Rúa do Príncipe

rúa do Príncipe
Negocios comerciais na rúa do Príncipe.
Localización
Iniciorúa de Urzaiz
FinPorta do Sol

A rúa do Príncipe é unha rúa de Vigo. Debe o seu nome a honrar a Afonso XII de España, fillo de Isabel II de España, daquela Príncipe de Asturias, e foi inaugurada en 1861. Constitúe un dos primeiros e mais importantes centros do comercio da cidade, con grandes baixos comerciais, empresas do comercio téxtil e de moda. Atópase moi próximo á paralela rúa do Progreso, formando un verdadeiro centro comercial aberto onde abundan negocios, mercados de abastos e outro tipo de locais. Nesta rúa tamén se atopan edificos históricos, como A Sede do Real Club Celta de Vigo ou o museo MARCO.

A rúa do Príncipe comeza no farol de Urzaiz, situado na rúa homónima e remata na praza da Porta do Sol. En todo o seu percorrido, totalmente peonil, entrecrúzanse diferentes rúas perpendiculares. Son, na seguinte orde, a ronda de Don Bosco, a rúa de Londres, as rúas de Velázquez Moreno, Eduardo Iglesias, López de Neira e Doutor Cadaval.

Historia

A rúa do Príncipe foi inagurada no ano 1861 tras a reforma e urbanización da estrada que existía previamente. Constituiu a primeira rúa urbanizada extramuros da antiga Muralla de Vigo[a], que comezara a ser derrubada tres anos antes, no 1858.

Así, o bando municipal que inauguraba públicamente a rúa rezaba o seguinte:

O concello dáse por enterado dunha instancia que os veciños da daquela estrada que, partindo da Porta do Sol, dirixíase cara o Arenal, elevan á Corporación, pedindo que se denomina a aquela como rúa do Príncipe, na honra do príncipe de Asturias, futuro Afonso XII.
Bando municipal

Galería de imaxes

Notas

  1. Malia que daquela si existían dous barrios extramuros en Vigo, o Areal e o Berbés, estes contaban con deficiente urbanización como para seren considerados rúas.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!