O río de Zamáns[1][2], tamén chamado río de Vilaza[3] ou río Amial[4], é un curso de auga que discorre polos concellos de Vigo e Gondomar. É afluente do río Miñor.
Nace no Galiñeiro, na parroquia de Zamáns (Vigo).[1] No seu leito construíuse o encoro de Zamáns. Discorre polas parroquias gondomareñas de Vincios e Vilaza. Na vila de Gondomar, concretamente ao carón da Paradela, conflúe co río das Rasas, para converterse no río Miñor.[1]
Na documentación medieval, tamén recibía o nome de Miñor.[1] No século XVIII, xa estaba consolidado o actual nome.[1]
Na parroquia de Zamáns atópase un conxunto etnográfico de cinco muíños restaurados a comezos do século XXI e unha senda[5]. Cabe destacar tamén o muíño das Maquías e o encoro de Zamáns.[5] Atravesa o núcleo urbano de Gondomar. Ás súas beiras atópase o paseo da Coelleira e unha pontella.[6]