O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Islandia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Islandia ratificou a convención o 19 de decembro de 1995, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
En 2023, tiña tres sitios inscritos na lista. O primeiro sitio engadido á lista foi o Parque Nacional de Þingvellir, en 2004. Engadíronse outros dous sitios máis tarde, Surtsey en 2008 e o Parque Nacional Vatnajökull en 2019.[4] Þingvellir é un sitio cultural, mentres que os outros dous son sitios naturais.[4]
Ademais dos seus sitios Patrimonio da Humanidade, Islandia tamén mantén seis sitios na súa lista de candidatos. O sitio de Þingvellir figura na lista provisional dúas veces, como unha proposta para ampliar o sitio cultural para incluír o patrimonio natural, e como parte dunha nova candidatura transnacional para cubrir o patrimonio viquingo.[4]
Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[11] No ano 2023, Islandia tiña seis lugares na súa lista de candidatos.[4] * Lugar transnacional