Lois I de Portugal

Modelo:BiografíaLois I de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1838 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1889 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Cascais, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de São Vicente de Fora Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
1861 – 1889 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Popular Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei, fotógrafo, militar Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque do Porto (1838–1865)
Rei de Portugal
Lista de príncipes de Saxe-Coburgo-Gota (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Pia de Saboia (1862–) Editar o valor en Wikidata
FillosCarlos I de Portugal, Afonso de Bragança, duque do Porto Editar o valor en Wikidata
PaisFernando II de Portugal Editar o valor en Wikidata  e María II de Portugal Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro V de Portugal
Infanta Maria of Portugal
João de Bragança, Duque de Beja
Maria Ana de Bragança, Princesa da Saxónia
Antónia de Bragança
Fernando Maria Luís de Bragança
Augusto de Bragança, Duque de Coimbra Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1104956 WikiTree: Bragança-16 Find a Grave: 9685764 Editar o valor en Wikidata
Retrato de Lois I de Portugal.
Ponte Don Lois I en Porto, Portugal

Lois I de Portugal,[1] alcumado o Popular, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1838 e finado en Cascais o 19 de outubro de 1889, foi rei de Portugal entre 1861 e 1889. Era ou segundo fillo da raíña María e do rei consorte Fernando, e foi Duque do Porto.

Traxectoria

Lois era un home culto, afeccionado a escribir poesía. Con todo, non posuía capacidades políticas, xa que se viu coroado trala morte dos seus dous irmáns Pedro e Fernando en 1861 como consecuencia dunha epidemia de cólera. O reinado de Lois caracterizouse por unha serie de cambios de goberno, formados en diversas ocasións polos liberais e outras polos conservadores. Durante o seu goberno, Portugal devaluouse en relación con outros países europeos en termos de educación, política, estabilidade, progreso tecnolóxico e estabilidade económica. En temas coloniais, a baía de Delagoa confirmouse como posesión portuguesa en 1875 mentres que as actividades belgas no Congo negaban a Portugal un terreo entre Angola e Mozambique.

A pesar dunha filtración coa sucesión española antes da Guerra franco-prusiana de 1870-1871, Lois foi sobre todo un home de ciencia, cunha especial paixón pola oceanografía. Investiu gran parte da súa fortuna en financiar barcos de investigación dedicados a recoller espécimes nos océanos do mundo. Foi o responsable da creación dun dos primeiros acuario do mundo, o Vasco da Gama en Lisboa, que segue aínda aberto ao público, incluíndo unha lura de 10 metros de longo. O seu amor polas ciencias e cousas novas foi pasado aos seus dous fillos.

O matrimonio de Lois e os seus descendentes

Lois I contraeu matrimonio o 6 de outubro de 1862 con María Pía de Savoia (16 de outubro de 1847 - 5 de xullo de 1911), filla de Vítor Manuel II de Italia e María Adelaida de Habsburgo. Eles tiveron dous fillos.

Nome Nacemento Morte Notas
O Príncipe Carlos 28 de setembro de 1863 1 de febreiro de 1908 Sucedeuno como Carlos I, o 33º (ou segundo algúns historiadores 34º) Rei de Portugal, asasinado en 1908 polos republicanos.
Afonso de Bragança, infante de Portugal 31 de xullo de 1865 21 de febreiro de 1920 Duque do Porto.
Predecesor:
Pedro V
Rei de Portugal
1861 - 1889
Sucesor:
Carlos I

Enfermidade e morte

Durante toda a súa vida, Lois foi un mullereiro. Mentres era solteiro e oficial naval frecuentaba as prostitutas e, tras ascender ao trono, tivo varias relacións extramatrimoniais, a máis famosa delas coa actriz Rosa Damasceno.[2]

Nalgún momento da súa vida contraeu sífilis, que nese tempo era incurable e non tiña un tratamento eficaz. En 1887, a enfermidade manifestouse e finalmente evolucionou cara á neuro-sífilis, que o matou tras un prolongado e atroz sufrimento, o 19 de outubro de 1889, antes dos 51 anos, na cidadela de Cascais.[3]

Notas

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 
  2. Saraiva, José António (2024). O Homem que Mandou Matar o Rei D. Carlos. Lisboa: Gradiva. pp. 74–75. ISBN 978-989-785-265-7. 
  3. Martins, Rocha (1926). D. Carlos: Historia do seu reinado. Lisboa: autor. pp. 149–156. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!