Zamáns, Vigo

Zamáns
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°09′10″N 8°41′36″O / 42.152777777778, -8.6933333333333
Poboación860 hab. (2022)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]
A presa de Zamáns e o Galiñeiro ao fondo.

San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios e Cela. Pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 860 habitantes (420 homes e 440 mulleres).

Xentilicio

O seu xentilicio é zamanexo[3].

Xeografía

O Nomenclátor de Galicia recolle 9 entidades de poboación, segundo o IGE cos seguintes habitantes en 2022: Casal de Abade, Cidáns (146), A Igrexa ou A Aldea (200), As Lagoas, Marcosende (324), A Menda (30), Paredes, Vilariño (15) e Vilaverde (145).[2]

Atópase asentada entre a Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba. Nela atopamos o río de Zamáns, ou Amial, que se apresou, dando á presa de Zamáns que abastece a cidade de Vigo.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André, pero ata 2019 pertenceu ao arciprestado da Louriña.[4]

Patrimonio

A igrexa parroquial data do 1770. Ten por patróns a San Mamede e á Virxe dos Aflixidos.

Xunto ós hórreos, sobresaen as construcións relacionadas coa auga: fontes, lavadoiros e muíños, destacando a casa muíño das Maquías.

A parroquia acolle o campus das Lagoas-Marcosende, coñecido coma CUVI (Colexio Universitario de Vigo), no que se localiza o Proxecto da Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo do arquitecto catalán Enric Miralles.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Zamáns

Lugares da parroquia de Zamáns no concello de Vigo (Pontevedra)

Casal de Abade | Cidáns | A Igrexa | As Lagoas | Marcosende | A Menda | Paredes | Vilariño | Vilaverde

Parroquias de Vigo

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 28. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  4. "Nombramientos y decretos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-12. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!