Localización dos sitios da Grecia continental e illas inscritos na lista do Patrimonio Mundial
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Grecia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área.
Actualmente hai 18 sitios Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Grecia.[3] Deles, 16 están inscritas en base a criterio "cultural", mentres que os dous restantes (Monte Athos, Meteora) están inscritos para cumprir criterios "culturais" e "naturais". Cinco dos sitios están situados en illas, un atópase entre as illas e terra firme, os 12 restantes están exclusivamente en terra firme. Este primeiro sitio que se inscribiu foi o Templo de Apolo en Bassae en 1986, o máis recente é o Filipos, inscrito en 2016. Hai 14 sitios adicionais na lista tentativa.
Sitios do Patrimonio Mundial
Na táboa recóllese información sobre cada sitio Patrimonio da Humanidade:
Unha gran colección de obras mestras arquitectónicas pero perfectamente equilibradas en harmonía coa paisaxe natural, a Acrópole de Atenas é unha das expresións máis importantes da estética grega clásica. Foi completado cara ao século V a.C e exerceu dende entón unha profunda influencia na arquitectura a nivel mundial.[4]
A antiga cidade de Aigai foi a primeira capital do Reino de Macedonia. Ademais do monumental palacio, amplamente decorado con mosaicos e estucos pintados, o sitio contén un cemiterio con máis de 300 túmulos, un dos cales foi identificado como o de Filipo II de Macedonia, pai de Alexandre o Grande.[5]
O santuario panhelénico de Delfos, localización do oráculo de Apolo, foi o centro espiritual do mundo grego. Situado nun espazo natural espectacular ao pé do monte Parnaso, foi un símbolo da unidade cultural grega desde o século VIII a.C..[6]
A coñecida como "a Marabilla do Morea", a moi ben conservada cidade medieval de Mistras desempeñou un papel central nos últimos anos do Imperio Bizantino. Construída sobre un escarpado outeiro ao pé do monte Taigeto, foi o último bastión bizantino en caer ante o Imperio Otomán resistindo ata 1461.
O sitio de Olimpia, construído nas marxes do río Alfeios no Peloponeso, foi o lugar dos Xogos Olímpicos da Antigüidade a partir do 776 a.C. Ademais de numerosos templos e santuarios, contén os restos de varias estruturas deportivas, como o seu famoso estadio.
Micenas e Tirinos foron dúas das cidades máis importantes da Grecia micénica, que floreceu entre os séculos XV e XII a.C. A porta dos leóns e o Tesouro de Atreus en Micenas foron listados como "exemplos destacados do xenio creativo humano".
O lugar de nacemento de Apolo e de Artemisa segundo a mitoloxía grega, a illa sagrada de Delos foi un dos santuarios panelenísticos máis importantes. O santuario de Apolo en Delos atraeu a peregrinos de toda Grecia, convertendo a Delos nun próspero porto comercial.
A Orde de San Xoán de Xerusalén ocupou Rodas dende 1309 ata 1523 e comezou a transformar a cidade nun bastión. Posteriormente pasou a estar baixo o dominio turco e italiano. Co Palacio dos Grandes Mestres, o Gran Hospital e a rúa dos Cabaleiros, a Cidade Alta é un dos conxuntos urbanos máis fermosos da Época gótica. Na Cidade Baixa, a arquitectura gótica convive con mesquitas, baños públicos e outros edificios do período Otomán.
Aínda que xeograficamente distantes entre si, estes tres mosteiros pertencen á mesma serie tipolóxica e comparten as mesmas características estéticas. As igrexas están construídas sobre un plano cruzado cunha gran cúpula apoiada por esquinches definindo un espazo octogonal. Nos séculos XI e XII foron decorados con soberbios traballos de mármore, así como mosaicos sobre fondo de ouro, todo característico da 'segunda época dourada da arte bizantina'.
A cidade vella de Corfú, na cidade de Corfú, na illa de Corfú fronte ás costas occidentais de Albania e Grecia, está situada nunha posición estratéxica á entrada do Mar Adriático, e ten as súas raíces no século VIII a.C. Os tres fortes da cidade, deseñados por recoñecidos enxeñeiros venecianos, foron usados durante catro séculos para defender os intereses comerciais marítimos da República de Venecia contra o Imperio Otomán. Ao longo do tempo, as fortalezas foron reparadas e reconstruídas en parte varias veces, máis recentemente baixo o dominio británico no século XIX. O parque de vivendas principalmente neoclásico da cidade vella é en parte do período veneciano e en parte de construción posterior, principalmente do século XIX. Como porto mediterráneo fortificado, o conxunto portuario e urbano de Corfú destaca polo seu alto nivel de integridade e autenticidade.
Fundada no 315 a.C., a capital provincial e o porto marítimo de Tesalónica foi unha das primeiras bases para a propagación do cristianismo. Entre os seus monumentos cristiáns atópanse belas igrexas, algunhas construídas en planta de cruz grega e outras en planta da basílica de tres naves. Construídas durante un longo período, entre o séculos IV e o XV, constitúen unha serie tipolóxica diacrónica, que tivo unha influencia considerable no Imperio Bizantino.
Moitas civilizacións habitaron esta pequena illa do mar Exeo, preto de Asia Menor, dende o III milenio a.C. Aínda se poden ver os restos do Pitagoreo, un antigo porto fortificado con monumentos gregos e romanos e un espectacular acueduto de túnel, así como o Hereo, o templo de Hera en Samos.
Nun pequeno val do Peloponeso, o santuario de Asclepio, o deus da medicina, desenvolveuse a partir dun culto moito máis antigo a Apolo, durante o século VI a.C., como máximo, o culto oficial do estado da cidade de Epidauro. Os seus principais monumentos, en particular o templo de Asclepio, o Tholos e o Teatro, considéranse como unha das obras mestras máis puras da arquitectura grega, datan do século IV. O amplo sitio, cos seus templos e edificios hospitalarios dedicados aos seus deuses curativos, proporciona unha valiosa visión dos cultos curativos da época grega e romana.
Este famoso templo ao deus da curación e o sol construíuse cara a mediados do século V a.C. nas alturas solitarias das montañas de Arcadia. O templo, que é o máis antigo da orde corintia aínda atopado, combina o estilo arcaico e a serenidade da orde dórica con algunhas atrevidas características arquitectónicas.
Nunha rexión de picos de pedra arenita case inaccesibles, os monxes asentáronse nestas "columnas do ceo" a partir do século XI en diante. Construíronse vinte e catro destes mosteiros, a pesar de dificultades incribles, no momento do gran rexurdimento do ideal eremita no século XV. Os seus frescos do século XVI marcan unha etapa clave no desenvolvemento da pintura post-bizantina.
Centro espiritual ortodoxo desde 1054, o monte Athos gozou dun estatuto autónomo desde tempos bizantinos. A "Montaña Santa", que está prohibida a mulleres e nenos, é tamén un recoñecido sitio artístico. O deseño dos mosteiros (uns 20 habitados actualmente por uns 1.400 monxes) tivo unha influencia tan distante como Rusia, e a súa escola de pintura influíu na historia da arte ortodoxa.
Os restos desta cidade amurallada atópanse ao pé dunha acrópole na rexión actual de Macedonia Oriental e Tracia, na antiga ruta que unía Europa e Asia, a Vía Egnatia. Fundada no 356 a.C. polo rei macedonio Filipo II, a cidade desenvolveuse como unha "pequena Roma" co establecemento do Imperio Romano nas décadas posteriores á Batalla de Filipos, no 42 a.C. O teatro e heroón funerario (templo) helenístico complementáronse con edificios romanos como o foro. Máis tarde, a cidade converteuse en centro da fe cristiá, logo da visita do Apóstolo Paulo no 49-50 a.C. Os restos da súa basílica constitúen un testemuño excepcional do inicio do cristianismo.