A orde dórica é un termo arquitectónico que se refire as normas canónicas creadas na Grecia antiga para rexer a construción dos edificios e en particular os templos. É unha das tres, e a máis antiga, das ordes clásicas da arquitectura grega, xunto coa xónica e a corintia, e tamén é a máis sobria dende o punto de vista decorativo. A súa antigüidade non está clara pois.
De xeito xeral, acéptase a idea de Vitrubio de que a súa orixe provén da adaptación á pedra (mármore, normalmente) das anteriores construcións de madeira.[1] Apareceu entre finais do século VII antes de Cristo, e o século VI a.C.[2], no Peloponeso estendéndose sobre todo por Occidente por mor do proceso colonizador.[3]
Características
Entre as principais características destacan as seguintes:
A columna non ten base senón que o fuste arrinca directamente da estilóbata, que é o chanzo superior da crepidoma (plataforma que, normalmente, consta de tres chanzos: os dous primeiros denomínanse estereóbata e o superior estilóbata).
O fuste é estriado con arestas vivas. O tamaño total da columna nunca superan os dezaseis módulos, adoitando ter entre oito e trece. O diámetro non é constante senón que vai diminuíndo en altura. Adoita presenta éntase, que é unha corrección óptica pola que na parte central presenta un ensanchamento para que non a distancia non se perciba unha certa concavidade senón que se presente perfectamente recto.[4] As dimensións das columnas refírense ao módulo, que é a medida que ten o radio na base da columna onde, normalmente, é maior.
O arquitrabe, unha trabe grosa e lisa que percorre todo o aliñamento das columnas.
O friso está decorado por unha alternancia de tríglifos e métopas. Para algúns autores, os tríglifos poden ser unha reminiscencia das cabezas das trabes de madeira que cargaban sobre o arquitrabe cando os templos eran de madeira, antes de realizarse en pedra. Aparentan tres estrías verticais, mentres as métopas adoitan amosar esculturas con episodios mitolóxicos en altorrelevo.
A cornixa remata a orde arquitectónica cunha estrutura que voa.
Fernández Uriel, Pilar (2014). Historia antigua universal II. El mundo griego(edición dixital)|format= require |url= (Axuda). Madrid: UNED. ISBN978-84-362-6837-9.
Lajo, Rosina (2001). Léxico de arte (4ª ed.). Madrid: Akal. ISBN84-460-0924-2.
Spawforth, Tony (2007). Los templos griegos. Col. Grandes temas. Madrid: Akal. ISBN978-84-460-2569-6.