Falar de espectro referíndose a un fenómeno ondulatorio como o é a radiación electromagnética (EM), significa falar en termos de frecuencia de oscilación, longura de onda ou enerxía de fotón. Así o espectro electromagnético é un mapa, unha clasificación da radiación EM segundo estes parámetros.
Por outra banda o espectro EM pódese clasificar do mesmo xeito con calquera destes tres parámetros, que gardan unha relación de proporcionalidade entre eles. Deste xeito tense que,
onde é a frecuencia medida en Herzios (Hz), é a longura de onda medida en múltiplos e submúltiplos do metro, E é a enerxía medida en Joule (J) -aínda que se adoita ofrecer tamén, por simplicidade, en electrón-voltios (eV)-, e finalmente h é a constante de Planck.