A dinastía de Valois ou casa de Valois é unha rama da dinastía dos Capetos que reinou en Francia entre os anos 1328 e 1589 durante tres períodos distintos:
Os Valois directos (1328-1498).
Os Valois-Orleáns (ou segunda casa de Orleáns) (1498-1515).
Os Valois-Angulema (ou Valois-Orleáns-Angulema) (1515-1589).
Sucedeu aos Capetos directos e precedeu aos Borbóns.
Toma o seu nome do apanage (prerrogativa) do Condado de Valois dado a Carlos, fillo de Filipe IIIo Atrevido, rei de Francia e pai do rei Filipe VI. A rama orixinaria extinguiuse en 1498, pero tivo varias ramas sucesoras. Filipe VI subiu ao trono francés o ano 1328 tras a morte do seu primo Carlos IV de Francia sen deixar herdeiro varón.
A polémica sucesión fixo posíbel a pretensión ao trono dos reis de Inglaterra, que eran os señores feudais máis importantes de Francia. Iso orixinou a guerra dos Cen Anos, na que os Valois foron derrotados nun principio, até que o territorio sobre o que gobernaban quedou reducido a unha mínima expresión. O xogo de alianzas do resto das casas nobres, como a casa de Borgoña, independente na práctica, fixo o conflito interminábel. As campañas de Xoana de Arco cambiaron o destino da guerra, que deixou como misión sagrada da dinastía, tinxida de providencialismo, reunir baixo a súa soberanía a multiplicidade de entidades en que estaba dividido o territorio francés entre o río Rin e os Pireneos. Con Lois XI de Francia xa se consegue un poder real compatíbel co que serían no contexto europeo occidental as monarquías autoritarias.
Henrique III foi o último rei da casa de Valois. Sucédeo Henrique IV de Francia e III de Navarra, da casa de Borbón, calvinista que se converteu ao catolicismo guiado pola súa frase: París ben vale unha misa. Pacificou o reino co edicto de Nantes (liberdade relixiosa) e asina a paz con Filipe II de España. Ordena as finanzas e finalmente foi asasinado por un fanático católico que se sente traizoado polo seu rei. Os seus sucesores, sobre todo Lois XIV de Francia (que revogou o edicto de Nantes) terminarán asentando o modelo da monarquía absoluta.
En 1203Filipe II de Francia conquistou os territorios que tiña en Francia o rei inglés (daquela Xoán I), entre eles o Condado de Anjou, que pasou ao patrimonio da coroa francesa. En 1246Lois IX de Francia concedeu os Condados de Anjou e do Maine ao seu irmán Carlos, que se converteu no fundador da segunda casa de Anjou. Cos netos de Carlos, a dinastía dividiuse en varias ramas: os Anjou-Sicilia (rama principal que reinou en Nápoles), os Anjou-Durazzo, os Anjou de Hungría e os Anjou-Taranto.
O 30 de marzo de 1282 a cidade de Palermo, capital do Reino, rebelouse contra os franceses e masacrou a gornición de Carlos (Vésperas sicilianas). A rebelión estendeuse por toda a illa e os franceses foron expulsados. O pobo solicitou a axuda de Pedro III de Aragón, que foi coroado como rei de Sicilia, producíndose a división deste Reino entre o Reino de Sicilia peninsular, ou da Sicilia citeriorReino de Nápoles, baixo dominio anxevino, e o Reino de Sicilia insular (Reino de Sicilia, baixo dominio aragonés. Desde entón, Carlos e os seus descendentes só reinaron sobre o Reino de Nápoles.
A morte de Xoana I provoca unha guerra de sucesión entre o seu primo Carlos de Anjou-Durazzo e o seu fillo adoptivo Lois (pertencente á terceira casa de Anjou). Tras da morte de Lois en 1384, Carlos proclamouse rei. Mentres, os descendentes de Lois convértense en reis titulares.
Rama Anjou-Durazzo
A rama Anjou-Durazzo reinou sobre Nápoles tras a guerra de sucesión. O seu fundador foi Xoán I de Anjou, duque de Durazzo, fillo de Carlos II de Nápoles. Seu neto Carlos converteuse en rei de Nápoles tras a morte de Xoana I.
Xoana II morreu sen herdeiros, acabando con ela a rama Anjou-Durazzo. Nomeou herdeiro a Renato (I) de Anjou, neto do pretendente Lois (I) e, polo tanto, membro da terceira casa de Anjou.
Carlos I Roberto (1308 - 1342). Fillo de Carlos Martel de Anjou. Conseguiu obter o trono húngaro e someteu os poderosos nobres húngaros, poñendo orde no Reino.
Lois I (I de Polonia) (1342 - 1382). Fillo de Carlos Roberto. Foi un dos reis máis importantes do medievo húngaro. Durante a súa época o Reino estivo na súa "época dourada".
María I (1382 - 1385). Filla de Lois I e última herdeira directa dos Anjou en Hungría.
Carlos II de Hungría (Carlos III de Nápoles), pertencente á rama Anjou-Durazzo, que foi chamado pola nobreza húngara e proclamado rei de Hungría en 1385, xa que era o único parente varón de Lois I. Foi asasinado en 1386 polos nobres aliados da raíña consorte Isabel Kotromanić (viúva de Lois I).
Ladislau I de Nápoles (antirrei contra Sexismundo de Hungría). Fillo do asasinado Carlos II, reclamou o trono húngaro e foi coroado provisionalmente en Zarad en 1403. Aínda que nunca exerceu o poder en Hungría, non renunciou ao título de rei, que conservou até a súa morte en 1414. Ao non ser considerada a súa coroación como lexítima, este monarca non se conta oficialmente entre os reis húngaros.
Lois I (I de Hungría) (1370 - 1382). Reinou até a súa morte como rei de Polonia.
Heduvixes I (1382 - 1399). Ao non deixar herdeiros varóns o rei Lois I, a súa filla María I de Hungría herdou a coroa húngara e a súa filla Eduvixe a polaca; ambas as dúas contraeron matrimonio con influentes monarcas que eventualmente as desprazaron e fundarían novas dinastías (Sexismundo de Luxemburgo e Ladislau II Xaguellón, respectivamente).
Emperadores titulares do Imperio Latino (rama Anjou-Taranto)
Xaime de Baux (1373 - 1383). Por ser fillo de Francisco de Baux, non pertence directamente á casa de Anjou, pero era sobriño de Roberto e Filipe II de Taranto, e fillo de Margarida de Taranto, irmá de ambos.
Tras a morte de Xaime I, o título pasa a Lois de Anjou, pretendente ao trono de Nápoles e membro da terceira casa de Anjou, aínda que nin el nin os seus descendentes chegaron a usalo.
Bertier de Sauvigny, Guillaume de (2009): "Capítulo VI. La guerra de los Cien Años", en Historia de Francia. Madrid: Ediciones Rialp. ISBN 978-84-3213-716-7.
Cardini, Franco e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier. Col. Università/Storia. ISBN 88-00-20474-0.
Correnti, Santi (1999): Storia della Sicilia. Roma: Newton & Compton. ISBN 88-8289-264-6.