Lingua lorenesa

Lorenés
Outros nomes:Lorrain, gaumais
Falado en: Francia Francia
Bélxica Bélxica
Rexións: Lorena
Alsacia
Gaume
Total de falantes: Descoñecido
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoibérico
     Galorrománico
      Oïl
       Lorenés
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Lingua rexional endóxena en Bélxica.
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Lorenés, ao leste en verde claro.
Status

O lorenés está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua lorenesa ou lorenés[2] (lorrain) é unha lingua románica pertencente ao grupo das linguas de oïl falada maioritariamente na rexión da Lorena (Francia). O estado francés non a recoñece, como moitas outras linguas.

Localización

Fálase maioritariamente na rexión da Lorena (Francia), que fai fronteira con Alsacia polo oeste. A fronteira lingüística entre o lorenés e o alsaciano segue a delimitación entre as dúas rexións até a altura de Lutzelhouse, onde o lorenés se interna en territorio alsaciano, de xeito que tamén se fala en diversas zonas dos altos vales dos Vosgos e en Courtavon, ao extremo sur do país. Tamén son de fala lorenesa o val do Bruche, dende Lutzelhouse, o val do Giessen e a zona de Liepvre (variedade vosguesa). Na localidade de Sainte-Marie-aux-Mines, entre hai unha situación de bilingüismo co alsaciano. O número de parlantes do lorenés en Alsacia é duns poucos milleiros. O lorenés tamén se fala en determinadas zonas de Bélxica, especialmente na rexión do Gaume.

Normativización

Non conta con ningunha normativa aceptada en xeral.

O lorenés non ten ningún tipo de status oficial nin na alsacia nin na Lorena, mais Bélxica ten recoñecido recentemente ao idioma como lingua rexional de Valonia na súa variedade gaumais, que tamén se fala en comarcas dos departamentos franceses de Mosa e Ardenas.

Notas

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lorenés.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!