Xeo é o nome dado a calquera das 14 fases sólidas coñecidas da auga. Nun contexto non científico, úsase para describir unha desas fases, de cristalhexagonal, que é a fase que abonda mais. O seu aspecto é vítreo, semitransparente, incluso azul-branqueciño dependendo da presenza de impurezas tales como o ar.
A súa densidade é inferior á da auga, ficando en 0,92; o seu punto de fusión é 0 °C (á presión estándar).
A mesma masa da auga varía de volumes dependendo do estado (líquido ou sólido, o feito distintivo é que, ao contrario da maioría dos sólidos, o xeo no seu punto de fusión preséntase máis dilatado cá súa forma líquida a 4 °C. Isto permite que a capa de xeo de ríos/lagos permaneza na superficie e isole o resto da masa de auga, deste xeito non chega a conxelarse en moitos casos a totalidade do río/lago.