lagares, constitúe un dos espazos naturais con maior valor ecolóxico do concello vigués.[1] Recibe o seu nome da aldea de Eifonso, da parroquia de Bembrive.
Descrición
Nace no Monte das Lagoas,[Cómpre referencia] próximo ao campus universitario vigués, a unha altura de 450 metros. Transcorre polas parroquias de Beade, Bembrive e Sárdoma, onde desauga no Lagares, tras percorrer 6 quilómetros. Á súa beira transcorre unha ruta de sendeirismo que atravesa fragas de ribeiras únicas no concello[1], muíños e unha fervenza. No camiño está o antigo poboado de Bene Vívere (Bembrive), xa abandonado, erguido no século X.
Galería de imaxes
-
Fervenza do río Eifonso en Bembrive, Vigo.
-
Ribeira do río Eifonso.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Recorrido Eifonso en Las mejores rutas de senderismo, Faro de Vigo.
Ligazóns externas