Monte Parnaso

Modelo:Xeografía físicaMonte Parnaso
(el) Παρνασσός Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaFtiótida, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°31′59″N 22°37′00″L / 38.533, 22.6167
CordilleiraMontes Pindo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.455 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.590 m Editar o valor en Wikidata

O monte Parnaso (ou simplemente Parnaso, do grego antigo Παρνασσός Parnassós) é unha montaña do centro de Grecia, situada sobre o santuario de Delfos. Particularmente venerada durante a antigüidade, estaba consagrada á vez ao deus Apolo e ás nove Musas, das que era unha das súas dúas residencias. É un dos dez parques nacionais de Grecia.

Mide 2460 de altura e está situado no nomo de Ftiótide, na periferia de Grecia Central.

O nome

A orixe do seu nome é probabelmente prehelénica. Así nos arquivos hititas consta un nome anatolio comparábel: Parnašša que parece derivado do hitita e do luvita parna que significa casa ou morada. Parecera que primitivamente o curuto do Parnaso, como o do monte Olimpo, estivese considerado como un alto lugar de culto da hierogamia do Ceo (Zeus, asociado a Urano, divindade primeira do ceo) e da Terra (Gaia), posto que se sabe que o santuario de Delfos estivo primeiro consagrado a Gaia, andes de estalo a Apolo.

Nas Metamorfoses de Ovidio é no cumio desta montaña, o único lugar da terra que as augas non cubriron, despois do diluvio provocado polos deuses, onde atraca a embarcación de Deucalión[1].

Por outra banda, o monte Parnaso aparece evocado brevemente na Odisea de Homero como o lugar onde o heroe Ulises foi ferido por un xabarín na súa xuventude[2].

Notas

  1. Metamorfoses I. 318-319
  2. Homero: Odisea XIX 392-394.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!