Condado de Holanda
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Holanda .
O Condado de Holanda (en neerlandés Graafschap Holland ) foi un antigo condado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico que se estableceu no século X . En 1433 foi adquirido por Filipe o Bo , a así foi integrado nos Países Baixos borgoñóns , e despois nos Países Baixos españois , extinguíndose en 1573 .
Historia
Até o século IX , os habitantes do territorio holandés eran de procedencia frisoa , e a zona era parte de Frisia .
A finais do século IX , Holanda converteuse nun condado do Sacro Imperio Romano Xermánico .
O primeiro conde de Holanda que se coñece con certeza foi Teodorico I , que reinou desde 896 até 931 . Foi sucedido por unha longa lista de condes holandeses, que até o ano 1101 coñecéronse como condes de Frisia.
Cando o conde Xoán I morreu sen descendencia en 1299 , o condado foi herdado por Xoán II de Avesnes , conde de Hainaut .
Na época de Guillerme V (da Casa de Wittelsbach , 1354–1388), o conde de Holanda tamén foi o conde de Hainaut e de Zelandia .
Máis tarde, diversos enfrontamentos armados tiveron lugar até que Jacqueline I , condesa de Hainaut, se viu obrigada a ceder todas as súas posesións, incluíndo Holanda, ao seu primo Filipe III de Borgoña , coñecido como Filipe o Bo , en 1432 .
Como consecuencia, Holanda converteuse en parte dos Países Baixos borgoñóns e, máis tarde, en 1477 , pasou a formar parte das Dezasete Provincias dos Habsburgo (Países Baixos españois ).
No século XVI , o condado converteuse na rexión europea máis densamente urbanizada, coa maioría da poboación vivindo nas grandes urbes.
Nos Países Baixos españois, Holanda era a rexión dominante do norte; a influencia política de Holanda determinou en gran medida o dominio borgoñón sobre a zona.
O último conde de Holanda foi Filipe III , máis coñecido como Filipe II, rei de España . Foi deposto oficialmente en 1581 mediante a Acta de abxuración ,[ 1] pola que xurdiu a República das sete Provincias Unidas dos Países Baixos .
Porén, os monarcas hispánicos conservaron a intitulación de "condes de Holanda" até a paz de Münster , asinada en 1648 .
Historia posterior do territorio
Pola Acta de abxuración de 1581 , o rei Filipe II de España tivo que conceder a autonomía da República dos Sete Países Baixos Unidos , e o Condado de Holanda, que formaba parte dela como provincia, deixou de existir como estado independente.
Desde entón, o Condado de Holanda foi gobernado por un estatúder designado polos Estados Xerais dos Países Baixos . Oficialmente o Condado de Holanda continuou existindo até 1795 , cando o territorio das Sete Provincias foi transformado por Napoleón na República Bátava , república irmá da Primeira República francesa . O territorio do Condado foi dividido en catro departamentos: Amstel , Delft , Texel e Schelde en Maas .
Despois de 1813 , Holanda foi novamente unha provincia, esta vez do Reino Unido dos Países Baixos .
En 1840 o territorio foi dividido en dúas partes correspondentes ás actuais provincias neerlandesas de Holanda do Norte (Noord-Holland ) e Holanda do Sur (Zuid-Holland ).
Soberanos do Condado de Holanda
Os primeiros señores de Holanda que ostentaban o título de conde posuían a Frisia occidental ; pero o título de "conde de Holanda" aparece con Teodorico V .
Condes en Frisia occidental
833 -855 : Xerolfo I , conde en 839 no pagus de Westrachi ao leste do río Vlie .
885 -916 : Xerolfo II , conde en 885 no Kennemerland, morto ante de 916 , fillo ou neto do precedente.
916 -959 : Teodorico I (ou Dirk I), morto despois de 939 , probabelmente fillo do precedente.
959 -988 : Teodorico II (? 930 † 988), neto do precedente.
Casado con Hildegarda de Flandres, filla de Arnulfo I .
O 25 de agosto de 985 recibe do emperador Otón III todas as terras situadas entre os ríos Mosa e o Vlie .
988 -993 : Arnulfo (? 951 † 993), fillo do precedente.
Casado en 980 con Lutgarda, filla de Sigfrido de Luxemburgo .
993 -1044 : Teodorico III (980 † 1044), fillo do precedente.
Casado con Otelandis (993 † 1044), filla de Bernardo I, margrave de Nordmarck .
1044 -1049 : Teodorico IV († 1049),fillo do precedente.
1049 -1061 : Florencio I (1017 † 1061), irmán do precedente.
Casado contra 1050 con Xertrude de Saxonia , filla de Bernardo II Billung , e de Eilika de Schweinfurt. Morto sen descendencia.
En 1063 Xertrude de Saxonia casa con Roberto o Frisón que gobernou o Condado durante a minoría de idade de Teodorico V.
Condes de Holanda
1061 -1091 : Teodorico V (1052 † 1091), fillo do precedente, inicialmente baixo a rexencia de Roberto o Frisón, toma o título de "conde de Holanda".
Casado con Otelinda (ca. 1054 † 1124), probabelmente de Saxonia.
1091 -1122 : Florencio II o Gordo (1085 † 1121), fillo do precedente.
Casado contra 1113 con Petronila de Lorena (1086 † 1144), filla de Teodorico II , duque de Lorena, e de Edwige de Formbach.
1121 - 1157 : Teodorico VI (1114 † 1157), fillo do precedente.
Casado con Sofía de Luxembourg-Salm (1117 † 1176), herdeira de Bentheim, filla de Otón de Luxembourg-Salm, conde palatino do Rin, conde de Bentheim e de Rheineck, e de Xertrude, señora de Frisia.
Armas dos condes de Holanda
1157 -1190 : Florencio III (1141 † 1190), fillo do precedente.
Casado en 1162 con Ada de Escocia, filla de Henrique de Escocia, conde de Northumbria , e de Ada de Warrenne.
1190 -1203 : Teodorico VII († 1203), fillo do precedente.
Casado en 1186 con Adelaida de Clèves, filla de Arnaldo I , conde de Clèves, e de Ida de Lovaina.
1203 -1207 : Ada (1188 † 1223), filla do precedente.
Casada en 1203 con Lois II († 1218), conde de Looz.
Despois da morte de Teodorico VII, a súa filla Ada procurou tomar posesión do Condado; pero foi vencida por Guillerme, irmán do conde defunto.
1207 -1222 : Guillerme I (1167 † 1222), fillo de Florencio III, destrona á súa sobriña.
Casado:
en 1197 con Adelaida de Güeldres († 1218), filla de Otón I , conde de Güeldres e de Richardis de Wittelsbach.
en 1220 con María de Brabante († 1260), filla de Henrique I , e de Matilde de Boulogne e de Alsacia.
1222 -1234 : Florencio IV (1210 † 1234), fillo do precedente e de Adelaida de Güeldres.
Casado con Matilde de Brabante (1200 † 1267), filla de Henrique I , duque de Brabante , e de Matilde de Boulogne e de Alsacia.
1234 -1256 : Guillerme II (1227 † 1256), fillo do precedente, até 1240 baixo a tutela do seu tío Otón, bispo de Utrecht .
Foi elixido Rei de romanos o 3 de outubro de 1247 .
Casado en 1252 con Isabel de Brunswick († 1266), filla de Otón I o Neno , duque de Brunswick , e de Matilde de Brandeburgo.
1256 -1296 : Florencio V (1254 † 1296), fillo do precedente, toma Zelandia e intitúlase conde de Zelandia .
Casado en 1270 con Beatriz de Flandres († 1296), filla de Guido de Dampierre , conde de Flandres , e de Matilde de Béthune.
1296 -1299 : Xoán I (1284 † 1299), fillo do precedente.
Despois de Xoán I, os condes de Hainaut herdan os Condados de Holanda e de Zelandia.
Casa de Avesnes
1299 -1304 : Xoán II de Avesnes (1248 † 1304), igualmente conde de Hainaut (Xoán I ), fillo de Xoán de Avesnes e de Adelaida de Holanda, ela mesma filla de Florencio IV.
Casado en 1270 con Filipa de Luxemburgo (1252 † 1311), filla de Henrique V , conde de Luxemburgo , e de Margarida de Bar.
1304 -1337 : Guillerme III de Avesnes (1286 † 1337), conde de Hainaut (Guillerme I ) e de Holanda, fillo do precedente.
Casado en 1305 con Xoaana de Valois (1294 †1342), filla de Carlos de Valois , conde de Valois, e de Margarida de Anjou .
1337 -1345 : Guillerme IV de Avesnes (1307 † 1345), conde de Hainaut (Guillerme II ) e de Holanda, fillo do precedente.
Casado en 1334 con Xoana de Brabante , filla de Xoán III , duque de Brabante e de Limburgo , e de María d'Évreux.
1345 -1354 : Margarida I (1310 † 1356), condesa de Hainaut (Margarida II ) e de Holanda, irmá do precedente.
Casada en 1324 co emperador Lois IV de Baviera (1282 † 1347).
Casa de Wittelsbach
1354 -1358 : Guillerme V de Baviera (1330 † 1388), conde de Hainaut (Guillerme III ) e de Holanda a partir de 1356 , fillo da precedente, disputoulle á súa nai os condados de Holanda e de Zelandia que ela abandonou en 1354 .
Casado en 1352 con Matilde de Lancaster (1335 † 1362), filla de Henrique II , conde de Lancaster , e de Isabel de Beaumont.
1358 -1404 : Alberte I de Baviera (1336 † 1404) conde de Hainaut e de Holanda, irmán do precedente.
Casado:
Con Margarida de Brieg (1342 † 1386), filla de Lois de Silesia-Liegnitz , duque de Brieg, e de Inés de Goglau.
En 1394 con Margarida de Clèves (1375 † 1411), filla de Adolfo I de La Mark , conde de Clèves, e de Margarida de Juliers.
1404 -1417 : Guillerme VI de Baviera (1365 † 1417), conde de Hainaut e de Holanda, fillo do precedente e de Margarida de Brieg.
Casado en 1385 con Margarida de Borgoña , filla de Filipe II o Intrépido , duque de Borgoña , e de Margarida , condesa de Flandees .
1417 -1433 : Jacqueline de Baviera (1401 † 1436), condesa de Hainaut e de Holanda, filla do precedente.
Casada en 1418 con Xoán IV de Borgoña (1403 † 1427), duque de Brabante , fillo de Antonio de Borgoña e sobriño de Xoán sen Medo .
Recoñeceu en 1428 a Filipe o Bo como herdeiro dos seus dominios, que ela abandonou formalmente en 1433 .
Casa de Borgoña
Casa de Habsburgo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas