O Gran Premio de Hungría de 1995 (oficialmente o XI Marlboro Magyar Nagydij) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 13 de agosto de 1995 no Hungaroring, Budapest. Foi a décima carreira da tempada de Fórmula Un de 1995. A carreira de 77 voltas gañouna o piloto de Williams Damon Hill despois de comezar desde a pole position. O seu compañeiro de equipo David Coulthard finalizou segundo e Gerhard Berger quedou en terceiro lugar para o equipo Ferrari.
Rubens Barrichello corría terceiro antes de que o seu motor morrese na última curva, e arrastrouse ata a liña de meta para quedar sétimo. O equipo Jordan esperaba no muro dos pits para celebrar o 3º posto, debido á superstición que seguiu a este incidente, nunca máis volveron ao muro antes de que terminase unha carreira.
Pedro Lamy substituíu a Pierluigi Martini en Minardi.
Taki Inoue foi atropelado por un auto de seguridade Tatra 623 mentres intentaba apagar un incendio no seu Footwork, este foi o seu segundo incidente nesta tempada, afortunadamente sufriu feridas leves.[1][2]