Santa Baia de Alcabre é unha parroquia do concello de Vigo na comarca homónima. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4.222 habitantes (2.001 homes e 2.221 mulleres). Limita coas parroquias de Bouzas, Coia, Comesaña e Navia e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André.[3] Ten 21 entidades de poboación, 3 lugares e 3.673 veciños (2013).
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Ameixeira (102), Barreiro (243), O Carregal (313), O Castañal (85), O Cruceiro (65), A Fonte (71), Fontes (27), Forte (34), A Garita (57), A Igrexa (405), A Millareira (90), Montana (104), O Muíño do Vento (107), A Pardaíña (19), As Pertegueiras (78), Roade (557), A Robaleira (57), A Sobreira (184), Turido (131), A Veiguiña (174) e Viña Grande (94). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Casaliño, Freixeiro e A Quiringosta.
Xeografía
Limita polo leste con Bouzas e Coia, polo sur con Santo André de Comesaña e Navia e polo oeste e norte coa Ría de Vigo.
É unha das parroquias máis pequenas. Está na costa, e caracterízase xeograficamente polo gran número de praias que alberga.
Patrimonio
Na contorna do Monte das Cruces (no que se toparon pezas líticas dos anos 6.500-4.500 a.c.) consérvanse tégulas, bases de columnas e muíños de man dun antigo asentamento romano.
Alberga un interesante conxunto relixioso do século XVIII, formado pola igrexa, a casa reitoral e o cemiterio. A nova igrexa de Santa Baia foi rematada no ano 1999 e, próximo a ela, atópase o pazo de Sensat construído na década de 1940. Tamén na parroquia atópase o Museo do mar de Galicia, construído sobre o castro da Punta do Muíño do Vento.
A praia de Fontes (famosa polos asasinatos de veciños despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936), acolle un monólito de homenaxe ás vítimas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Alcabre
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Onomástica do rueiro de Vigo |
---|
|
| |