Na física de partículas, os quarks son fermións de spin 1/2 que forman xunto ós leptóns a materia visible.
Tipos
Hai seis tipos ou "sabores[1]" distintos de quarks que os físicos nomearon do seguinte xeito: "up" (arriba), "down" (abaixo), "charm" (encantado), "strange" (estraño), "top" (cume) e "bottom" (fondo), ademais dos correspondentes antiquarks.
É un tipo de partícula elemental, que compoñen outras partículas subatómicas, coma o protón e o neutrón, e que non existen de maneira illada.
Os quarks non se atopan ceibes na natureza senón formando hadróns, estes divídense en dous tipos:
Amais dunha carga eléctrica fraccionaria de -1/3 ou +2/3, os quarks teñen outra carga de cor, que non ten nada que ver coa cor real destas partículas, e que mantén unidos aos quarks a través da forza forte, ademais de se-la responsable da formación destes hadróns. Esta interacción está descrita pola cromodinámica cuántica (QCD). Hai tres tipos de carga de cor: vermella, azul e verde. Os antiquarks presentan ademais cargas opostas, antivermella, antiazul e antiverde. Os quarks permanecen unidos entre si grazas ao intercambio de partículas virtuais mediadoras da interacción fuerte: os gluóns.
Xunto aos leptóns, os quarks forman case toda a materia que temos ao noso redor, en concreto os dous primeiros quarks, xa que son os que forman os protóns e os neutróns que á súa vez forman os núcleos atómicos.
O termo quark, que en realidade non ten significado ningún, é obra de Murray Gell-Mann, traballando entón no Instituto Tecnolóxico de California, sacado dunha novela de James Joyce, Finegan's wake, máis concretamente do verso Three Quarks for Mr. Mark.
Propiedades dos Quarks
A seguinte táboa é un resumo dos seis quarks coñecidos:
Xeración |
Isospin Débil |
Sabor |
Nome |
Símbolo |
Carga / e |
Masa / MeV.c-2
|
1 |
+ 1/2 |
Iz=+1/2 |
Up |
u |
+ 2/3 |
1.5 - 4.0
|
1 |
− 1/2 |
Iz=−1/2 |
Down |
d |
− 1/3 |
4 - 8
|
2 |
− 1/2 |
S=−1 |
Strange |
s |
− 1/3 |
80 - 130
|
2 |
+ 1/2 |
C=1 |
Charm |
c |
+ 2/3 |
1150 - 1350
|
3 |
− 1/2 |
B′=−1 |
Bottom
|
b |
− 1/3 |
4100 - 4400
|
3 |
+ 1/2 |
T=1 |
Top |
t |
+ 2/3 |
172500 ± 2300
|
Notas
- ↑ Biron, Lauren. "10 words that mean something different to physicists". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-03-29.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Particle Data Group (en inglés)
La Aventura de las Partículas Arquivado 11 de marzo de 2005 en Wayback Machine. (en castelán)