O gascón é a variedade máis occidental da lingua occitana, abondo diferente do resto dos dialectos do occitano, non só debido a un substrato vasco, se non que existen diferenzas léxicas, morfolóxicas e sintácticas propias do gascón que non se dan nos outros dialectos. Por estas diferenciacións algúns lingüistas afirmaron e afirman que se trata dunha lingua diferente[Cómpre referencia].
O gascón divídese en varios subdialectos entre os cales domina por tradición secular a variedade bearnesa (que na parte pirenaica presenta unhas peculiaridades que o afastan do occitano). Estas variedades pirenaicas presentan tendencias peculiares como o artigo eth (feminino era), a conservación posible do son [-a] final átono polo grafema -a final e, máis localmente, uns plurais femininos en [es]. O aranés, un subdialecto do gascón na zona pirenaica, transcribe xeralmente esta particularidade coa grafía -es no canto de -as). O bearnés, ademais das peculiaridades pirenaicas, presenta as mesmas variedades dialectais que o resto do gascón. A única discrepancia que existe hoxe en día é a maneira de escribir a lingua, habendo dúas formas distintas de grafías.
As principais variedades do gascón son:
Gramática, características léxicas e fonolóxicas
A morfoloxía é moi conservadora e o léxico posúe unha serie de palabras características.
Entre os préstamos procedentes do aquitano e do vasco antigo inclúense termos alusivos a plantas, animais, paisaxes, agricultura, clima e vida social.
Algunhas características léxicas e fonolóxicas:
- Nunha parte do territorio gascón (vales de Aspe e Barétous en Béarn) consérvanse as intervocálicas xordas, como nalgúns dialectos aragoneses (natau, do latín natale(m); réco de rica “rego, suco”.
- O latín f pasa a h: filium > hilh (“fillo”); farina > haria; flore > hlor ("flor")
- Como o galego e portugués, perda do -n- intervocálico: luna > lua ("lúa")
- redución de mb > m : celta cumba > coma (“vale”),
- Como no catalán, nd > n: vendere > béne “vender”);
- conservación de kw e gw como no ibero-romance (quando pasa a quan; xermánico wardon pasa a guardar “observar, gardar” (mentres que no resto dos dialectos occitanos desaparece o "u").
- Como o vasco, o gascón desenvolve unha vogal protética ante r- inicial: rota > arròda; *racimu > arrasim.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
|
|
- As linguas en cursiva son linguas extintas
- As linguas entre paréntese son variedades da lingua da súa esquerda.
|