O seu termo municipal ten unha extensión de 9,77 km². Atópase a 32 km de Donostia. Está formado por dous barrios coñecidos como Altzo Azpi e Altzo Muño, que antigamente eran independentes e actualmente constitúen dous núcleos de poboación ben definidos. Tiña en 2015 unha poboación de 405 habitantes.