Carlos de Valois |
Nome orixinal | (fr) Charles de Valois |
---|
|
Nacemento | 12 de marzo de 1270 Vincennes, Francia |
---|
Morte | 16 de decembro de 1325 (Gregoriano) (55 anos) Nogent-le-Roi, Francia |
---|
Lugar de sepultura | Couvent des Jacobins de la rue Saint-Jacques (pt) |
---|
|
Conde de Anjou |
---|
|
Pretender to the Aragonese throne (en) |
---|
|
|
|
Ocupación | político, escritor |
---|
|
Familia | Casa de Capeto (pt) e Dinastía Valois |
---|
Cónxuxe | Mahaut of Châtillon (1308 (Gregoriano)–) Catarina de Courtenay (1301 (Gregoriano)–) Margarida de Anjou (1290 (Gregoriano)–) |
---|
Fillos | Jean de Valois () Catarina de Courtenay Isabelle of Valois, Duchess of Brittany () Margarida de Anjou Filipe VI de Francia () Margarida de Anjou Joana de Valois, Condessa de Hainaut () Margarida de Anjou Margarida de Valois () Margarida de Anjou Carlos II o Magnánimo () Margarida de Anjou Catarina de Valois-Courtenay () Catarina de Courtenay Joan of Valois, Countess of Beaumont () Catarina de Courtenay Isabelle of Valois () Catarina de Courtenay María de Valois () Mahaut of Châtillon Isabel de Valois, Duquesa de Bourbon () Mahaut of Châtillon Branca de Valois () Mahaut of Châtillon Louis of Valois () Mahaut of Châtillon |
---|
Pais | Filipe III de Francia e Isabel de Aragão, rainha de França |
---|
Irmáns | Margarida de Francia Branca de França, Duquesa da Áustria Lois de Évreux Louis of France Filipe IV de Francia |
---|
Parentes | Carlos IV de Luxemburgo, xenro |
---|
|
|
|
|
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Charles of Valois Encyclopædia Britannica |
---|
|
Carlos de Valois, nado en Vincennes o 12 de marzo[1] de 1270[2] e finado en Nogent-le-Roi o 16 de decembro de 1325, foi o terceiro fillo de Filipe III de Francia e de Isabel de Aragón. Fundou a Casa de Valois rama segundoxénita da Dinastía dos Capetos, a que ocuparía o trono de San Lois coa morte do seu sobriño Carlos IV e o ascenso do seu fillo máis vello, como Filipe VI de Francia.
Traxectoria
Foi armado cabaleiro aos 14 anos e investido como Rei de Aragón polo legado do Papa Martiño IV en 1284, quen declarou a Cruzada Aragonesa. Os seus dereitos sustentábanse no sangue real da súa nai. Ao mesmo tempo, o seu pai convertíao en Conde de Valois. Xamais puido ocupar o trono aragonés e renunciou ao título en 1295, nos termos do Tratado de Anagni.
Foi tamén conde de Anjou, de Maine e de Perche (tras o seu matrimonio en 1290) con Margarida de Anjou-Sicilia; do seu segundo matrimonio obtivo o título de Emperador titular de Constantinopla, (1301–1308), que ostentaría até a morte da súa muller, Catarina de Courtenay. casou en terceiras nupcias (1308) con Mahaut de Chatillon-Saint-Pol. Dos seus tres matrimonios tivo abundante descendencia.
Loitou en Italia en defensa do Papa en 1301, comandou dúas expedicións en Aquitania en nome do seu irmán Filipe IV (1268 e 1314), foi candidato a coroa do Sacro Imperio. Á morte do seu irmán, opúxose ao centralismo do seu sobriño, Lois X, encabezando á nobreza (1314–1315). Faleceu en Nogent-le-Roi e foi enterrado na igrexa dos Xacobinos de París.
Matrimonios e fillos
Contraeu matrimonio por primeira vez en 1290 con Margarida de Anjou-Sicilia (1274–1299), filla do rei Carlos II de Nápoles e María de Hungría. Deste matrimonio naceron:
- Isabel de Valois (1292–1309), casada co duque Xoán III da Bretaña.
- Filipe de Valois (1293—1350), primeiro rei da Casa de Valois, co nome de Filipe VI.
- Xoana de Valois (1294–1342), casada co conde Guillerme III de Hainaut, con quen tivo oito fillos.
- Margarida de Valois (1295–1342), casada con Guy de Châtillon, conde de Blois; tiveron fillos.
- Carlos de Valois (1297–1346), conde de Alençon e de Perche, casado en primeiras nupcias con Xoana de Joigny coa que non tivo descendencia, e en segundas coa infanta castelá María de la Cerda, con quen tivo varios fillos.
- Catarina de Valois (1299), morreu nova.
En 1302 casa novamente con Catarina de Courtenay (1274–1308), emperatriz titular de Constantinopla. Tiveron catro fillos:
Finalmente, en 1308, casou con Mahaut de Châtillon-Saint Pol (1293–1358), filla de Guy de Châtillon, Conde de Saint Pol, coa que tivo catro fillos:
Devanceiros
Devanceiros de Carlos de Valois
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Petit, Joseph (1900). Charles de Valois (en francés). Paris: A. Picard.
- Favier, Jean (1978). Philippe le Bel (en francés). Paris: Fayard.
- Bouillet, Marie-Nicolas; Chassang, Alexis (1878). "Charles de Valois". Dictionnaire universel d’histoire et de géographie (en francés).
Ligazóns externas
- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Carlos de Valois.
- «Carlos de Valois, o home que quixo ser rei desesperadamente», en historia-nostra.com (en francés).
|
---|
Emperadores do Imperio Latino | |
---|
Emperadores titulares do Imperio Latino | |
---|