Filipe II de España

Modelo:BiografíaFilipe II de España

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Felipe II Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1527 Editar o valor en Wikidata
Palacio de Pimentel, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 1598 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Mosteiro do Escorial, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal Imperio Portugués
12 de setembro de 1580 – 13 de setembro de 1598
← Antonio I de PortugalFilipe III de España →
Monarca da Coroa de Aragón Coroa de Aragón
16 de xaneiro de 1556 – 13 de setembro de 1598
← Carlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoFilipe III de España →
Monarca de Castela e León Coroa de Castela
16 de xaneiro de 1556 – 13 de setembro de 1598
← Carlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoFilipe III de España →
Rei de Sardeña
16 de xaneiro de 1556 – 13 de setembro de 1598
Grand Master of the Order of the Golden Fleece (en) Traducir
23 de outubro de 1555 – 13 de setembro de 1598
King of Ireland (Iure uxoris) (en) Traducir Reino de Irlanda
25 de xullo de 1554 – 17 de novembro de 1558
Rei da Inglaterra (Iure uxoris) (pt) Traducir Reino de Inglaterra
25 de xullo de 1554 – 17 de novembro de 1558
Rei de Nápoles Reino de Nápoles
Monarca Kingdom of Navarre (1512–1841) (en) Traducir
Monarca Dinastía filipina
Señor dos Países Baixos Países Baixos dos Habsburgo (pt) Traducir
Rei de Sicilia Reino de Sicilia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Portugal (1578–)
Rei de Castela (1556–)
Conde de Borgoña (1556–)
Señor de Biscaia (1556–)
Señor de Molina (1556–)
Rei de Sicilia (1556–)
Rei de Aragón (1556–)
Duque de Brabante (1555–1598)
Señor dos Países Baixos (1555–)
Monarca de Irlanda (1554–)
Monarca de Inglaterra (1554–)
Rei de Nápoles (1554–)
Duque de Milán (1550–)
Rei de Galicia
Rei de Granada
Rei de Xerusalén
Rei de Sardeña
Rei de León
Rei das Españas
Conde de Barcelona
Rei de Navarra
Rei das Indias Orientais e Occidentais e das Illas e Terra Firme do Mar Océano Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa dos Austria e Casa dos Austria Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAna de Austria (1570–1580), morte do cónxuxe
Isabel de Valois, Rainha de Espanha (1560–1568), morte do cónxuxe
María I de Inglaterra (1554–1558), morte do cónxuxe
Maria Manuela, Princesa de Portugal (1543–1545), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
ParellaMargaretha of Waldeck-Wildungen Editar o valor en Wikidata
FillosCarlos de Austria (príncipe de Asturias)
 () Maria Manuela, Princesa de Portugal
Isabel Clara Eugénia da Áustria
 () Isabel de Valois, Rainha de Espanha
Catarina Micaela da Áustria
 () Isabel de Valois, Rainha de Espanha
Fernando, Príncipe das Astúrias
 () Ana de Austria
Infante Carlos Lorenzo of Spain
 () Ana de Austria
Diogo Félix, Príncipe das Astúrias
 () Ana de Austria
Filipe III de España
 () Ana de Austria
Infanta Maria of Spain
 () Ana de Austria Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico Editar o valor en Wikidata  e Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Infante Fernando of Austria
Xoana de Habsburgo
Isabel of Castile
Margarida de Parma
Tadea of Austria
Xoán de Austria Editar o valor en Wikidata
ParentesMaria Manuela, Princesa de Portugal, female double cross-cousin
Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico, consogro, curmán entregue
María I de Inglaterra, tía segunda Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
16 de abril de 1581 (Gregoriano)coroación (Tomar) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) Traducir, (vol:7, 22, p.113, 207) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX885445 WikiTree: Habsburg-1 Find a Grave: 3962 Editar o valor en Wikidata

Filipe II de España,[1][2][3][4][5][6][7] tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo,[8][9] nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e finado en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.[10]

Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]

Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]

Durante o seu goberno, o Imperio Español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.

Títulos

Ostentou o títulos de:

Xuventude

Recibiu unha severa educación relixiosa centrada no mundo castelán, feito que prexudicou as súas relacións cos territorios que dominou: así as súas carencias nas linguas francesa e flamenga prexudicárono nas relacións cos representantes da sociedade civil dos Países Baixos (Flandres).

Carlos I cedeulle ben cedo tarefas de goberno: aos dezaseis anos Filipe xa era rexente dos reinos hispánicos durante as viaxes do seu pai aos Países Baixos e a Alemaña.

Resumo do seu reinado

Durante o reinado de Filipe II conquistáronse as illas Filipinas e estableceuse unha colonia na Florida. O 25 de xullo de 1554 converteuse en rei de Inglaterra a través do seu casamento con María I de Inglaterra.

O proxecto de unión persoal dos dous países fallou pola morte de María en 1558, antes de ter descendencia de Filipe. En 1565 estableceuse o comercio a través do Pacífico entre Asia e América por medio dos galeóns de Manila.

Non obstante, o seu reinado estivo marcado pola inestabilidade financeira e ameazado pola invasión de musulmáns (turcos e berberiscos), e outros conflitos como a secesión dos Países Baixos e as guerras con Francia, Inglaterra e o Imperio turco. Filipe tamén tivo que facer fronte a rebelións como a dos mouriscos de 1568 ou a rebelión dos aragoneses polo asunto de Antonio Pérez.

A derrota da súa Armada en 1588, e a tensión económica debido ao apoio a tantas guerras forzou a Filipe a manter os impostos altos.

Nas provincias dos Países Baixos, Filipe continuou as políticas dos impostos altos e, como Carlos I, continuou excluíndo á nobreza local da administración, preferindo a utilización da castelá, mantivo neles un exército de ocupación e empregou a Inquisición para deter o avance do calvinismo.

Extensión da monarquía

Duque de Milán

Artigo principal: Ducado de Milán.

Despois da morte, o 1 de novembro de 1535, de Francisco II, último dos Sforza, o Ducado de Milán quedou sen soberano. Os reis de Francia, emparentados coa familia Visconti, reclamaban o ducado. Esta foi unha das causas das sucesivas guerras italianas. Francisco I viu na morte do duque de Milán unha nova oportunidade para facerse co territorio, orixinando unha terceira guerra contra o emperador Carlos V, que acabou coa Tregua de Niza en 1538.

En 1540 o ducado seguía sen soberano, estando a cargo dun gobernador. Nun primeiro momento, o propio Carlos V pensou en nomearse a si mesmo duque, xa que Milán era un Estado feudatario do Sacro Imperio Romano, e o emperador tiña potestade para conceder o título. Pero isto podería ser considerado un casus belli por Francia e, ademais, danaría a súa imaxe de liberador. Entón decidiu conceder o título ao príncipe Filipe. O 11 de outubro de 1540 Filipe foi investido como duque de Milán. A cerimonia foi secreta e non se consultou cos príncipes electores para evitar problemas internacionais.

En 1542 estalou unha nova guerra entre Francia e España. Entre as condicións da Paz de Crépy, que puxo fin ás hostilidades en 1544, pactábase a voda de Carlos, duque de Orleáns e fillo de Francisco I, coa filla de Carlos I, María de Habsburgo (e cos Países Baixos e o Franco-Condado como dote), ou coa filla do Rei de Romanos Fernando, Ana de Habsburgo (e co ducado de Milán como dote). A elección foi Milán pero, en 1545, a morte do duque de Orleáns deixou sen validez os acordos. Novamente de forma secreta o príncipe Filipe foi investido Duque o 5 de xullo de 1546.

En 1550 fíxose finalmente público o nomeamento de Filipe, e o 10 de febreiro do mesmo ano, Ferrante Gonzaga, gobernador de Milán, prestoulle xuramento de fidelidade no seu nome e no da cidade.

Filipe, Príncipe de Asturias, por Tiziano (1551).

Rei de Nápoles

A finais de 1553 anunciouse a voda de Filipe coa súa tía segunda María I de Inglaterra. Pero o problema era que Filipe era unicamente príncipe e duque, e era impensábel o matrimonio da raíña con alguén de rango inferior. A solución de Carlos V foi renunciar ao Reino de Nápoles en favor de seu fillo.

O 24 de xullo de 1554 Juan de Figueroa, enviado especial de Carlos V e Rexente de Nápoles, chegou a Inglaterra coa investidura formal de Filipe como Rei de Nápoles e Duque de Milán. Ao día seguinte celebráronse os esponsais.

Rei de Inglaterra

O 25 de xullo de 1554 Filipe casou coa raíña María I de Inglaterra. No final da cerimonia foron proclamados:

Filipe e María, pola graza de Deus, Rei e Raíña de Inglaterra, Francia, Nápoles, Xerusalén, Irlanda, Defensores da Fe, Príncipes de Asturias e Sicilia, Arquiduques de Austria, Duques de Milán, Borgoña e Brabante, Condes de Habsburgo, Flandres e o Tirol, no primeiro e segundo ano do seu reinado.

As cláusulas matrimoniais eran moi ríxidas (equiparables ás dos Reis Católicos) para garantir a total independencia do Reino de Inglaterra.

Filipe tiña que respectar as leis, e os dereitos e privilexios do pobo inglés. España non podía pedir a Inglaterra axuda bélica ou económica. Ademais, pedíase expresamente que se intentara manter a paz con Francia.

Se o matrimonio tivera un fillo, converteríase en herdeiro de Inglaterra, os Países Baixos e Borgoña. Se María morrera sendo o herdeiro menor de idade, a educación correría a cargo dos ingleses.

Se Filipe morría, María recibiría unha pensión de 60.000 libras ao ano, pero se fora María a primeira en morrer, Filipe debía abandonar Inglaterra renunciando a todos os seus dereitos sobre o trono.

Filipe actuou conforme o estipulado no contrato matrimonial e non se entremeteu no goberno da súa esposa. Durante gran parte do seu reinado estivo ausente, especialmente a partir de 1556 cando su padre abdicou nel a Coroa de España.

O 17 de novembro de 1558 María morreu sen descendencia, deixando Filipe de ser rei de Inglaterra.

Soberano dos Países Baixos e Conde de Borgoña

A bandeira coa Cruz de Borgoña (cruz de Santo André) é a máis característica das utilizadas polo exército na época de Filipe II.

En 1555 Carlos V, ancián e cansado, decidiu renunciar a máis territorios en favor de seu fillo Filipe. O 22 de outubro do mesmo ano, Carlos abdicou en Bruxelas como Soberano Gran Maestre da Orde do Vélaro de Ouro.

Tres días despois, nunha grandiosa e ostentosa cerimonia ante decenas de convidados, produciuse a abdicación como Soberano dos Países Baixos.[11]

A renuncia ao Condado de Borgoña tivo lugar o 10 de xuño de 1556.[12][13][14]

Carlos pensou que España defendera desde estes territorios o Sacro Imperio Romano, máis débil que Francia. A diferenza de Castela, Aragón, Nápoles e Sicilia, os Países Baixos non eran parte da herdanza dos Reis Católicos, e vían ao monarca como un rei estranxeiro e distante.

Os estados do norte pronto se converteron nun gran campo de batalla, axudados por Francia e Inglaterra, que explotaron a situación de rebelión constante de Flandres para debilitar á coroa española.

Rei de España, Sicilia e as Indias

O 16 de xaneiro de 1556 Carlos V, nos seus apousentos privados e sen ningunha cerimonia, cedeu a Filipe a coroa dos Reinos Hispánicos, Sicilia e as Indias. Filipe xa desempeñaba funcións de goberno desde 1544, despois de que Carlos V escribira en 1543, ao su regreso a España, as Instrucións de Palamós, que preparaban a Filipe para a rexencia dos reinos peninsulares até 1550 cando este aínda tiña tan só dezaseis anos.[15]

Aínda que durante a súa xuventude viviu 12 anos fóra de España (en Suíza, Inglaterra, Flandres, Portugal etc), despois de converterse en Rei de España fixou a súa residencia en Madrid e potenciou o papel desta cidade como capital de todos os seus reinos.

Rei de Portugal

Dominios europeos e norteafricanos de Filipe II contra 1580.

O 4 de agosto de 1578, despois da morte sen descendentes do rei Sebastián I de Portugal na batalla de Alcacerquivir, herdou o trono seu tío avó, o cardeal Henrique. Durante o reinado deste, Filipe II converteuse, como fillo da emperatriz Isabel de Portugal, en candidato ao trono portugués, xunto a Antonio I de Portugal, o prior do Crato, Catarina de Portugal e Ranuccio I Farnesio. Os principais aspirantes eran Filipe, co apoio da nobreza e o alto clero, e Antonio, apoiado pola gran maioría do pobo.

Á morte de Henrique I, Antonio autoproclamouse Rei de Portugal o 24 de xullo de 1580. Ante tal feito, Filipe II reaccionou enviando un exército comandado polo duque de Alba para loitar contra o prior de Crato e reclamar os seus dereitos ao trono. A batalla de Alcántara culminou unha rápida campaña militar con éxito, que obrigou a Antonio a fuxir e refuxiarse nas illas Azores (de onde foi desaloxado en 1583 tras a batalla da Illa Terceira).

Unha vez tomada Lisboa, Filipe II foi proclamado Rey de Portugal o 12 de setembro de 1580 co nome de Filipe I, e xurado como tal polas Cortes de Tomar o 15 de abril de 1581.[16]

Política interior

Durante o seu reinado, Filipe II fixo fronte a moitos problemas internos, entre os cales cabe destacar os que tivo co seu fillo Carlos, Príncipe de Asturias, co seu secretario Antonio Pérez e a guerra das Alpujarras. Tamén acabou cos focos protestantes en España, localizados principalmente en Valladolid e Sevilla.

Estatua de Filipe II por Filipe de Castro, 1750.

O príncipe Carlos (1545 a 1568) e o problema dinástico

O príncipe Carlos naceu en 1545, fillo da primeira esposa de Filipe II, María de Portugal, coa que casara dous anos antes e a cal morreu no parto. Caracterizado polo seu desequilibrio mental (de posíbel orixe xenética, pois tiña catro bisavós, en lugar dos oito habituais, e seis tataravós, no canto de dezaseis), e unha complexión débil e enfermiza, educouse na Universidade de Alcalá de Henares xunto ao medio irmán do rei, Xoán de Austria. Sufriu unha trepanación do cranio, practicada polo eminente anatomista Andreas Vesalius. Conspirou con pouco disimulo cos rebeldes flamengos contra seu pai. Tras asombrosos escándalos relacionados con isto, como o intento de acoitelar en público ao Duque de Alba, foi detido polo seu propio pai, procesado e encerrado nos seus apousentos. Posteriormente foi trasladado ao castelo de Arévalo, onde morreu de inanición (negábase a comer) e en total delirio, en 1568.[17] Este terrible feito marcou profundamente, e de por vida, a personalidade do monarca.

Do seu segundo matrimonio con María Tudor non houbo fillos, pero do terceiro, con Isabel de Valois tivo dúas fillas, co que ao morrer en 1568 Isabel de Valois e o seu primoxénito Carlos, Filipe II encontrouse con 41 anos, viúvo e sen descendencia masculina. Este foi un dos peores anos para Filipe II: á traxedia persoal uníanse a rebelión nos Países Baixos e nas Alpujarras, o avance imparable da herexía protestante e calvinista en Francia e na Europa Central, a piratería berberisca e o rexurdir da ameaza otomá tras o fracaso do Sitio de Malta e a morte de Solimán o Magnífico.

En 1570, Filipe II casa, por cuarta vez, con Ana de Austria, filla do seu primo o emperador Maximiliano II, con quen tivo catro fillos, dos cales só un, Filipe (14 de abril de 157831 de marzo de 1621), futuro Filipe III, chegou á idade adulta.

Quedando finalmente resolto o problema da descendencia, Ana de Austria morreu (de parto) en 1580 e Filipe II non volvería casar.

Galería: as esposas de Filipe II

A rebelión nas Alpujarras (1568 a 1571)

En 1567 Pedro de Deza, presidente da Audiencia de Granada, proclama a Pragmática Sanción de 1567 por orde de Filipe II. O edicto limitaba as liberdades relixiosas, lingüísticas e culturais da poboación mourisca do antigo Reino de Granada, que foran aseguradas polos Reis Católicos despois da conquista deste reino en 1492. Isto provoca unha rebelión dos mouriscos das Alpujarras, que foi reducida polas armas, por Xoán de Austria.

Principais focos da rebelión das Alpujarras.

Cando o poder real conseguiu vencer aos sublevados, decidiuse dispersar a máis de 80.000 mouriscos procedentes do reino de Granada por varios puntos da Península Ibérica, para evitar que a súa concentración provocara novas rebelións. Pola gravidade e a intensidade dos seus combates tamén se a coñece como a Guerra das Alpujarras.

Cando Pedro de Deza emitirá o edicto proclamando a pragmática o primeiro de xaneiro de 1567 e comezara a facelo cumprir, os mouriscos dispuxéronse a negociar a través de Jorge de Baeza e Francisco Núñez Muley, os seus representantes, que defenderon que as tradicións perseguidas polo edicto non eran incompatíbeis coa doutrina cristiá e que o comercio, principal actividade económica da poboación mourisca despois da agricultura, podía verse afectado, coa conseguinte diminución dos ingresos reais. Estes argumentos, que funcionaran en negociacións similares en tempos de Carlos I, non o fixeron nesta ocasión.

Despois dun ano de infrutuosas negociacións, a poboación mourisca granadina decidiu levantarse en armas en 1568. Non recibiron moito apoio na capital, pero a rebelión estendeuse rapidamente pola Alpujarra. Á cabeza do levantamento mourisco púxose Fernando de Córdoba y Válor, que foi proclamado rei cerca de Narila, e que se facía chamar en árabe Abén Humeya (ou Abén Omeya), por declararse descendente da dinastía do Califato de Córdoba. Farax Aben Farax, un dos seus seguidores, foi nomeado alguacil maior do rei. En 1569 Abén Humeya foi asasinado, ocupando seu posto como rei o seu primo Abén Aboo. A rebelión foi apoiada militar e economicamente desde Alxeria, co obxectivo de debilitar a Filipe II, pasando dos 4.000 insurxentes en 1569 aos 25.000 en 1570, incluíndo bérberes e turcos.

A guerra, que comezou con incursións e emboscadas, sorprendeu a Filipe II coa maioría dos seus terzos nos Países Baixos. En 1570, ante o grave cariz que tomaba a revolta, o rei destituíu ao marqués de Mondéjar como Capitán Xeneral de Granada, e nomeou no seu lugar ao seu medio irmán Xoán de Austria, quen comandou un exército regular traído de Italia e do levante español, que substituíu a milicia local e que conseguiu sufocar a revolta en 1571. Entre os que pelexaron contra os mouriscos estivo o escritor Inca Garcilaso de la Vega. Os últimos rebeldes, tras perder o Forte de Juviles, foron asediados nas súas covas, morrendo Aben Aboo, apuñalado polos seus seguidores, nunha cova de Bérchules.

Os mouriscos de Granada que sobreviviron foron dispersados cara a outros lugares da Coroa de Castela, especialmente a Andalucía occidental e Castela,[18] para evitar outra rebelión. Finalmente, en 1609, Filipe III decretou a total expulsión dos mouriscos españois.

A crise de Aragón (1590 a 1591) e Antonio Pérez

A relación entre Aragón e a coroa xa estaba algo deteriorada desde 1588 polo chamado preito do vicerrei estranxeiro e os problemas no condado estratéxico de Ribagorza cando, en abril de 1590 e axudado pola súa esposa, Antonio Pérez, secretario de Filipe II, escapou da súa prisión en Madrid a fuxiu a Zaragoza, onde pediu a protección dos foros aragoneses, acolléndose ao Privilexio de Manifestación (protección da xustiza aragonesa).

En Aragón tivo o apoio do duque de Villahermosa (ao que se lle expropiaran os seus dominios en Ribagorza), o conde de Aranda e, principalmente, de Diego de Heredia (da baixa nobreza). Filipe II usou un tribunal contra o que os foros aragoneses e a Xustiza aragonesa non podían opoñerse: a Inquisición. En setembro de 1591 trasladouse a Antonio Pérez á prisión da Inquisición. Heredia e os seus seguidores sacárono e deixárono libre, dirixindo unha revolta.

Antonio Pérez
Artigo principal: Antonio Pérez del Hierro.
Antonio Pérez por Alonso Sánchez Coello (Hospital de Tavera, Toledo).

Antonio Pérez foi secretario de cámara e Secretario de Estado de Filipe II. O seu pai iniciouno nos asuntos de Estado. Antonio foi nomeado, en 1553, secretario do príncipe (e logo rei) Filipe. Cando o emperador Carlos abdica os seus reinos españois no seu fillo, que se converte no rei Filipe II, Antonio Pérez continúa como o seu secretario particular, mentres que seu pai, Gonzalo Pérez, segue como secretario de Estado. Gonzalo Pérez morre en 1566 e o seu fillo Antonio é nomeado Secretario de Estado un ano máis tarde, aínda que as súas competencias foron recortadas respecto ás do seu pai, facéndose cargo só dos asuntos atlánticos (Países Baixos, Francia, Inglaterra e Alemaña).

Durante os seus primeiros dez anos de secretario, Antonio Pérez exerceu unha grande influencia sobre Filipe II, o cal normalmente seguía os seus consellos, recoñecendo a súa intelixencia, coñecemento dos asuntos do Estado e instinto infalíbel. Esta confianza real serviulle para conseguir máis poder e, como a maioría dos seus contemporáneos, enriquecerse no cargo.

Xa desde a época de Carlos I existían dúas faccións na Corte española, a parte liberal liderada polo príncipe de Éboli e o seu secretario Francisco de Eraso, e a parte conservadora liderada polo duque de Alba e o inquisidor xeral Fernando de Valdés y Salas. Tras a morte do príncipe de Éboli en 1573, Antonio Pérez pasou a liderar a facción liberal e comezou a súa asociación coa princesa de Éboli (Ana de Mendoza), da cal Antonio aproveitou os contactos dela coa aristocracia, beneficiándose economicamente ambos os dous desta asociación. Antonio Pérez reveloulle á princesa de Éboli secretos de Estado e xuntos traficaron con información gobernamental.

Ana de Mendoza, princesa de Éboli.
O conflito con Aragón

Filipe II fixo unha alegación ante o Xustiza de Aragón contra Antonio Pérez polos cargos de asasinato de Escobedo, tráfico de secretos de Estado e fuxida de prisión. Desesperado pola lentitude da xustiza aragonesa e porque non esperaba unha condena favorábel, retirou estes cargos e acusouno de herexía perante o Tribunal da Inquisición, o que privaba a Antonio Pérez da inmunidade da xustiza aragonesa. Pérez non era un herexe, pero non foi difícil construír un caso contra el. En maio de 1591, Antonio Pérez foi trasladado da prisión do Xustiza á da Inquisición, polo o que os seus defensores organizaron unha revolta en Zaragoza, coñecida como revolta de Antonio Pérez ou Turbacións de Aragón. Devolvérono á prisión da Xustiza aragonesa e desde alí fixo unha campaña contra a Coroa. En setembro trasladárono de novo á prisión da Inquisición. Heredia e os seus seguidores volvérono a sacar e, nesta ocasión, deixárono ceibo, co que a situación derivou nunha crise en Aragón pola defensa dos foros.

Estatua ao Xustiza Maior de Aragón, Xoán V de Lanuza.

En outubro de 1591 Filipe II enviou un exército de 12.000 soldados que cruzaron a fronteira con Aragón e acabou co levantamento armado. A Deputación do Reino de Aragón dispuxera un continxente de 2.000 homes encabezados polo Xustiza Maior de Aragón, Xoán de Lanuza, que avanzou até Utebo para presentar batalla. Porén, ante a gran superioridade dos Terzos reais, o exército aragonés dispersouse, fuxindo cara ao sur.

Pérez e os seus seguidores fuxiron a Béarn (Francia), desde onde intentaron unha invasión infrutuosa coa axuda de Henrique de Navarra, e máis tarde a Inglaterra, onde ofreceu información que serviu para o ataque inglés a Cádiz en 1596, e estimulou Lenda negra contra o monarca. A Heredia capturárono en Francia e foi executado, Xoán V de Lanuza foi decapitado na praza do mercado, e a mesma sorte correron moitos dos que apoiaron a revolta. Villahermonsa e o conde de Aranda foron apresados en Épila e enviados a Castela, onde morreron misteriosamente en prisión.

Tras intentar conseguir o perdón da Coroa sen éxito, Antonio Pérez faleceu en París, na máis absoluta pobreza, en 1611. Deixou diversos escritos que tratan de xustificar a súa conduta. Destacan as Relaciones publicadas en París en 1598, baixo o pseudónimo de Rafael Peregrino, e Cartas, cuxo valor literario xa foi sinalado no século XVIII, ao ser incluído no Catálogo do Diccionario de Autoridades da Lingua Castelá da Real Academia Española.

En 1592 Filipe II convocou as Cortes de Aragón en Tarazona. Non se suprimiu ningunha institución aragonesa, pero foron remodeladas (diminuídas).

O rei tiña agora o dereito de nomear un vicerrei non aragonés; a Deputación do Reino de Aragón (comité das Cortes) perdeu parte do control sobre os ingresos aragoneses e a vixilancia do reino, quitándolle ademais o poder de chamar a representantes das cidades; a Coroa podía retirar do seu posto ao Xustiza de Aragón e a Corte de Xustiza púxose baixo control do rei; finalmente, modificáronse algúns aspectos do sistema legal aragonés.

Reformas administrativas

Carlos I gobernara como o emperador que era e, como tal, España e principalmente Castela foron as fontes de recursos militares e económicos para unhas guerras remotas, de natureza estratéxica, difíciles de xustificar localmente, posto que respondían á súa ambición persoal (e aínda máis, ás ambicións da Casa de Austria) e que se converteran en carísimas coas innovacións tecnolóxicas bélicas. Todo iso mantido cos fondos casteláns e coas riquezas americanas, que chegaron a ir directamente desde América aos banqueiros holandeses, alemáns e xenoveses, sen pasar por España.

Palacio de Santa Cruz (Madrid). Sede da Sala de Alcaldes e Cárcere da Corte; as institucións de Corte duplicaban ás de Villa (Concello de Madrid). Hoxe é a sede do Ministerio de Asuntos Exteriores.

Filipe II, como seu pai, foi un rei absolutista, e continuou coas institucións herdadas de Carlos I, e coa mesma estrutura do seu imperio e autonomía dos seus compoñentes. Pero gobernou como un rei nacional: España, e especialmente Castela, eran agora o centro do Imperio, coa súa administración centralizada en Madrid.

Filipe II non visitou apenas os seus territorios de fóra da península, e administrounos a través de oficiais e vicerreis quizais porque temía caer no erro de seu pai, ausente de España durante os anos das rebelións comuneiras, quizais porque, a diferenza do seu pai (que aprendeu moi maior o castelán) Filipe II sentíase profundamente español.

Converteu España no primeiro reino moderno, realizou reformas hidráulicas e unha reforma da rede de camiños, con pousadas, cunha administración (e unha burocracia) descoñecida até entón (os administrativos de Filipe II adoitanan teren estudos universitarios). A nobreza tamén ocupaba postos, aínda que en menor cantidade. Exemplos salientables da súa meticulosa administración son:

  • En 1561, Filipe II decide trasladar a sede da corte e converte Madrid na primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606, baixo o goberno de Filipe III, no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.[19]
  • A Grande y Felicísima Armada (Armada Invencible), da que se coñecía até o nome do ínfimo grumete, mentres que os ingleses non teñen noticia certa nin sequera de todos os barcos que participaron na guerra anglo-española.
Distintos soldados dos Terzos.

No aspecto táctico, destaca a utilización de ataques por sorpresa nocturnos (encamisadas). De tratarse dun asedio, os Terzos realizaban obras de entrincheiramento para rodear a praza e aproximar os canóns e minas aos muros. Un dos escuadróns mantíñase en reserva para rexeitar calquera tentativa de contraataque dos sitiados.

  • No mar destacaba a utilización masiva de galeóns, xa que a súa combinación de tamaño, velame e a posibilidade de transportar armamento e tropas o facíano idóneo para as longas travesías oceánicas, combinando así a capacidade de transporte das naves de carga coa potencia de fogo que requirían as novas técnicas de guerra no mar, permitindo dispoñer de barcos de transporte fortemente armados.
  • Carlos I creara o 27 de febreiro de 1537 a Infantaría de Mariña de España, a máis antiga do mundo, ao asignar de forma permanente ás escuadras de galeras do Mediterráneo as compañías vellas do mar de Nápoles. Con todo, foi Filipe II o que creou o concepto actual de Forza de Desembarco, concepto que aínda perdura nos nosos días.
O "Camiño Español" foi utilizado por primeira vez en 1567 polo duque de Alba na súa viaxe aos Países Baixos, e o último exército en transitar por el fíxoo en 1622.
  • Destinou gran cantidade de diñero para crear a mellor rede de espionaxe da época. É moi coñecido o uso da tinta invisíbel e da escritura microscópica por parte dos servizos secretos de Filipe II. Bernardino de Mendoza foi militar, embaixador e xefe dos servizos secretos en diversas rexións do Imperio español baixo Filipe II e durante este tempo estivo destinado como embaixador español en París. Unha das accións máis importantes atribuídas a este antepasado dos actuais servizos secretos, foi o asasinato de Guillerme de Orange por Balthasar Gérard.
  • Creación do Camiño Español, unha rota terrestre para transportar diñero e tropas desde as posesións españolas en Italia, cara aos Países Baixos Españois.
  • O comercio coas colonias españolas estaba fortemente controlado. Por lei, as colonias españolas só podían comerciar cun porto en España (primeiro Sevilla, logo Cádiz). Os ingleses, holandeses e franceses trataron de romper o monopolio, pero este durou durante máis de dous séculos. Grazas ao monopolio, España converteuse no país máis rico de Europa. Esta riqueza permitiu sufragar sobre todo as guerras contra os protestantes do centro e o norte de Europa. Tamén causou unha enorme inflación no século XVI, o que practicamente destruíu a economía española.
  • Filipe II comunicábase case diariamente cos seus embaixadores, vicerreis e oficiais repartidos polo imperio mediante un sistema de mensaxeiros que tardaba menos de tres días en chegar a calquera parte da península ou uns oito días en chegar aos Países Baixos.
  • En 1566 realizou unha reforma monetaria a fin de aumentar o valor do escudo de ouro, poñéndose en circulación diferentes especies de billón.
  • En 1567 Filipe II encargou a Xerome Zurita y Castro reunir os documentos de Estado de Aragón e Italia e xuntalos cos de Castela no castelo de Simancas, creando un dos maiores arquivos nacionais do seu tempo.

O goberno mediante Consellos instaurado polo seu pai seguía sendo a columna vertebral da súa maneira de dirixir o estado. O máis importante era o Consello de Estado, do cal o rei era o presidente. Así mesmo existían seis Consellos rexionais: os de Castela, Aragón, Portugal, Indias, Italia e Flandres, que exercían labores lexislativas, xudiciais e executivas.

O Imperio de Filipe II en 1598, distinguindo o ámbito de cada Consello territorial no sistema polisinodal da Monarquía Católica
     Territorios adscritos ao Consello de Castela     Territorios adscritos ao Consello de Aragón     Territorios adscritos ao Consello de Portugal     Territorios adscritos ao Consello de Italia     Territorios adscritos ao Consello de Indias     Territorios adscritos ao Consello de Flandres, abarcando os territorios disputados coas Provincias Unidas.

Filipe II tamén gustaba de contar coa opinión dun grupo selecto de conselleiros, formado polo catalán Luís de Requeséns, o castelán duque de Alba, o vasco Xoán de Idiáquez, o cardeal borgoñón cardeal Granvela e os portugueses Ruy Gómez de Silva e Cristóbal de Moura repartidos por diferentes oficinas ou sendo membros do Consello de Estado.

Filipe II e o seu secretario encargábanse directamente dos asuntos máis importantes, outro grupo de secretarios dedicábanse a asuntos cotiáns. Con Filipe II a figura de secretario do rei alcanzou unha grande importancia. Entre os seus secretarios destacan Gonzalo Pérez, o seu fillo Antonio Pérez, o cardeal Granvela e Mateo Vázquez de Leca.

En 1586 crea a Xunta Grande, formada por oficiais e controlada por secretarios. Outras xuntas dependentes desta, eran as de Milicia, Poboación, Cortes, Arbitrios e Presidentes.

Finanzas

Letra e sinatura de Filipe II nunha carta de 1557. Coa idade, os problemas da vista e o avance da gota, a súa letra a partir da década de 1580 fíxose cada vez maior e máis ilexíbel.

Durante o reinado de Filipe II a Facenda Real declarouse en bancarrota tres veces (1557, 1575 e 1596), aínda que na realidade eran máis ben suspensións de pagamentos, tecnicamente moi ben elaboradas segundo a economía moderna, pero completamente descoñecidas naquela época.

O monarca herdara do seu pai unha débeda duns vinte millóns de ducados, e deixou ao seu sucesor unha cantidade que quintuplicaba esta débeda. En 1557, ao pouco tempo de comezar o seu reinado, a Coroa tivo que suspender os pagamentos das súas débedas declarando a primeira bancarrota. Pero os ingresos da Corona duplicáronse de contado e, ao final do seu reinado, eran catro veces maiores que cando comezou a gobernar, xa que a carga fiscal sobre Castela cuadruplicouse e as riquezas procedentes de América alcanzaron valores históricos.

Ao igual que co seu predecesor, a riqueza do Imperio recaía principalmente en Castela, e dependía dos adiantos, con grandes xuros, de banqueiros holandeses e xenoveses. Os ingresos procedentes de América supoñían entre un 10 e un 20 % anual da riqueza da Coroa. Os maiores consumidores destes ingresos foron as guerras nos Países Baixos (Flandres) e a política no Mediterráneo, que consumían, xuntos, uns seis millóns de ducados ao ano.

Filipe II, por Antonio Moro, (1557).

O estado das finanzas dependía totalmente da situación económica castelá. Os Países Baixos eran os principais receptores da lá castelá e, debido ao xa aberto conflito en Flandres, a ruta laneira interrompeuse, o que produciu unha recesión sa economía castelá en 1575. Como consecuencia, nese mesmo ano produciuse unha segunda suspensión de pagamentos ao declararse a segunda bancarrota.

En 1577 o rei chegou a un acordo cos banqueiros xenoveses para que lle seguiran adiantando diñeiro á Coroa, pero a un prezo moi alto para Castela, que agravou a súa recesión. Isto é coñecido como El Remedio General de 1577, que consistiu nunha consolidación da débeda a longo prazo, podendo chegar a 70 ou 80 anos. Entregáronse así xuros aos acredores como compromiso da Coroa da devolución do diñeiro cun interese do 7 %. Dito diñeiro iríase devolvendo á medida que se volvese ter de novo liquidez, e co aval dos metais americanos. Paralelamente, entre 1576 e 1588, Filipe usou a intermediación financeira de Simón Ruiz, que lle facilitaba pagamentos, cobros e préstamos a través de letras de cambio.

Anteriormente a Filipe II xa existían diversos impostos: a alcabala, imposto de aduanas; a cruzada imposto eclesiástico; o subsidio, imposto sobre rendas e terras; e as tercias reales, impostos a ordes militares. Filipe II ademais de subir estes impostos durante o seu reinado, implantou outros, entre eles o excusado, en 1567, imposto sobre parroquias. Da Igrexa, Filipe II conseguiu recadar até o 20 % da riqueza da Coroa, o que motivou a crítica dalgúns eclesiásticos.

En 1590 apróbanse nas Cortes os millóns, consistentes en oito millóns de ducados ao ano para os seis seguintes, que se dedicaron á construción dunha nova Armada e para a política militar. Isto terminou por arruinar as cidades castelás e fulminar os xa débiles intentos de industrialización que quedaban. En 1597 produciuse unha nova suspensión de pagamentos ao declararse a terceira bancarrota, recorréndose a un novo Remedio General. Isto provocou xa un endebedamento da Coroa xigantesco e desproporcionado, pero permitiu a continuación da política exterior.

Filipe II deixou España ao bordo da crise. A vida dos españois do tempo era dura: a poboación soportaba unha inflación brutal (p. ex., o prezo do gran subiu un 50 % entre os últimos catro anos do século; a carga fiscal, tanto en produtores como en consumidores, era excesiva. Debido á inflación e á carga fiscal, cada vez existían menos negocios; mercadores e empresarios deixaban os seus negocios en canto podían adquirir un título nobiliario (coa súa baixa taxa fiscal). Nas últimas Cortes, os deputados protestaron fortemente ante outra demanda de máis diñeiro por parte do rei, pedindo unha retirada dos exércitos de Flandres, buscar a paz con Francia e Inglaterra e concentrar o seu formidábel poder militar e marítimo na defensa de España e o seu Imperio. En 1598, Filipe II firmou a paz con Francia, con Flandres non conseguiu un acordo, e Inglaterra non poñía as cousas fáciles, coa súa constante pirataría e hostilidade cara a España. A situación agravaríase con Filipe III, debido á redución de ingresos procedentes de América, e comezaríanse a oír aínda máis voces acerca de que Castela non podía seguir soportando a carga de tantas guerras, e que o resto dos membros da coroa debían tamén contribuír ao ben común.

A presión fiscal na Coroa de Coroa de Aragón sen ser tan brutal á de Castela, non era moito menor. Pero, neste caso, a maior parte do recadado non ía formar parte da facenda da Coroa española, senón que, grazas á protección dos foros, pasaba a formar parte da riqueza da oligarquía e da nobreza dos seus reinos. O comercio no Mediterráneo para Aragón (especialmente para Cataluña) seguía moi danado polo dominio turco e a competencia de xenoveses e venecianos.

Os ingresos procedentes doutras partes do imperio, Países Baixos, Nápoles, Milán, Sicilia, gastábanse nas súas propias necesidades. A unión con Portugal supuxo economicamente un grande esforzo para Castela, pois pasou a sufragar a defensa marítima do seu extenso Imperio sen achegar Portugal nada ao conxunto.

A maioría dos historiadores coincide en subliñar que a situación de pobreza que sumiu ao país ao final do reinado de Filipe II está directamente relacionada coa carga do Imperio e o seu papel de defensor da cristiandade. Durante o reinado apenas houbo un respiro no esforzo militar. Filipe tivo que compaxinar dous grandes conflitos durante a maior parte do seu reinado, no Mediterráneo contra o poder turco e, nos Países Baixos, contra os rebeldes. No final do reinado contaba con tres frontes simultáneas, os Países Baixos, Inglaterra e Francia. A única potencia capaz de soportar esta carga no século XVI era España, pero cuns beneficios discutíbeis e a un prezo moi alto para os seus habitantes.

Política exterior

A política exterior de Filipe II estivo dominada polas sus guerras contra Francia, o Imperio turco, Inglaterra e os rebeldes dos Países Baixos.

Guerras con Francia

Artigo principal: Guerras italianas (1494-1559).

Filipe II continuou as guerras que seu pai mantivera con Francia, polo apoio francés aos rebeldes flamengos (a ás ambicións francesas de controlar Italia), obtendo sobre esta potencia grandes vitorias na Batalla de San Quintín (1557) e na de Gravelinas (1558). A primeira delas ocorreu o 10 de agosto de 1557, festividade de San Lourenzo, no recordo do cal fixo edificar o Mosterio do Escorial, edificio con planta en forma de grella, como na que fora martirizado o santo. Neste monumental edificio, o maior do seu tempo (chamado daquela a oitava marabilla do mundo), na Cripta Real están enterrados desde entón case todos os reis españois e algúns dos seus membros familiares máis próximos.[21]

Sitio de Gravelinas. A Batalla de Gravelinas supuxo unha vitoria española sobre as tropas francesas, que obrigou ao rei francés a firmar a paz, e desistir da invasión de Italia.

Na Paz de Cateau-Cambrésis, en 1559, Francia recoñeceu a supremacía hispánica, os intereses españois en Italia víronse favorecidos, e pactouse o matrimonio do rei Filipe con Isabel de Valois. Pero os problemas continuaron a partir de 1568 polo apoio dos rebeldes flamengos aos hugonotes franceses.

Ao final das guerras italianas, en 1559, a Casa de Austria conseguira asentarse como a primeira potencia mundial, en detrimento de Francia. Os estados de Italia, que durante a Idade Media e o Renacemento acumularan un poder desproporcionado ao seu pequeno tamaño, viron reducido o seu peso político e militar ao de potencias secundarias, desaparecendo algúns deles.

En 1582 Álvaro de Bazán, o mellor mariño da época, derrota unha escuadra de corsarios franceses, que auxiliaran ao prior do Crato, que reinaba nas Illas Azores como Antonio I, rei de Portugal, na Batalla da Illa Terceira, na que se empregaron por primeira vez na historia forzas de infantaría de terra para a ocupación de praias, barcos e terreo, o que se considera como o "nacemento da Infantaría de Mariña".

En 1590, aproveitando a morte do cardeal de Borbón, rei de Francia pola Liga Católica, Filipe II interveu nas Guerras de relixión de Francia contra Henrique IV. Os Estados Xerais de 1593, convocados por Carlos de Lorena, Duque de Mayene, como Lugartenente Xeral rival de Henrique IV, non recoñeceron a Isabel Clara Euxenia, filla de Filipe II, como raíña de Francia, o que aproveitou Henrique IV para converterse ao catolicismo.[22][23] A posición e esperanzas de Filipe II desvanecéronse até chegar á Paz de Vervins (1598), na que se restablecía a paz de Cateau-Cambrésis.

Conflitos cos Países Baixos

Artigo principal: Guerra de Flandres.

Os Países Baixos (Flandres, na nomenclatura corrente a época) deixárallos Carlos I a Filipe II, en unión do Franco Condado e o Charolais, para que a Coroa de España, a nación máis poderosa do mundo, defendera o Sacro Imperio Romano Xermánico de Francia. Por esta razón, era un punto á vez estratéxico e de debilidade para Filipe II.

Estratéxico, pois a mediados do século XVI Anveres era o porto máis importante da Europa do norte, que servía como base de operacións á Armada española, e un centro onde se comerciaba con bens de toda Europa e se vendía a lá castelá (principal produto de exportación de Castela na éopoca). Lá, de ovella meiriña, procesada nos Países Baixos e que, vendida a prezos razoábeis, chegaría manufacturada a España, co correspondente valor engadido, pero menor que se fora manufacturada na península, xa que alí a man de obra era máis barata.

Esquema da ponte de Alexandre Farnesio, sobre o Escalda. Construído durante o asedio de Anveres en 1585, que mantivo en vilo a toda Europa á espera do vencedor, representou un desbaldimento de medios e un grande enxeño por ambas as partes durante os trece meses necesarios para forzar a rendición da que probabelmente era a cidade máis rica e máis populosa de Europa, e cuxa toma representaba a determinación da coroa española de recuperar os territorios perdidos e o mantemento da Igrexa católica. Despois desta capitulación, rendéronse consecutivamente outras importantes prazas que estaban nas mans das Provincias Unidas.

E unha debilidade, pois para os Países Baixos non só supuxo un cambio de soberano, senón tamén un cambio de "dono"; pasaron de formar parte dun Imperio pouco consolidado ( Sacro Imperio) a facer parte do reino máis poderoso da época. A diferenza de Castela, Aragón e Nápoles, os Países Baixos non eran parte da herdanza dos Reis Católicos, e contemplaban España como un país estranxiero.

Así o sentían os seus cidadáns, pois dábanse de conta da diferenza entre Carlos V e un rei estranxeiro, nado en Valladolid, coa Corte en Madrid, que nunca vivira naqueles territorios, que non falaba nin francés nin flamengo e que delegaba o poder nun gobernador tamén estranxeiro.

A isto hai que engadir o choque relixioso que se estaba xestando dentro de Flandres, e que sería fomentado pola posición de Filipe II no plano relixioso; as guerras de relixión volvían para o corazón de Europa despois da Guerra dos Trinta Anos.

A primeira gobernadora foi, desde 1559, Margarida de Parma, irmá de Filipe II. Tivo que enfrontarse cos nobres rebeldes, que pedían unha maior autonomía, e aos protestantes, que exixían o respecto á súa relixión, dando así lugar ao inicio da Guerra dos Oitenta Anos. Filipe II quería aplicar os acordos tridentinos, como exixira a Catarina de Medici en Francia contra a nobreza hugonote francesa.

Ao coñecerse nos Países Baixos a decisión de aplicar os acordos tridentinos, as mesmas autoridades civís mostráronse remisas a aplicar as penas ditadas polos inquisidores e, froito dun gran malestar, comezou un ambiente de revolución.

A baixa nobreza concentrouse en Bruxelas, o 5 de abril de 1566, diante do palacio da Gobernadora, e alí foron desprezados, sendo cualificados como mendigos, adxectivo que asumirían os nobres nas súas reivindicacións, vestíndose como tales. Os membros do compromiso de Breda mandaron a Madrid a Floris de Montmorency, Barón de Montigny, e despois ao Marqués de Berghes, que xa non volverían a Flandres.

Despois de aumentar a tensión e os conflitos en Anveres, a Gobernadora pediu a Guillerme de Orange que puxera orde, aceptando este de mal grado, pero pacificando a cidade. Pero o Príncipe de Orange, o Conde de Egmont e o Conde de Horn volveron a pedir a Margarida de Parma máis liberdade. Ela fíxollo saber ao seu irmán, pero Filipe II non cambiaba de opinión, e avisaba das súas intencións ao papa:

[...] podedes asegurar a Súa Santidade que, antes de sufrir a menor cousa en prexuízo da relixión ou do servizo de Deus, perdería todos os meus Estados e cen vidas que tuvira, pois non penso, nin quero, ser señor de herexes [...]

Antes que chegasen estas noticias, o 14 de agosto un grupo de incontrolados calvinistas asaltou a principal igrexa de Saint-Omer. Seguiulle unha rebelión xeneralizada en Yprès, Courtrai, Valenciennes, Tournai e Anveres.

Filipe II recibiu a Montigny e prometeulle convocar o Consello de Estado. O 29 de outubro de 1566, o rei convocou os conselleiros máis achegados: Éboli, Alba, Feria, o Cardeal Espinosa, Xoán Manrique e o conde de Chinchón, xunto cos Secretarios de Estado Antonio Pérez e Gabriel Zayas. O acordo foi proceder de maneira urxente e, pese ás diferenzas na forma, o monarca optou pola forza. Así acordou mandar ao terceiro Duque de Alba a sufocar as rebelións. Este feito propiciou un enfrontamento entre o príncipe Carlos (príncipe de Asturias) e o duque de Alba, xa que o herdeiro víase desprazado dos seus asuntos.

O 28 de agosto o duque de Alba chega a Bruxelas. Á fronte do exército efectuou rapidamente unha durísima represión, axustizando aos nobres rebeldes, o que provocou a dimisión de Margarida de Parma como Gobernadora dos Países Baixos, dimisión aceptada inmediatamente polo seu irmán o rei. Ademais, o 9 de setembro, Egmont e Horn foron prendidos, e degolados o 5 de xuño de 1568.

Filipe II buscou solucións cos nomeamentos de Luís de Requesens, Xoán de Austria (falecido en 1578) e Alexandre Farnesio, que conseguiu o sometemento das provincias católicas do sur na Unión de Arras. Ante isto, os protestantes formaron a Unión de Utrecht.

O 26 de xullo de 1581, as provincias de Brabante, Güeldres, Zutphen, Holanda, Zelandia, Frisia, Malinas e Utrech,[24] anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co Rei de España, pola Acta de abxuración, e elixiron como soberano a Francisco de Anjou.

Pero Filipe II non renunciou a estes territorios, e o Gobernador dos Países Baixos Alexandre Farnesio, iniciou a contraofensiva e recuperou á obediencia do rei de España de gran parte do territorio, especialmente tras o asedio de Anveres, pero parte del volveuse perder tras a campaña de Mauricio de Nassau.

Antes da morte do rei de España, o territorio dos Países Baixos, en teoría as dezasete provincias, pasou conxuntamente á súa filla Isabel Clara Euxenia e ao seu xenro o arquiduque Alberte de Austria pola Acta de Cesión de 6 de maio de 1598.[25][26]

Problemas con Inglaterra

Filipe II loitou contra a coroa inglesa por motivos relixiosos, polo apoio que ofrecían aos rebeldes flamengos e polos problemas que supoñían os corsarios ingleses que roubaban as mercadorías americanas aos galeóns españois na zona do Caribe a partir de 1560.[27] Así poi, os principais escenarios dos combates serían o Atlántico e o Caribe.

A batalla entre a Armada Invencible e a frota inglesa.

En varias obras literarias e, especialmente, en películas de cine, móstrase a angustia causado pola continua pirataría inglesa e francesa contra os barcos españois no Atlántico e a consecuente diminución dos ingresos do ouro das Indias. Con todo, recentes investigacións[28] indican que esta pirataría realmente realizábana só varias ducias de barcos e varios centos de piratas, sendo os primeiros de escasa tonelaxe, polo que non podían enfrontarse cos galeóns españois, tendo que conformarse con pequenos barcos ou os grandes que puideran sorprender apartados da frota.

En segundo lugar está o dato segundo o cal, durante o século XVI, ningún pirata nin corsario logrou afundir ningún galeón; ademais, dunhas 600 frotas fretadas por España (dúas por ano durante uns 300 anos), só dúas caeron nas mans inimigas, e ambas as dúas por mariñas de guerra, non por piratas nin corsarios.[29]

A execución da raíña católica de Escocia, María Estuardo, decidiu a Filipe a enviar a chamada Grande y Felicísima Armada (na Lenda Negra, a Grande Armada ou Armada Invencible) en 1588, expedición que fracasou.

Este fracaso posibilitou unha maior liberdade para o comercio inglés e holandés, un maior número de ataques aos portos españois —como o de Cádiz, cidade que foi incendiada por unha frota inglesa en 1596— e, así mesmo, a colonización inglesa de Norteamérica. A partir destes feitos e até o final da guerra, España e Inglaterra conseguiron vitorias parellas nos combates librados por ambos os reinos, tanto no mar como en terra. Co que a guerra mantívose nun empate de perdas de recursos para os dous países até o final.

Estatua de María Pita na Coruña.

Mentres os ingleses saqueaban as posesións españolas e non conseguiron nunca o obxectivo de capturar unha frota de Indias, a Armada española preparouse sen moito éxito para invadir Inglaterra, repeliu algún ataque inglés e os corsarios españois capturaron toneladas de mercadorías de barcos ingleses. Os ataques ingleses (e de piratas ou corsarios pagos pola coroa) adoitaban acabar en fracasos con perdas nada desdeñábeis, entre os que destaca o fracaso da Armada Inglesa, ou Contraarmada.

O pirata Francis Drake, que tamén serviu na Armada inglesa, chegando ao grao de vicealmirante, comandou unha gran frota inglesa que, o 4 de maio de 1589, intentou, sen conseguilo, tomar a cidade da Coruña, en resposta á Grande Armada que o ano anterior intentara a invasión de Inglaterra.

Os invasores atacaron a cidade, mal defendida (só contaba cunha pequena gornición para a defensa das murallas medievais), polo que había unha gran desproporción entre as forzas dos dous contendentes. A poboación local combateu coas poucas armas dispoñíbeis, e é famoso o caso de Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita (Coruña, ca. 1560 - Cambre, 1643).

Segundo crónicas da época, esta muller de clase baixa foi unha heroína, debido a que coa súa actuación fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha muller, cando estaban a piques de traspasar as murallas. Na súa honra erixiuse hai pocuco un monumento na Coruña, na praza que leva o seu nome, fronte a casa do Concello, que ten na súa base unha lámpada permanentemente acesa.

Ademais, un sistema sofisticado de escolta e de intelixencia frustraron a maioría dos ataques corsarios á Frota de Indias a partir da década de 1590. As expedicións de Francis Drake, Martin Frobisher e John Hawkins no comezo de dita década foron derrotadas. A situación permaneceu equilibrada até que Filipe III firmou o tratado de Londres, en 1604, con Xacobe I, sucesor de Isabel I.

Guerras co Imperio Otomán

O Imperio Otomán, que xa fora contrincante de Carlos I, vólvese enfrontar co Imperio español nos tempos de Filipe II. Como se iso non chegase, os barcos turcos e os piratas berberiscos atacaban os barcos en todo o Mediterráneo e saqueaban as costas dos países cristiáns.

As loitas inícianse co sitio de Malta, en 1565, que resultaría errado e que está considerado como un dos asedios máis importantes da historia militar (e, desde o punto de vista dos defensores, o de máis éxito). Non obtante, anteriormente (aínda reinando Carlos), en 1560, a frota turca, que era unha potencia de primeira orde, derrotara os cristiáns na Batalla de Los Gelves.

En 1570, despois duns anos de tranquilidade, os turcos comezaron unha expansión atacando varios portos Venecianos do Mediterráneo oriental, atacaron Chipre (posesión veneciana) con 300 barcos, e puxeron sitio a Nicosia, a súa capital.

Batalla de Lepanto (1571).

A República de Venecia pediu axuda ás potencias cristiás, pero só o papa Pío V lle respondeu. Con todo o papa conseguiu convencer ao rei de España para que tamén axudara, formándose unha armada para enfrontarse cos turcos. Esta armada concentrouse no porto de Suda, na illa de Candía (hoxe en día, Creta).

Por parte veneciana había 136 galeras, 11 galeazas e 14 naves, ao mando de Xerome Zanne, Antonio de Canale e Xacobe Celsi. As forzas pontificias constaban de 12 galeras ao mando de Marco Antonio Colonna. Filipe II achegara 50 galeras mandadas por Xoán Andrea Doria (sobriño do falecido Andrea Doria), que debía poñerse ás ordes de Colonna. En total, sumaban 198 galeras, 11 galeazas, un galeón, 7 naves máis, cun total de 1.300 canóns e 48.000 homes, dos que só 16.000 eran xente de guerra.

Mentres os xenerais cristiáns discutían a forma de facer fronte á situación, o 9 de setembro os turcos tomaron Nicosia. Xoán Andrea Doria, ao ver que no había acordo posíbel entre as forzas cristiás, decide volver a Sicilia o 5 de outubro. No seu regreso ás súas bases, as frotas venecianas e pontificias sofren un temporal no que se perden 14 das galeras venecianas. Tanto o papa como Venecia culpan ao almirante español do fracaso da operación. Os motivos de Xoán Andrea Doria para non emprender un ataque contra forzas turcas superiores baseábanse no mal estado das dotacións e do armamento das galeras de Venecia.

Pero, finalmente, formouse unha coalición, coñecida como Liga Santa, ou Danta Liga, que incluía tropas de España, a Santa Sé, Xénova e, sobre todo, da República de Venecia (con máis do 90 % das naves), baixo as ordes de Xoán de Austria, recente vencedor da revolta das Alpujarras, que se enfrontou cunha frota turca, comandada por Alí Pachá, no golfo de Lepanto o 7 de outubro de 1571, librándose a Batalla de Lepanto ("a máis alta ocasión que viron os séculos",[30]) que acaba nunha gran vitoria dos aliados católicos, e que propiciou máis seguridade no mar Mediterráneo. Tanto os ataques piratas como o expansionismo turco foron freados. Foi a derradeira batalla importante con galeras como naves de guerra.

Despois deste combate, os turcos refixeron a frota de novo; a frota turca, outra vez aliada cos piratas berberiscos, seguía sendo a máis poderosa do Mediterráneo.[31]

Durante case dous anos a frota otomá evitou o combate, e non foi até despois da toma de Tunes e A Goleta por Xoán de Austria, en 1573, cando Selim II enviou unha forza dunhas 300 naves de guerra e un continxente duns 100.000 homes para reconquistar ambas as prazas, acción na que pereceron cerca de 30.000 homes, aínda que con resultado satisfactorio pata os turcos. Foi esta a última gran batalla no Mediterráneo.

Con todo, o que non resolveran as batallas, resolvérono a diplomacia e as negociacións internacionais, para beneficio de ambos os Imperios. Filipe II vía como se agravaba a guerra en Flandres, e Selim II, sucesor de Solimán o Magnífico, tiña que facer fronte á guerra con Persia. Ambos encontrábanse librando campañas militares noutras fronteiras, e ningún se sentía coa forza suficiente para continuar o conflito. Convencidos da distinta situación en que ambos os imperios vivían, decidiron firmar unha serie de treguas que terminaron por afastar definitivamente a guerra do Mediterráneo durante uns poucos anos.[32]

Expansión polo Atlántico e o Pacífico

Estatua de Legazpi na cidade de Cebú, Filipinas.

Filipe II continuou coa expansión en terras americanas e tamén se agregaron á Coroa as illas Filipinas, conquistadas por Miguel López de Legazpi (15651569), que as denominou así en honor ao rei.

A colonización española das illas, codiciadas tamén por ingleses, neerlandeses e portugueses, non se asegurou até 1565 cando Miguel López de Legazpi, enviado polo vicerrei de Nova España constrúe o primeiro asentamento español en Cebú. A cidade de Manila, capital do arquipélago, fundouna o propio Legazpi en 1571.

Unha vez descuberto o circuíto de correntes oceánicas e ventos favorábeis para a navegación entre América e Filipinas, estabeleceuse a ruta regular de frotas entre Manila e Acapulco coñecida como o Galeón de Manila.

Florida foi colonizada en 1565 por Pedro Menéndez de Avilés ao fundar San Agustín, e ao derrotar rapidamente un intento do capitán francés Jean Ribault con 150 homes de establecer un posto de aprovisionamento en territorio español. San Agustín converteuse rapidamente nunha base estratéxica de defensa para os barcos españois cargados co ouro e a prata que regresaban desde os dominios das Indias.

No Pacífico sur, fronte ás costas do actual Chile, Juan Fernández descubriu unha serie de illas entre os anos 1563 e 1574.[33] Púxolle o seu propio nome a este arquipélago, e aínda hoxe as illas son coñecidas como Arquipélago Juan Fernández.

Os primeiros europeos en chegar ás illas que conforman Nova Zelandia fixérono na probábel viaxe de Xoán Jufré e Xoán Fernández a Oceanía, ocasión na cal descubrirían Nova Zelandia para España, no final de 1576. Este suposto baséase en vestixios arqueolóxicos (helmos de estilo español) encontrados en covas no extremo setentrional da Illa Norte, e nun documento que lle presentou a Filipe II o licenciado Xoán Luís de Arias, por volta do ano 1615:

"propoñendo conquistar as terras que descubrira o piloto Xoán Fernández, despois de navegar durante un mes desde as costas de Chile cara ao oeste, que fora o mesmo que antes reducira a só 30 días de viaxe a navegación entre Lima e a costa central de Chile".
Xoán Luís de Arias, 1615.

Pensouse incluso na conquista da China para o Imperio español, durante o reinado de Filipe II, como demostra unha carta que lle enviaron o Gobernador e o Arcebispo de Filipinas, na que ambos os dous lle propoñían que, se lles enviaba 5.000 homes e 30 buques, poderían facer coa China o que Cortés fixera en México. Filipe II nunca chegou a responder esta carta.[34]

Tamén se ampliaron os dominios en África: Mazagán (incorporada ao imperio porque era unha colonia portuguesa), ao igual que Casablanca, Tánxer, Ceuta e a Illa Perejil. Reconquistouse aos árabes o Peñón de Vélez de la Gomera, nunha operación a cargo de García Álvarez de Toledo y Osorio, marqués de Villafranca e Vicerrei de Cataluña.

Ademais, debido á unión coa coroa portuguesa, tamén se engadiron as colonias que Potugal posuía en Asia: Macau, Nagasaki e Malaca.

Cultura e arte

Artigos principais: Renacemento e Renacemento en España.
O cabaleiro da man no peito, El Greco, (1580). Museo do Prado.

O goberno de Filipe II coincide coa etapa coñecida como Renacemento, aínda que o cambio ideolóxico que representa non é tan amplo na monarquía do rei prudente como noutros países. Non se rompe abruptamente coa tradición medieval, non desaparece a literatura relixiosa (será precisamente no Renacemento cando xurdan autores ascéticos e místicos). Por iso ás veces fálase dun Renacemento español, quizais máis orixinal e, sen dúbida, variado, do que no resto de Europa.

A literatura relixiosa está encabezada por escritores como Santa Tareixa de Xesús, San Xoán da Cruz, frei Luis de Granada, San Xoán de Ávila e frei Xoán dos Ánxos.

Miguel de Cervantes comeza a escribir as súas primeiras obras.

A poesía renacentista dividiuse en dúas escolas: a salmantina (Frei Luis de León) e a Sevillana (Fernando de Herrera).

No teatro destaca a figura de Lope de Vega, que aída alcanzará maior importancia no reinado de Filipe III, ao igual que Cervantes.

Entre os pintores máis famosos destacan El Greco, Tiziano, Antonio Moro ou Brueghel o Vello. Alonso Sánchez Coello foi o pintor de cámara de Filipe II.

Real Mosterio do Escorial (Madrid).

Esta época é a do apoxeo dos arquitectos españois, entre os que destacan Xoán de Herrera, Xoanelo Turriano, Francisco de Mora ou Xoánn Bautista de Toledo. O labor destes arquitectos deu como resultado a aparición dun novo estilo, que se caracteriza polo predominio dos elementos construtivos, a ausencia decorativa, as liñas rectas e os volumes cúbicos. Este estilo sería bautizado posteriormente como estilo herreriano.

Construíronse edificios relixiosos e mortuorios, como o Mosterio do Escorial ou a Catedral de Valladolid; civís ou administrativos, como a Casa da Panadería; ou militares, como a Cidadela de Pamplona.

Esta época, na que existironn escritores e dramaturgos de gran talle, e na que acaban de nacer os que destacarán baixo o reinado de Filipe III, é coñecida como o Século de Ouro español, ou o apoxeo da cultura española.

Morte

Cenotafio de Filipe II e a súa familia no Mosteiro do Escorial.

Filipe II morreu o 13 de setembro de 1598 aos 71 anos de idade, no Mosteiro do Escorial, para o que o trasladaron desde Madrid nunha cadeira-padiola fabricada especialmente para tal fin. Está enterrado na súa Cripta Real.

Matrimonios e fillos

Filipe II casou catro veces, como quedou dito, e tivo fillos con tres das súas esposas, aínda que moitos deles morreron sendo nenos.

A primeira muller de Filipe foi a súa prima, María Manuela, infanta de Portugal, filla de Xoán III de Portugal e da tía de Filipe Catarina de Austria. Este matrimonio tivo un só fillo, e María morreu no parto, en 1545.

  • Carlos, Príncipe de Asturias, (8 de xullo de 1545 – 24 de xullo de 1568), morto solteiro e sen descendencia.

A segunda esposa foi a súa prima segunda María I de Inglaterra, raíña de Inglaterra. O seu matrimoino, en 1554, foi por razóns políticas. Por el, Filipe foi rei de Inglaterra jure uxoris,[35] aínda que a parella gobernaba separadamente nos seus respectivos territorios. O matrimonio non tivo fillos, e María morreu en 1558.

A terceira foi Isabel de Valois, filla máis vella de Henrique II de Francia e Catarina de Medici. O matrimonio (1559–1568) tivo cinco fillos (contando cos abortados). Isabel morreu de parto en 1568. Os fillos foron:

Filipe II casou por cuarta e derradeira vez con Ana de Austria, que era sobriña súa, e tamén sobriña, e prima, da súa fillastra Catarina de Austria. (Este matrimonio sería o primeiro de tres entre tío e sobriña que houbo entre os ascendentes do bisneto de Filipe II, Carlos II de España. Carlos sufriu diversas enfermidas xenéticas e con el finalizou a Dinastía de Habsburgo na súa rama española).

Segundo relatos contemporáneos, este matrimonio (1570–1580) foi de boa convivencia, e satisfactorio tanto para Filipe como para Ana. Tiveron catro fillos e unha filla. Ana morreu ao dar a luz á súa única filla, María, en 1580. Os fillos foron:

  • Fernando, Príncipe de Asturias: 4 de decembro de 1571 – 18 de outubro de 1578, morto na infancia.
  • Carlos Lourenzo: 12 de agosto de 1573 – 30 de xuño de 1575, morto na infancia.
  • Diego, Príncipe de Asturias: 15 de agosto de 1575 – 21 de novembro de 1582, morto na infancia.
  • Filipe: 3 de abril de 1578 – 31 de marzo de 1621 (futuro rei Filipe III).
  • María: 14 de febreiro de 1580 – 5 de agosto de 1583, morta na infancia.

Árbore xenealóxica dos ascendentes de Filipe II

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Frederico III, Emperador do Sacro Imperio Romano]]
 
 
 
 
 
 
 
8. Maximiliano I, Emperador do Sacro Imperio Romano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Eleonor de Portugal, Emperatriz do Sacro Imperio Romano
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe I de Castela (Filipe o Fermoso)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Carlos o Temerario, Duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
9. María de Borgoña (Duquesa de Borgoña)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabel de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos V, Emperador do Sacro Imperio Romano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
10. Fernando II de Aragón (Fernando o Católico)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xoana Enríquez
 
 
 
 
 
 
 
5. Xoana I de Castela (Xoana a Tola)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Xoán II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
11. Isabel I de Castela (Isabel a Católica)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel de Portugal, Raíña de Castela
 
 
 
 
 
 
 
1. Filipe II de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Eduardo de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
12. Infante Fernando, Duque de Viseu
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Eleonor de Aragón, Raíña de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
6. Manuel I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Infante Xoán de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
13. Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Isabel de Braganza
 
 
 
 
 
 
 
3. Isabel de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Xoán II de Aragón (= 20)
 
 
 
 
 
 
 
14. Fernando II de Aragón (= 10)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Xoana Enríquez (= 21)
 
 
 
 
 
 
 
7. María de Aragón (1482-1517)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán II de Castela (= 22)
 
 
 
 
 
 
 
15. Isabel I de Castela (= 11)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Isabel de Portugal (= 23)
 
 
 
 
 
 

Heráldica

Versións comúns
1556-1558
Rei de España e Inglaterra
(Como monarca español)
1558–1580 1580–1598
Variantes italianas
Ducado de Milán Reino de Nápoles e Sicilia
1554–1558 1558–1580 1580–1598 1554–1598
Escudo de Armas de Filipe como rei de España e Inglaterra,
Soportes ou Tenentes e Lema ou Divisa
1554-1558
Escudo de Armas con Timbre, Soportes ou Tenentes e Lema ou Divisa
1580-1598

Notas

  1. Pierson, P. Felipe II de España. Fondo de Cultura Económica, 1984. ISBN 968-16-1707-X, 9789681617073.
  2. Menéndez Pidal, R.; Fernández Álvarez, M; Jover Zamora, J.M. La España de Felipe II (1527-1598). Espasa Calpe, 2002. ISBN 84-670-0276-X, 9788467002768.
  3. Sepúlveda , J.G. de. Historia de Felipe II, Rey de España. Ed. a cargo de Fortea Pérez, J.I. Ayuntamiento de Pozoblanco, 1998. ISBN 84-920640-0-5, 9788492064007.
  4. Menéndez Pidal, R. Historia de España: El siglo XVI : economía, sociedad, instituciones. Espasa-Calpe, 1989. ISBN 84-239-4800-5, 9788423948000.
  5. Hickling Prescott, W; Foster Kirk, J. History of the reign of Philip the second, king of Spain. Routledge, 1848.
  6. Rodriguez-Salgado, M.J. "The Court of Philip II of Spain". En Princes Patronage and the Nobility: The Court at the Beginning of the Modern Age, cc. 1450-1650. Ed. a cargo de Asch, R.G; Birke, A.M. Nova York, Oxford University Press, 1991. ISBN 0-19-920502-7.
  7. Hume, Martin. Philip II of Spain. London, 1897.
  8. VVAA (2010). Cronología de los reyes españoles (en castelán). Linkgua. p. 16. ISBN 978-84-9816-763-4. 
  9. Marcocci, Giuseppe (2012). A consciência de um império: Portugal e o seu mundo (sécs. XV-XVII) (en portugués). Imprensa da Universidade de Coimbra. p. 523. ISBN 978-989-26-0132-8. 
  10. Oficialmente, nunca se chamou rei de España (con este nome era coñecido no estranxeiro). Os títulos variaban duns territorios a outros e, desde 1585 oficialmente ostentaba os que figuran na sección Títulos.
  11. Théodore Juste (1855): Les Pays-Bas sous Philippe II, volume 1, Méline, Cans et compagnie, páx. 25
  12. François Joseph Ferdinand Marchal (1836): Histoire politique du règne de l'empereur Charles Quint, H. Tarlier, páx. 724)
  13. Gachard, M. (1854): Retraite et mort de Charles-Quint au monastère de Yuste: lettres inédites, volume 3, C. Muquardt, páx. 117
  14. Alexandre Henne (1860): Histoire du règne de Charles-Quint en Belgique, volume 10, É. Flatau, páx. 286
  15. Lynch, John (2007): Monarquía e imperio: El reinado de Carlos V, páx. 274. Ed. El País S.L. / Centro Editor PDA S.L. ISBN 978-84-9815-756-7.
  16. Véxase sección 'Un inciso histórico: os Farnesio, pretendentes da coroa de Portugal', no artigo Casa de Farnesio.
  17. Parker, Geoffrey (2010): Felipe II: La biografía definitiva. Barcelona: Editorial Planeta.
  18. Alvarado, Carlos (dir.) (2005): A buen bocado. Volume 1 da Gran Enciclopedia Cervantina.
  19. Excepto durante a Gurra Civil Española, cando desde novembro de 1936 até xaneiro de 1939, o Goberno da 2ª República trasladouse primeiro a València e logo a Barcelona
  20. Palabras non recolidas no VOLG, e tomadas como préstamos do portugués (do Moderno Dicionário da Língua Portuguesa Michaelis on line: colubrina2 sf (lat colubrina) Antiga peça de artilharia de grande alcance; falconete sm (falcão+ete) Mil ant Pequena peça de artilharia. Michaelis.
  21. O último familiar alí enterrado, ademais na propia Cripta Real, foi Xoán de Borbón, conde de Barcelona, pai do rei Xoán Carlos, e por decisión persoal deste.
  22. Floristán Imízcoz, Alfredo (2004): Historia de España en la Edad Moderna. Editorial Ariel, páx. 219
  23. Nesta ocasión atribuíuselle a Henrique IV a famosa frase, non se sabe se apócrifa, de "París ben vale unha misa".
  24. "Transcición da Acta de Abxuración e tradución parágrafo a parágrafo en inglés.". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  25. Historia general de España, Juan de Mariana (1820)
  26. "Boletín de la Real Academia de la Historia, xullo de 1906" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  27. Reclamación de España a Inglaterra sobre robos hechos por corsarios ingleses en las Indias (1575).
  28. Díez Zubieta, J. (2003): "Recensión sobre o libro de Ramiro Feijoo" Corsarios berberiscos, nº 61 de La aventura de la Historia. Madrid: Arlanza Ediciones
  29. González Arnao, Mariano (2003): "A prueba de piratas", no nº 61 de La aventura de la Historia. Madrid: Arlanza Ediciones.
  30. En célebres palabras de Cervantes.
  31. A expansión turca por Europa encontrou o primeiro obstáculo nas murallas de Viena (1529). Por outra parte, o sultán fíxose dono do Mediterráneo, aínda que non puido dominar a resistencia de Malta. Selim II (1566-74) conquistou Chipre e moitas illas xónicas, pero a batalla de Lepanto, en outubro de 1571, conevenceu a Europa de que os turcos non eran invencíbeis. A decadencia do Imperio turco fíxose visíbel na época dos tres sultáns débiles, Murad II, Mohamed III e Ahmed I, especialmente en Persia e Hungría. "Expansión musulmana: El imperio turco"
  32. Proba diso é que habería que esperar até 1612 para encontrar outro ataque turco de envergadura; foi un novo intento de sitiar Malta (unha sombra do ataque acaecido en 1565, e que abortou).
  33. Oficialmente dase como data do seu descubrimento o 22 de novembro de 1574.
  34. Entrevista a Hugh Thomas en "El Cultural" do diario El País Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Na parte final da entrevista sobre o seu libro sobre Carlos V, onde se fala do final do período abarcado nel, aparece esta curiosa historia.
  35. Consorte.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Domínguez Otiz, Antonio (1973): El antiguo régimen: los Reyes Católicos y los Austrias. Madrid: Alianza Editorial.
  • Eiras Roel, Antonio (coord.) (1998). El reino de Galicia en la monarquía de Felipe II (en castelán). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2189-7. 
  • Escudero, José Antonio (2002): Felipe II. El Rey en el despacho. Madrid: Editorial Complutense.
  • Kamen, Henry (1997): Felipe de España. Madrid: Siglo XXI.
  • Kamen, Henry (2003): Empire: How Spain Became a World Power, 1492–1763. Nova York: HarperCollins. ISBN 0-06-093264-3
  • Parker, Geoffrey (1984): Felipe II Madrid: Alianza Editorial. (3ª ed. 2003) ISBN 84-206-5575-9
  • Parker, Geoffrey (1998): La gran estrategia de Felipe II. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2902-2
  • Parker, Geoffrey (2010): Felipe II: La biografía definitiva. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-09484-5
  • Rodríguez-Salgado, M. J. (1991): "The Court of Philip II of Spain". In Princes Patronage and the Nobility: The Court at the Beginning of the Modern Age, cc. 1450-1650. Ronald G. Asch e Adolf M. Birke ed.) Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-920502-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

由於受到破坏,依據方針,本条目已獲半保護。 請参閱保护方针及保护日志以获取更多信息。如果您不能修改此条目,您可以请求修改、在讨论页提出修改提议、申请解除保护、登录或创建账号。 此條目體裁可能更适合散文而非列表。 (2021年8月12日)如果合适请协助将此条目改写为散文。查看编辑帮助。   提示:此条目的主题不是東海大學附屬高級中等學校。 東海中...

 

Peer-reviewed open-access scientific journal Academic journalPLOS ONEDisciplineMultidisciplinaryLanguageEnglishEdited byEmily ChenettePublication detailsHistory2006–presentPublisherPublic Library of ScienceFrequencyUpon acceptanceOpen accessYesLicenseCreative Commons Attribution License 4.0 InternationalImpact factor3.7 (2022)Standard abbreviationsISO 4 (alt) · Bluebook (alt1 · alt2)NLM (alt) · MathSciNet (alt )ISO 4PLOS ONEIndexingCODEN (alt)&...

 

ORF 1Diluncurkan1 Agustus 1955; 68 tahun lalu (1955-08-01)PemilikORFPangsa pemirsa11.7% (2016 (2016), ORF)NegaraAustriaKantor pusatWinaSaluran seindukORF 2 ORF III ORF Sport +Situs webtv.orf.at/program/orf1 ORF 1 adalah saluran televisi publik Austria yang dimiliki oleh ORF. Itu adalah saluran televisi pertama di Austria, dimulai pada tahun 1955. ORF 1 adalah satu dari empat saluran TV publik di Austria. Ini didanai oleh campuran pendapatan iklan dan biaya lisensi televisi: dengan d...

اضغط هنا للاطلاع على كيفية قراءة التصنيف البواعض أنثى أحد أنواع البعيضة المرتبة التصنيفية فوق فصيلة  التصنيف العلمي النطاق: حقيقيات النوى المملكة: حيوانات القسم: الانسلاخيات الشعبة: مفصليات الأرجل الشعيبة: جميع القشريات العمارة: سداسيات الأرجل الطائفة: الحشرات الطويئف...

 

Species of Ediacaran animal EoandromedaTemporal range: Ediacaran, approx. 580–550 Ma PreꞒ Ꞓ O S D C P T J K Pg N Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: incertae sedis Genus: Eoandromeda Species: E. octobrachiata Binomial name Eoandromeda octobrachiataTang, Yin, Bengtson, Liu, Wang and Gao, 2008 Eoandromeda is an Ediacaran organism consisting of eight radial spiral arms, and known from two taphonomic modes: the standard Ediacara type preservation ...

 

مصطفى دياو معلومات شخصية الميلاد 31 ديسمبر 1996 (العمر 26 سنة)نواكشوط  الطول 1.68 م (5 قدم 6 بوصة) مركز اللعب مدافع الجنسية موريتانيا  معلومات النادي النادي الحالي نواذيبو مسيرة الشباب سنوات فريق –2014 جمعية الوئام المسيرة الاحترافية1 سنوات فريق م. (هـ.) 2014–2017 جمعية الوئ...

Adrien TambayTambay pada tahun 2012Kebangsaan PrancisLahir25 Februari 1991 (umur 32)Paris, PrancisTerkait denganPatrick Tambay (ayah)DTMTahun aktif2012–2016Mantan timAbt SportslineStart65Menang0Podium3Pole1Lap tercepat1Hasil terbaik10th di 2012Ajang sebelumnya20112010–20112010200920082007World Series by RenaultAuto GP GP3 SeriesFormula 3 Euro SeriesFormula BMW EuropeFormula BMW ADAC Adrien Tambay (lahir 25 Februari 1991) adalah seorang pembalap profesional Perancis. Dia saat ini adal...

 

Для этого термина существует аббревиатура «СКА», которая имеет и другие значения, см. СКА (значения). Система компьютерной алгебры (СКА, англ. computer algebra system, CAS) — это прикладная программа для символьных вычислений, то есть выполнения преобразований и работы с математ...

 

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Garuda 2004 film – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2015) (Learn how and when to rem...

Waterland Gemeente in Nederland (Details) (Details) Situering Provincie Noord-Holland COROP-gebied Groot-Amsterdam Coördinaten 52°27'4NB, 5°1'12OL Algemeen Oppervlakte 115,66 km² - land 52,11 km² - water 63,55 km² Inwoners (31 januari 2023) 17.623? (338 inw./km²) Bestuurscentrum Monnickendam Belangrijke verkeersaders N235 N247 Politiek Burgemeester (lijst) M.C. van der Weele (D66) Economie Gemiddeld inkomen (2012) € 31.000 per huishouden Gem. WOZ-waarde (2014) € 334....

 

Jejak Suara AdzanGenreDramaPembuatLimelight PicturesSutradaraYoyok DumprinkPemeran Giulio Parengkuan Miqdad Addausy Ochie Anggraini Riesya Ventra Faradilla Yoshi Fuad Idris Penggubah lagu temaRizky FebianLagu pembukaIndah Pada Waktunya — Rizky FebianLagu penutupIndah Pada Waktunya — Rizky FebianNegara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaJmlh. musim1Jmlh. episode10ProduksiProduserOmar Aly AdlyPengaturan kameraMulti-kameraDurasi33–48 menitRumah produksiLimelight PicturesDistributorNet...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (نوفمبر 2018) ستانلى ليفينجستون   معلومات شخصية الميلاد 24 نوفمبر 1950 (73 سنة)[1]  لوس أنجلوس  مواطنة الولايات المتحدة  إخوة وأخوات باري ليفينغستون  الحياة ال...

Freshwater Lake, wetland in Indore district, Madhya PradeshSirpur LakeDucks and coots at Sirpur WetlandLocationIndore district, Madhya PradeshCoordinates22°42′02″N 78°48′46″E / 22.70056°N 78.81278°E / 22.70056; 78.81278Lake typeFreshwater Lake, wetlandPrimary inflowsVarious local streamsPrimary outflowsSirpur stream, which joins the Saraswati river near Gouri Nagar, Indore Ramsar WetlandDesignated1 July 2022Reference no.2478[1] Sirpur Lake is l...

 

Railway station in Numazu, Shizuoka Prefecture, Japan CA05Hara Station原駅JR Hara Station in 2005General informationLocationHara 383-2, Numazu-shi, Shizuoka-kenJapanCoordinates35°7′29.68″N 138°47′37.15″E / 35.1249111°N 138.7936528°E / 35.1249111; 138.7936528Operated by JR CentralLine(s)■ Tokaido Main LineDistance132.8 km from TokyoPlatforms1 side + 1 island platformTracks2ConnectionsBus terminalOther informationStation codeCA05WebsiteOfficial websiteHis...

 

1977 live album by Sunny MurrayCharred EarthLive album by Sunny MurrayReleased1977RecordedJanuary 1, 1977VenueAli's Alley, New York CityGenreFree jazzLabelKharma RecordsPK-1ProducerHerb Friedwald, Dan SerroSunny Murray chronology An Even Break (Never Give a Sucker)(1970) Charred Earth(1977) Apple Cores(1978) Charred Earth is a live album by drummer Sunny Murray. It was recorded in January 1977, and was released later that year by Kharma Records. On the album, Murray is joined by membe...

1920 film Outside the LawFilm posterDirected byTod BrowningWritten byTod BrowningLucien HubbardGardner Bradford (subtitles)Produced byTod BrowningStarringPriscilla DeanWheeler OakmanLon ChaneyJohn GeorgeCinematographyWilliam FildewDistributed byUniversal Film Manufacturing CompanyRelease dates December 26, 1920 (1920-12-26) (Los Angeles premiere)Jan. 6, 1921 (general release date)Running time75 minutes (8 reels)CountryUnited StatesLanguageSilent (English intertitles) Full film,...

 

Mary Burnett TalbertBorn(1866-09-17)September 17, 1866Oberlin, Ohio, U.S.DiedOctober 15, 1923(1923-10-15) (aged 57)Resting placeForest Lawn Cemetery, Buffalo, New YorkNationalityAmericanAlma materOberlin CollegeOccupation(s)Social activist, SuffragistSpouse William H. Talbert ​(m. 1891)​ Mary Burnett Talbert (born Mary Morris Burnett; September 17, 1866 – October 15, 1923) was an American orator, activist, suffragist and reformer. In 2005, Talbert ...

 

Indian classical dancer from Bangladesh (born 1979) Benazir SalamBorn (1979-01-17) 17 January 1979 (age 44)Rajshahi, BangladeshOther namesSumiOccupation(s)Dancer, dance teacherYears active1983 – presentSpouse Dewan Abdullah Zaman ​ ​(m. 1996)​Parent(s)Md. Abdus Salam Kohinoor Salam Benazir Salam Benazir Salam is an Indian classical dancer from Bangladesh. Career Benazir is the daughter of Md. Abdus Salam and Kohinoor Salam. She began her dan...

Romanian handball player Mădălina Zamfirescu Personal informationFull name Mădălina Maria ZamfirescuBorn (1994-10-31) 31 October 1994 (age 29)Râmnicu Vâlcea, RomaniaNationality RomanianHeight 1.80 m (5 ft 11 in)Playing position Centre backClub informationCurrent club SCM Gloria BuzăuYouth careerYears Team0000–2013 CNOE Râmnicu VâlceaSenior clubsYears Team2013–2014 CSM Ploiești2014–2015 HCM Baia Mare2014 SCM Craiova2015–2017 Dunărea Brăila2017–2019 Deb...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (يوليو 2021) مركز فولفيو بيرنارديني الرياضيمعلومات عامةسمّي باسم فولفيو برنارديني العنوان P.le Dino Viola 1, I-00128 Roma (بالإيطالية) المنطقة الإدارية روما البلد  إيطاليا موقع ال...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!