O Urola é un curto río guipuscoano de 59,3 km de lonxitude que verte as súas augas no mar Cantábrico.
Curso
O Urola nace en Brinkola, no monte Aizkorri e segue unha dirección xeral de curso sur-norte. Desemboca no litoral en Zumaia, no Golfo de Vizcaia . A área total da conca do río ocupa 364,1 km². Os tributarios principais do Urola son os ríos Ibaieder, Errezil, Altzolaras e máis Larrondo (ou Narrondo).
Concellos que atravesa
No seu camiño até a costa o Urola atravesa os municipios de Legazpi, Zumarraga-Urretxu, Azkoitia, Azpeitia, Zestoa, Aizarnazabal e Zumaia. De sur a norte o Urola crea as comarcas de Urola Garaia ou Alto Urola (Zumarraga) , Urola Erdia ou Urola Medio (Azpeitia) e máis Urola Kosta ou Costa do Urola (Zumaia).