Fundación Carlos Casares

Fundación Carlos Casares
Interior do local da fundación
TipoCultural
Data de fundación9 de setembro de 2002
Nomeado en referencia aCarlos Casares
SedeCasa de Fernando Carreras
EnVigo
PaísGalicia
Na rede
http://fundacioncarloscasares.org/
Facebook: fundacioncarloscasares Twitter: fcarloscasares Youtube: UCBv8mVVYf2DCrJvKqWEprTA Vimeo: user6173455 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Carlos Casares é unha entidade con obxectivos culturais de promover a cultura galega e a obra de Carlos Casares.

Creación

A Fundación Carlos Casares foi promovida por familiares a amigos do escritor despois da morte deste. Constituíuse o 9 de setembro de 2002 na cidade de Vigo.[1]

Forman o padroado da fundación cinco membros vitalicios -a viúva, Kristina Berg, os dous fillos, Håkan e Lars Christian, e os dous irmáns, Mercedes e Xabier - e dez das institucións nas que o escritor desenvolvía un papel importante (Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega), empresas (La Voz de Galicia e a Editorial Galaxia), e persoeiros como Manuel Rivas, Darío Villanueva, Manuel Rodríguez Álvarez, Damián Villalaín, Xosé María Fonseca Moretón (Adegas Terras Gauda) e Manuel Rodríguez Vázquez (Rodman Polyships).

Ademais tamén forman parte do padroado a Xunta de Galicia, Caixa Galicia, Caixanova, as deputacións de Pontevedra e Ourense, os concellos desta última cidade e Vigo, ademais da Fundación Penzol.[2]

No ano 2004 a Fundación abriu en Ourense, cidade natal do escritor, o Centro de Estudos Carlos Casares,[3], sen actividade pública de seu, coordinado por Marcos Valcárcel (ata o seu pasamento en 2010) e a partir de 2011 por Delfín Caseiro.[4]

Obxectivos

  • Velar polo estudo e difusión da obra de Carlos Casares e preservar a súa biblioteca, o seu arquivo e as súas coleccións.
  • Promover e difundir o legado casariano no que atinxe ao desenvolvemento cívico, social e cultural de Galicia, sustentado na comunicación, o diálogo e a tolerancia
  • Constituírse como entidade mediadora entre a cultura galega e a cultura universal dende criterios de apertura, pluralismo e respecto á diversidade cultural.
  • Apoiar iniciativas culturais de promoción da lingua e da cultura galega tanto dentro de Galicia como fóra dela.

Actividades

  • Encontros de Mondariz Balneario: Foros de debate sobre problemas cotiás.
  • Diálogos literarios do Gaiás: Encontro entre escritores galegos e doutros recantos do mundo.
  • Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova: Curso organizado pola Fundación en colaboración coa Universidade de Vigo - Campus de Ourense.
  • Café Voltaire - O sabor das letras: Xuntanzas gastronómicas que teñen como pé referencias literarias.
  • O Xogo do Papapío: Proposta didáctica interactiva para centros de Primaria para dar a coñecer a figura de Carlos Casares.
  • Os mundos de Carlos Casares e O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares: exposicións de obxectos e coleccións do escritor ourensán que circulan por colexios, bibliotecas, museos etc.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!