Coñécese como variedade do castelán de Galicia ou variedade galega do castelán é a variedade lingüística do castelán falada nos territorios galegofalantes e caracterizada en parte polo resultado do contacto desta variedade coa lingua galega en Galicia e na Galicia estremeira (O Bierzo, Alta Seabra e Terra Eo-Navia).
Os trazos deste dialecto son maioritariamente trazos propios da lingua galega usados como préstamos polos seus falantes cando usan o castelán.
Unha variante extrema deste dialecto é o denominado castrapo.