Orde arquitectónica, na arquitectura chamada clásica refírese a clasificación do estilo dos edificios na Grecia antiga en tres ordes, logo utilizados polos romanos da antigüidade que lle engadiron dúas. As medidas das diferentes partes dun edificio están en relación coas proporcións do conxunto da obra. As regras das proporcións da beleza a medida do home[1] propia dos gregos antigos, serán cambiadas en cada etapa histórica. Arquitectos e teóricos da arquitectura interpretarán ao longo do tempo estas regras. Paseniño a referencia ás ordes clásicas só se refire en termos de estilo ao aspecto decorativo e non ás regras primitivas das proporcións. Así estas normas serviron de referencia e foron imitadas noutras épocas na arquitectura occidental, atópanse con frecuencia nos estilos chamados neoclásicos. Ocorre que noutras civilizacións tamén se usa a expresión.
De xeito xenérico, o concepto de orde arquitectónica non se cingue exclusivamente á forma da columna senón que abrangue tamén ao entaboamento.[2]
Definición
As ordes arquitectónicas da Grecia antiga son sistemas canónicos de relacións fixas do conxunto dos elementos arquitectónicos articulados para formar unha unidade orgánica do edificio, tendo en conta a relación proporcional dos devanditos elementos, referido a un módulo.[3] A arte grega é herdeira das civilizacións mais antigas. O módulo é a unidade de medida que serve para establece-las proporcións entre as distintas partes do edificio. A arquitectura da Grecia antiga leva tres ordes:
Na arquitectura do antigo Exipto cóntanse seis tipos de columnas. Unhas relacionadas coa flora como a palmiforme, a lotiforme e a papiriforme; tamén sería a columna hathórica, aquela que se atopa nos templos dedicados á deusa Hathor; a protodórica[4], denominada así por prefigurar a orde dórica grega e, finalmente, a orde campaniforme.
A arquitectura fíxose a medida do home diferenciándose así da herdanza exipcia.[1]
Roma e o imperio romano
Roma, herdeira dos gregos e dos etruscos, engade dúas ordes, crea modelos arquitectónicos e espallaos polas súas provincias contribuíndo á cohesión do imperio. O arquitecto romano Vitruvio que viviu no século I a.C foi autor dun famoso tratado de arquitectura, o único escrito de arquitectura que nos chegou da Antigüidade.
Influencia das ordes clásicas na arquitectura posterior
No ano 1562, Vignola publicou un tratado titulado Regola delli Cinque Ordini d'Architettura[5] no que estudaba e sistematizaba as ordes clásicas establecendo os seus módulos e proporcións canónicas e definindo, con moito detalle, as súas medidas e os sistemas xeométricos de trazado para poderen ser empregados polos seus contemporáneos.
En Galicia
A igrexa de San Martiño Pinario, mosteiro do renacemento galego leva pilastras xónicas nos muros da nave central e influencias das ordes arquitectónicas romanas noutras partes do mosteiro.[6]