Getaria é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. No ano 2014 tiña 2 696 habitantes. É principalmente coñecida como destino turístico no País Vasco e por ser a vila natal do mariño Juan Sebastián Elcano, que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta. Tamén é famoso o seu chacolí, que posúe a categoría de Denominación de Orixe Getariako Txakolina dende o ano 1989.[1]