O electrón, designado como e-, é unha partícula elemental estable, pertencente á clase dos leptóns coa carga negativa máis pequena que existe na natureza (1,602*10−19C). dita carga recibe o nome de carga elemental xa que calquera carga eléctrica separable está composta por un número enteiro delas.
A súa lonxitude de onda a 1 eV é da orde de 1,22 nm, que asemella á dos raios X; as súas propiedades ondulatorias empréganse na determinación de estruturas cristalinas, a determinación de materiais e en microscopios electrónicos. As propiedades químicas dos átomos veñen determinadas pola súa estrutura electrónica (distribución dos electróns na zona exterior do átomo chamada cortiza electrónica, ou tamén capa electrónica) e máis en particular polos que se atopan na última capa, tamén chamada capa de valencia, en xeral sen completar, ós que se lles chama electróns de valencia, que son os que fan que o átomo emita ou son os beneficiarios da radiación recibida nos espectros. A enerxía necesaria para desprender un electrón dun átomo pódese dar por medio de
enerxía luminosa, debido o efecto fotoeléctrico, en forma de raios X ou raios corpusculares. Actualmente sábese que o electrón non é indestrutible, pois dita destrución pode vir dada polo choque contra un positrón, caso no que a enerxía en repouso das partículas pasa ó cuanto da radiación, que deste xeito ten orixe. Pode nacer un electrón acompañado polo positrón por medio dun cuanto de radiación suficientemente rico en enerxía no campo da outra partícula que ha de recibir a diferenza dos impulsos. Tamén se produce un electrón no núcleo atómico cando un neutrón se converte en protón. Os electróns así emitidos producen os chamados raios beta.
Os dous electróns que están no mesmo orbital chámanse emparellados, mentres que se hai só un nun orbital chámase desemparellado [1].