O castelán boliviano é a variedade do castelán falado en Bolivia pola maior parte da poboación, ora como lingua nai ora como segunda lingua. Na maneira de falar o castelán os bolivianos amosan diferentes acentos e modismos. Nas rexións lindeiras con outros países comparten os mesmos trazos, como tamén pode haber voces ou palabras diferentes.
Na rexión oriental de Bolivia, que abrangue territorios cálidos, o uso do castelán tende a ser maior ca nos departamentos da rexión occidental, onde as linguas orixinarias como o quechua e o aimará contan cunha maior cantidade de falantes maternos có castelán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía