O significado do topónimo Aduna é escuro. A principal explicación ao respecto é a de que a verba aduna significaba antigamente o trigo novo en lingua éuscara. Esta acepción aparece mencionada no Diccionario Trilingüe: Castellano, Bascuence y Latín que realizou Manuel Larramendi en 1745.
Xeografía
Trátase dun pequeno concello rural cunha extensión de 6,9 km². A vila de Aduna sitúase nun outeiro que domina o val do río Oria. A Aduna chégase por unha estreita e empinada estrada á que se accede tras saír da autovía A-1.
O 7 de xuño de 1968 produciuse en Aduna o que se considera o primeiro atentado mortal realizado por ETA na súa historia. O atentado de Aduna produciuse cando o coche no que viaxaban dous membros de ETA, o histórico dirixente Txabi Etxebarrieta e Iñaki Sarasketa, foi detido pola Garda Civil de tráfico nun control de estrada á altura de Aduna. Temendo que foran descubertos, Txabi Etxebarrieta descendeu do coche disparando polo lombo ao garda civil José Pardines Arcay e rematándoo posteriormente. Pardines converteríase desa forma na primeira vítima oficial de ETA. Ese mesmo día, Etxebarrieta morrería abatido pola policía en Tolosa, converténdose á súa vez no primeiro militante de ETA que morría de forma violenta.
Administración
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Nas eleccións autonómicas celebradas en 2005, o partido máis votado foi o comunista e independentista Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista (EHAK), co 48,9% dos votos, seguido da coalición nacionalista vasca PNV-Eusko Alkartasuna, que obtivo un 38,5%, e o partido político Aralar, cun 9%.
A alcaldía estivo dende 2003 a 2007 en mans da agrupación local independente Adunako Elkarte Herritarra ('Agrupación popular de Aduna'), sendo a alcaldesa Arantza Aburuza Alkorta.
Isto deu como resultado a vitoria da esquerda abertzale con maioría absoluta, sendo de nova alcaldesa Arantza Aburuza Alkorta.
Nas eleccións municipais de 2011, só se presentou unha lista, a do Partido Popular. Rexistráronse 43 abstencións e 300 votos dos que 287 foron en branco, 12 para o Partido Popular e 1 nulo. Ao non acadaren o mínimo do 5% dos votos válidos (que inclúen os votos a unha candidatura e os brancos), a lista do PP non obtivo ningún concelleiro. Iso supón que non se constitúe nova corporación en 2011.
Os resultados das eleccións municipais de 2011 foron os seguintes (abstención 13,54%, votos en branco 95,99%):