Escudo de Carlos de Calabria
Carlos de Calabria , nado en Nápoles en 1298 e finado na mesma cidade en 1328 , foi príncipe de Nápoles e duque de Calabria .
Traxectoria
Orixes familiares
Fillo de Roberto I de Nápoles e da súa primeira esposa Violante de Aragón, era neto por liña paterna de Carlos II de Nápoles e María de Hungría , e por liña materna do conde-rei Pedro III de Aragón e Costanza de Sicilia .
Ao nacer foi nomeado duque de Calabria e príncipe de Florencia , títulos que o recoñecían como herdeiro do seu pai.
Matrimonios e descendentes
En 1316 casou con Catarina de Habsburgo , filla do rei Alberte I de Austria . Desta unión naceu:
A infanta María de Nápoles (1322 - 1328 ).
O 11 de xaneiro de 1324 casou, nun segundo matrimonio, con María de Valois , filla de Carlos I de Valois e irmá do rei Filipe VI de Francia e naceron:
A súa morte prematura o 10 de novembro de 1328 significou que os seus dereitos dinásticos fosen transferidos automaticamente á súa única filla sobrevivente, Xoana I de Nápoles.
Véxase tamén