O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Portugal, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Portugal ratificou o convenio o 30 de setembro de 1980.[3]
En 2023, había 17 sitios Patrimonio da Humanidade en Portugal, con outros 18 na lista provisional. Os catro primeiros sitios catalogados en Portugal foron o Mosteiro dos Jerónimos e a Torre de Belém en Lisboa, o Mosteiro de Batalha, o Convento de Cristo en Tomar e a cidade de Angra do Heroísmo, en 1983. As incorporacións máis recentes á lista foron o Santuario do Bom Jesus do Monte en Braga e o Real Edificio de Mafra co seu parque de caza en 2019.[3] Un dos sitios, a Laurisilva, atópase na illa de Madeira e é o único sitio natural de Portugal, sendo os outros culturais. Dous sitios están situados no arquipélago dos Azores. Os sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde son compartidos con España, polo que é o único sitio transnacional de Portugal.[3]
* Lugar transnacional
Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[22] No ano 2023, Portugal tiña 18 lugares na súa lista de candidatos.[3]