Galio
|
|
|
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
|
Liñas espectrais do Galio
|
Información xeral
|
Nome, símbolo, número
|
Galio, Ga, 31
|
Serie química
|
Metal do bloque p
|
Grupo, período, bloque
|
13, 4, p
|
Densidade
|
5904 kg/m3
|
Dureza
|
{{{dureza}}}
|
Aparencia
|
branco prateado
|
N° CAS
|
|
N° EINECS
|
|
Propiedades atómicas
|
Masa atómica
|
69,723(1)[1] u
|
Raio medio
|
130 pm
|
Raio atómico (calc)
|
136 pm
|
Raio covalente
|
126 pm
|
Raio de van der Waals
|
187 pm
|
Configuración electrónica
|
[Ar]3d10 4s2 4p1
|
Electróns por nivel de enerxía
|
|
Estado(s) de oxidación
|
3
|
Óxido
|
anfótero
|
Estrutura cristalina
|
ortorrómbica
|
Propiedades físicas
|
Estado ordinario
|
Sólido
|
Punto de fusión
|
302,91 K
|
Punto de ebulición
|
2477 K
|
Punto de inflamabilidade
|
{{{P_inflamabilidade}}} K
|
Entalpía de vaporización
|
258,7 kJ/mol
|
Entalpía de fusión
|
5,59 kJ/mol
|
Presión de vapor
|
9,31 × 10-36
|
Temperatura crítica
|
K
|
Presión crítica
|
Pa
|
Volume molar
|
m3/mol
|
Velocidade do son
|
2740 m/s a 293.15 K (20 °C)
|
Varios
|
Electronegatividade (Pauling)
|
1,81
|
Calor específica
|
370 J/(K·kg)
|
Condutividade eléctrica
|
6,78 x106 S/m
|
Condutividade térmica
|
40,6 W/(K·m)
|
1.ª Enerxía de ionización
|
578,8 kJ/mol
|
2.ª Enerxía de ionización
|
1979,3 kJ/mol
|
3.ª Enerxía de ionización
|
2963 kJ/mol
|
4.ª Enerxía de ionización
|
{{{E_ionización4}}} kJ/mol
|
5.ª Enerxía de ionización
|
{{{E_ionización5}}} kJ/mol
|
6.ª Enerxía de ionización
|
{{{E_ionización6}}} kJ/mol
|
7.ª Enerxía de ionización
|
{{{E_ionización7}}} kJ/mol
|
8.ª enerxía de ionización
|
{{{E_ionización8}}} kJ/mol
|
9.ª Enerxía de ionización
|
{{{E_ionización9}}} kJ/mol
|
10.ª Enerxía de ionización
|
{{{E_ionización10}}} kJ/mol
|
Isótopos máis estables
|
|
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.
|
O galio é un elemento químico da táboa periódica dos elementos de número atómico 31 e símbolo Ga.
Características principais
O galio é un metal brando, agrisado en estado líquido e prateado brillante ao solidificar, sólido deleznable a baixas temperaturas que funde a temperaturas próximas á da ambiente (coma o cesio, o mercurio e o rubidio). O rango de temperatura no que permanece líquido é un dos máis altos dos metais (2174 °C separan os seus puntos de fusión e ebulición) e a presión de vapor é baixa ata altas temperaturas. O metal expándese un 3,1% ao solidificar e flota no líquido do mesmo xeito que o xeo na auga.
Presenta unha acusada tendencia a subenfriarse por baixo do punto de fusión, permanecendo aínda en estado líquido. A cristalización non se produce en ningunha das estruturas simples; a fase estable en condicións normais é ortorrómbica, con 8 átomos en cada cela unitaria na que cada átomo só ten outro na súa veciñanza máis próxima a unha distancia de 2,44 Å e estando os outros seis a 2,83 Å. Nesta estrutura o enlace químico formado entre os átomos máis próximos é covalente sendo a molécula Ga2 a que realmente forma o armazón cristalino.
Historia
O seu nome procede do latín Gallia, "Francia", onde foi descuberto[2] mediante espectroscopia por Lecoq de Boisbaudran en 1875 polo seu característico espectro (dúas liñas ultravioletas) ao examinar unha lámina de zinc procedente dos Pireneos. Ese mesmo ano illouno por electrólise do hidróxido nunha solución de hidróxido potásico (KOH).
Aplicacións
A principal aplicación do galio (arseniuro de galio) é a construción de circuítos integrados e dispositivos optoelectrónicos como díodos láser e LED.
Abundancia e obtención
Áchanse trazas do metal en minerais coma a bauxita, o carbón, o diasporo, a xermanita e esfalerita, e obtense coma subproduto nos procesos de obtención de varios metais.
Precaucións
Debido á expansión ao solidificarse o líquido, non se debe almacenar en recipientes ríxidos (metálicos ou de vidro) nin encherse o recipiente totalmente con galio líquido.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Táboa periódica dos elementos" (PDF). Consello da Cultura Galega, Xunta de Galicia, Real Academia Galega de Ciencias, Real Academia Galega e Ciencia Nosa. 2019.
- Bermejo, M. R.; González, A.; Vázquez, M. (2006). O nome e o símbolo dos elementos químicos (PDF). Xunta, Secretaría Xeral de Política Lingüística e CRPIH. ISBN 978-84-453-4325-8.
- Bermejo, M. R.; González, A.; Maneiro, M. (2018). Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións. Xunta de Galicia e CRPIH. ISBN 978-84-453-5297-7.
Ligazóns externas