Santa Mariña de Cabral é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Candeán e Lavadores e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 23 entidades de poboación, 22 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 6.684 habitantes (3.249 homes e 3.435 mulleres).
As súas entidades de poboación son as seguintes: Alza (376), Ameal (111), Becerreira (719), Besada (61), O Caeiro (587), O Carballal (416), O Casal (86), Cernades (233), A Feira (358), As Figueiras (66), As Fontiñas (825), O Gorxal (272), A Igrexa (185), Maceiriña (177), Molais (89), Nogueira (356), Parada (163), Peinador (65), A Penís (1.062), Requeixo (140), A Retorta (49), Rinxela (61) e O Sello (332). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Amaro, Borralliños, O Calvario, A Chan, Coto Grande, Gondarisco, Grileira, A Lameira, A Lomba, O Loureiro, A Mancoña, O Meixoeiro, As Patas, A Pebidal, A Ponte, As Rans, Remesil, O Riomao, San Pedro, Sanín, O Tanque e As Valadas.
Xeografía
Na parroquia atópase o aeroporto de Peinador, o IFEVI en Coto Grande e diversas instalacións industriais, como a fábrica do Grupo de Empresas Álvarez (un dos motores do desenvolvemento económico de Vigo). Destaca tamén o parque forestal da Becerreira.
Patrimonio
Posúe preto de cen hórreos inventariados, a maioría con máis dun século de antigüidade, ademais de numerosos lavadoiros e petos de ánimas. A igrexa parroquial foi construída a mediados do século XVIII.[Cómpre referencia]
Festas
As festas máis importantes de Cabral son as da patroa Santa Mariña o día 18 de xullo, a Virxe das Dores a mediados do mes de setembro e a romaría do Pan de Millo no parque forestal de Coto Grande, ademais da festa do cabazo de Cabral no barrio do Carballal.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Cabral
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Onomástica do rueiro de Vigo |
---|
|
| |