É curta, duns 150 metros de largo e entre 13 e 15 metros de ancho. Inclinada e formada por catro mazás, dúas a cada lado. De sentido único ascendente para o tráfico rodado.
Comeza na alameda da praza de Compostela, rúa Victoria. Na esquina dos pares está o edificio de Correos e Telégrafos, obra de 1920 de Manuel Gómez Román.[1] Na dos impares, no n.º 1, están as instalación nas que se fundou a Editorial Galaxia no ano 1951, edificio Iglesias Curty, do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.
Ascende cara ao sur, atravesando a rúa Marques de Valladares. Nunha desas esquinas álzase o edificio Banca Viñas Aranda, obra de 1941 de Antonio Palacios,[2] que logo sería sede do Banco de Vigo, posteriormente adquirido polo Banco Popular. Na outra o inmoble da Equitativa, proxectado en 1948 por Manuel Cabanyens y Mata.[3]