Linguas retorrománicas

Linguas reto-románicas actuais.

As linguas retorrománicas forman un grupo de linguas romances da área alpina que segundo algúns autores representan o resto dunha área romance máis ampla que chegaba polo norte até o Danubio. Lingüisticamente, comparten características coas linguas occitano-románicas e galorrománicas. [1]

Clasificación

Distribución histórica das linguas reto-románicas.

Dentro das linguas románicas occidentais as variedades reto-románicas son un grupo bastante diverxente cuxa posición dentro do grupo romance occidental é difícil de precisar.

Desde o punto de vista léxico, constitúen unha das ramas máis diverxentes (deixando de lado o galorrománico e o sardo, que son aínda máis diverxentes).

A clasificación románica territorial e Ethnologue agrúpaas coas linguas galorrománicas, aínda que realmente o grupo reto-románico parece ter características de transición entre o galorrománico propiamente dito e o galo-itálico do norte de Italia. [2]

Clasificación interna

  • Friulano (furlan): falado na provincia italiana de Údine, ten o status de lingua rexional.
  • Variedades romanches (rumantsch), que inclúen as cinco variedades escritas que se falan en Suíza (no cantón dos Grisones). Na actualidade o número de falantes de todos estes dialectos reunidos é dunhas 40.000 persoas.
    • Sursilvano
    • Sutsilvano
    • Surmirano
    • Puter
    • Vallader
    • Interromanche (rumantsch grischun)
  • Dialectos ladinos (ladín): empregados nos Dolomitas (Italia), considéranse unha lingua rexional con varios dialectos, ten o status de lingua rexional.
    • Atesino
    • Agordino
    • Ampezzo
    • Cadorino
    • Ladino estándar
    • Nonés
    • Solandro
    • Trentino

Notas

  1. Beninca, Paola; Haiman, John (2005). The Rhaeto-Romance Languages. Routledge. ISBN 978-1-134-96548-9.
  2. Leonard, Clifford S. (1964). "Proto-Rhaeto-Romance and French". Language. 40 (1): 23–32. doi:10.2307/411921. JSTOR 411921.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!