O papaHadrián IV, inglés, concedera á monarquíaanglo-normanda a illa da Irlanda como unha posesión feudal en 1155 por unha bula pontificia (Laudabiliter), que permitiu á monarquía inglesa actuar como gobernante da illa. Isto foi confirmado polo seu sucesor, o Papa Alexandre III en 1172, mais nominalmente Irlanda era unha suserania papal. Coa excomuñón pola Igrexa do rei de InglaterraHenrique VIII en 1533, a posición constitucional do Estado inglés en Irlanda tornouse incerta. Henrique rompeu coa Santa Sé e proclamouse xefe da recentemente creada Igrexa Anglicana, a fin de obter unha anulación do casamento, que o papa Clemente VII rexeitara. Como consecuencia, Henrique deixou de recoñecer a soberanía da Igrexa Católica sobre Irlanda. Como solución para este problema, Henrique foi proclamado rei da Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de 1542 aprobada polo Parlamento irlandés.
Con todo, o novo reino non foi recoñecido polas monarquías católicas da Europa. A bula papal de 1555 nomeou María I como Raíña da Irlanda, recoñecendo así a conexión persoal coa Coroa da Inglaterra, no dereito canónico.
O Reino da Irlanda estaba gobernado por un executivo so o control dun Lord Deputy ou vicerrei, sendo cargo foi ocupado por altos nobres, como Thomas Radcliffe. A partir de 1688 o título pasou ser de Lord Lieutenant. Na ausencia dun Lord Deputy, os lores conselleiros gobernaban a parte da Irlanda baixo ocupación inglesa. Aínda que algúns irlandeses ocuparon o cargo, a meirande parte dos lord deputies foron nobres ingleses.
O reino era lexislado polo bicameral Parlamento de Irlanda, composto pola Cámara dos Lores e pola Cámara dos Comúns, e que case sempre se xuntaba en Dublín. Os poderes do Parlamento irlandés estaban restrinxidos a unha serie de leis, principalmente a Lei de Poyning de 1492. Os católicos e máis tarde os presbiterianos foron durante gran parte da súa historia excluídos da composición do parlamento. O parlamento do século XVIII reuniuse nun novo edificio, especialmente construído para abrigalo (o primeiro edificio especialmente construído para un parlamento bicameral en todo o mundo) en College Green, no centro de Dublín.