Xoana I de Nápoles

Modelo:BiografíaXoana I de Nápoles

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Giovanna I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1326 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1382 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Muro Lucano, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, asfixia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Clara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Príncipe de Acaia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Reinante Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Anjou-Sicilia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeOtto, Duke of Brunswick-Grubenhagen (1376 (Gregoriano)–)
Jacques IV de Majorque (1363 (Gregoriano)–)
Louis, Prince of Taranto (1346 (Gregoriano)–)
André, Duque da Calábria (1333 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosCharles Martel
 () André, Duque da Calábria
Catherine of Naples
 () Louis, Prince of Taranto
Frances of Naples
 () Louis, Prince of Taranto Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos de Calabria Editar o valor en Wikidata  e María de Valois Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría de Calabria
Charles Martel Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
A Cyclopaedia of Female Biography
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Anjou-337 Find a Grave: 10623144 Editar o valor en Wikidata

Xoana I de Nápoles, nada en Nápoles en 1326 e finada en 1382, foi raíña de Nápoles, condesa da Provenza e princesa de Acaia.

Traxectoria

Orixes familiares

Filla de Carlos de Calabria, duque de Calabria, e da súa segunda esposa María de Valois. Era neto por liña paterna do rei Roberto I de Nápoles e Violante de Aragón, e por liña materna do duque Carlos I de Valois e da condesa Margarida de Anjou.

Nupcias

Para tentar asegurar a sucesión da coroa casou catro veces, pero sen obter descendencia de ningún deles:

Ascenso ao trono

En 1328 o seu pai Carlos de Calabria morreu prematuramente. Como resultado deste feito, foi nomeada sucesora do Reino de Nápoles e en 1343, con só 17 anos, foi coroada raíña. Pola súa mocidade contou co apoio do papa Clemente VI, que mandou o cardeal Americo de Saint Martin que a coroase raíña en agosto de 1344 en Roma.

Conflito con Hungría

O asasinato do primeiro marido André de Hungría en 1345, probabelmente baixo as súas propias ordes, provocoulle a inimizade dos anxevinos do Reino de Hungría, que intentaron invadir o Reino de Nápoles e tivo que negociar a paz co Reino de Sicilia tras a invasión de Ramón de Peralta.[1] Só o seu segundo marido, Lois I de Taranto, conseguiu facerse coroar como rei consorte en 1353.

Cisma de Occidente

Durante o Cisma de Occidente, Xoana I apoiou o papado de Aviñón, e aliñouse co Reino de Francia adoptando como fillo e sucesor o Conde de Anjou Lois I de Anjou, fillo do rei Xoán II de Francia. Como resultado, o papa romano Urbano VI excomungou e retirou os reinos a Xoana, que orixinalmente foron concedidos á Primeira Dinastía Capetiana de Anjou-Sicilia e concedeullos a Carlos, duque de Durazzo.[2] Co apoio húngaro, Carlos de Durazzo invadiu o Reino de Nápoles e en 1381 capturou a raíña Xoana I.

Morte e guerra de sucesión no Reino de Nápoles

Despois de ser encarcerada, Xoana morreu esganada no castelo de San Fele o 22 de maio de 1382. Estalou unha guerra de sucesión entre o invasor Carlos, duque de Durazzo e o fillo do rei Lois I de Anjou, a quen Xoana adoptara anteriormente.

Notas

  1. "Ramon de Peralta". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. The Shorter Cambridge Medieval History (en anglès). 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!