A física de partículas ou física de altas enerxías é a parte da física que estuda os compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles.[1] As partículas elementais integran un amplo intervalo posible de masas.[2]
As partículas fundamentais subdivídense en bosons (partículas de spin enteiro coma por exemplo 0, 1, 2...) e fermións (partículas de spin semienteiro coma por exemplo 1/2 ou 3/2). As forzas fundamentais da natureza son transmitidas polos bosóns.
Considéranse catro tipos de forzas ou interaccións fundamentais:
Algunhas teorías fundamentais predín a existencia doutros bosóns máis pesados coma o bosón de Higgs (ás veces varios) que dotaría de masa ás partículas fundamentais.
Os compoñentes básicos da materia son fermións, incluíndo protón, neutrón, e electrón. Destes, só o electrón é realmente elemental. Os outros dous están compostos de partículas máis pequenas (quarks) unidos pola interacción forte. Os fermións elementais existen en catro variedades básicas, e cada unha delas clasifícase en tres xeracións con diversas masas:
As partículas agrúpanse en xeracións. Existen tres xeracións. A primeira está composta polo electrón, o seu neutrino e os quarks up e down. A materia ordinaria está composta por partículas desta primeira xeración. As partículas doutras xeracións desintégranse en partículas das xeracións inferiores.
Os leptóns existen ceibes. Con todo, os quarks só existen en grupos sen cor debido a que os gluóns teñen unha carga de cor. Estes grupos están formados por dous (mesóns) ou tres (barións) quarks. O protón e o neutrón son algúns dos barións existentes. O pión é un dos mesóns máis importantes.
A liña temporal da física de partículas lista a secuencia das teorías e descubrimentos en orde cronolóxica.