Miguel I de Portugal |
Nome orixinal | (pt) Miguel I |
---|
|
Nacemento | 26 de outubro de 1802 Lisboa, Portugal |
---|
Morte | 14 de novembro de 1866 (64 anos) Esselbach, Alemaña |
---|
Lugar de sepultura | Igrexa de São Vicente de Fora |
---|
|
Monarca de Portugal |
---|
28 de xuño de 1828 – 26 de maio de 1834 |
Grão-Mestre da Ordem Equestre e Militar de São Miguel da Ala (pt) |
---|
|
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada |
---|
|
Gran mestre da Orde da Inmaculada Concepción de Vila Viçosa |
---|
|
|
|
Outros nomes | O Rei-Absoluto |
---|
Relixión | Igrexa católica |
---|
|
Ocupación | monarca |
---|
|
Rango militar | Xeneralísimo |
---|
|
Título | Infante de Portugal (pt) (1802–1828) Duque de Beja (pt) (1802–1828) Rei de Portugal Senhor da Casa do Infantado (pt) |
---|
Familia | Casa de Bragança |
---|
Cónxuxe | Adelaide de Löwenstein-Wertheim-Rosenberg (1851–) |
---|
Fillos | Maria Assunção de Bragança, Maria de Jesus de Bragança, Maria Teresa de Bragança, arquiduquesa da Áustria, Maria José de Bragança, Aldegundes de Bragança, Duquesa de Guimarães, Maria Ana de Bragança, Grã-duquesa do Luxemburgo, Maria Antónia de Bragança, duquesa de Parma, Maria das Neves de Bragança, Miguel Januário de Bragança |
---|
Pais | Xoán VI de Portugal e Carlota Xoaquina de Borbón |
---|
Irmáns | Pedro I do Brasil Ana de Jesus Maria de Bragança María Isabel de Bragança María Francisca de Braganza Isabel Maria de Bragança, regente de Portugal Maria Teresa de Bragança Maria da Assunção de Bragança Francisco António |
---|
|
|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Miguel, Don Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
---|
|
Miguel I de Portugal (nome completo: Miguel Maria do Patrocínio João Carlos Francisco de Assis Xavier de Paula Pedro de Alcântara António Rafael Gabriel Joaquim José Gonzaga Evaristo de Bragança e Bourbon; 26 de outubro de 1802 - 11 de novembro de 1866), foi rei de Portugal dende o 11 de xullo de 1828 ata 26 de maio de 1834, cando foi derrotado polo seu irmán, Pedro IV, que defendía o trono da súa filla, María II de Portugal. Recibiu os alcumes de O Tradicionalista dos seus partidarios e dos seus adversarios, O Absolutista ou O Usurpador, en virtude de alegadamente ter arrebatado o trono da súa sobriña. Era o terceiro fillo de Xoán VI de Portugal.
Após loitas internas contra o Parlamento, derrotado, é exiliado en Austria. Para volver a Portugal, D. Miguel acepta entón ficar noivo da sobriña, D. María da Gloria e, para poder ser nomeado rexente en minoría de idade desta, xura a Carta Constitucional de 1826 ante a corte austríaca, coa "reserva de todos os seus dereitos" e expresa determinación de que esta fose previamente aceptado polos tres estados do reino, conforme o seu decreto de outorga. Á súa chegada a Lisboa D. Miguel repite, nos mesmos termos, o xuramento de fidelidade á Carta e da raíña, a súa prometida muller. Pouco despois, convoca a reunión dos tres estados do reino en Cortes, para decidir a sucesión no trono de Portugal.
O 23 de xuño de 1828, é proclamado rei polas Cortes Xerais do Reino, que anulan a vixencia da Carta Constitucional e repón as Leis constitucionais tradicionais. Foi recoñecido polo Papa, España e Estados Unidos de América, quedando as restantes potencias na expectativa, pero aceptando tratar co seu goberno mentres entidade que "de facto" exercía o poder político sobre a case totalidade do territorio nacional.
A non aceptación da decisión das Cortes Xerais polo seu irmán D. Pedro e os liberais desencadeou a Guerra Civil Portuguesa (1831-1834) entre miguelistas e pedristas. Na primavera de 1834, a guerra civil entra na fase decisiva. O 22 de abril, polo Tratado de Londres, Reino Unido e Francia deciden poñer fin ao reinado de D. Miguel en Portugal e ás pretensións de Carlos María Isidro de Borbón en España. Así, derrotado, D. Miguel é forzado a abdicar en favor de D. María II a través da Concesión de Évoramonte (26 de maio de 1834). Parte para o exilio, en xullo do mesmo ano, vivindo o resto da súa vida na Alemaña, onde casou coa princesa Adelaide de Löwenstein-Wertheim-Rosenberg, que lle deu seis fillas e un fillo, Miguel, Duque de Bragança.