Unha fervenza[1], tamén denominada abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga ou seimeira é unha caída de auga desde certa altura provocada por un desnivel na canle dun río.
Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.
Unha gran fervenza recibe o nome de catarata[2] mentres que unha pequena denomínase cachoada[3], ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.