O castelán belizense é a variedade da lingua castelá falada en Belize. É semellante ao castelán caribeño, andaluz e canario. Malia que o inglés é a única lingua oficial de Belize, o castelán é a lingua común da maioría da poboación (62,8%), e 174 000 persoas (43% dos belizenses) falan algunha variedade de castelán como lingua nai.
Historia
A presenza da lingua castelá en Belize data do período do vicerreinado. A guerra de castas do Iucatán ofreceu a primeira poboación castelanfalante en Belize. Dos seis distritos que conforman a nación, tres son castelanfalantes por excelencia: Cayo, Corozal e Orange Walk. Tanto corozalenses como orangewalkenses descenden deses iucatecos que atoparon refuxio en chan belicense, mentres que os cayenenses descenden de guatemaltecos e salvadoreños, principalmente. O resto dos distritos posúen poboación castelanfalante tamén, aínda que en menor proporción. Este país formaba parte de España, que autorizou o estabelecemento de colonos do Reino Unido de Gran Bretaña, quen o incorporou como colonia cando os territorios centroamericanos se independizaron de España.
Notas
- ↑ O 52,1 % fala castelán con fluidez e o 11 % ten coñecementos da lingua, en total o 62,8%: celade.cepal.org