Zestoa (coñecida en castelán como Cestona) é un concello vasco pertencente á provincia de Guipúscoa e que forma parte da comarca da Costa do Urola.
En 2007 contaba cunha poboación de 3.410 habitantes.
Límites
A superficie do concello abrangue 43,69 km². Zestoa linda polo oeste co concello de Deba, polo norte con Zumaia e mais Aizarnazabal, polo oeste con Aia e polo sur con Azpeitia e Errezil.
Ekainberri, museo réplica da cova de Ekain, datada no Paleolítico Superior, cuxo orixinal está situado no concello de Deba. A reprodución foi inaugurada en setembro de 2008.
Outros
O río Urola atravesa o concello; é posíbel practicar o sendeirismo a través de camiños que seguen o río até a costa. Parte do territorio municipal está comprendido no Parque Natural de Pagoeta que se comparte co concello de Zarautz.