O concello naceu en 1964 cando se fusionaron os concellos de Bidania e Goiatz, situados a 1 km de distancia. O termo municipal ten unha extensión de 13,37 km². Limita ao norte con Errezil, ao sur e oeste con Beizama e ao leste con Albiztur. Ten tamén un pequeno enclave ao norte de Itsasondo. En 2015 tiña 526 habitantes.