Trent Reznor

Modelo:BiografíaTrent Reznor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Trent Reznor Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
New Castle, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMercer (pt) Traducir
Os Ánxeles
Cleveland
Nova Orleáns Editar o valor en Wikidata
EducaciónAllegheny College (en) Traducir
Mercer Area High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cleveland Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, produtor musical, vocalista, produtor, guitarrista, pianista, cantautor, compositor, compositor de bandas sonoras Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorApple Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo, Rock industrial, Synthpop, música ambiente e Metal alternativo Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano, caixa de ritmos, baixo, sintetizador, mellotron, Saxofón, violoncello, Contrabaixo, Tambor, Tuba, Sousafón, Harmonio, Marimba, Frauta de Pan, Clavicémbalo, Vibráfono e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
TVT Records
Island Records
Universal Music Group
Interscope Records
Nothing Records (1992–)
The Null Corporation (2008–) Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAtticus Ross: Trent Reznor and Atticus Ross (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMariqueen Maandig (2009–) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0722153 Allocine: 80352 Rottentomatoes: celebrity/trent_reznor IBDB: 413228
Facebook: treznor Twitter: trent_reznor Instagram: treznor BNE: XX5232460 Spotify: 0hRijdwO8UsJMudc3476ma iTunes: 2844131 Last fm: Trent+Reznor Musicbrainz: bc880664-6751-4998-984d-ebdbff15d229 Songkick: 221684 Discogs: 27457 Allmusic: mn0000017580 WikiTree: Reznor-7 Deezer: 13936 Editar o valor en Wikidata

Michael Trent Reznor, nado o 17 de maio de 1965 en Mercer, Pensilvania, é un músico, compositor, multi-instrumentista e produtor estadounidense. É vocalista e principal compositor do proxecto de rock industrial Nine Inch Nails,[1][2][3] que fundou en 1988 e do que foi oficialmente o único membro ata 2016. A primeira edición de Reznor coma Nine Inch Nails, Pretty Hate Machine de 1989, foi un éxito comercial, e dende entón leva editados 11 álbums de estudio co grupo.

Reznor comezou a súa carreira a mediados dos 80 como membro de bandas de synth-pop como Option 30, The Innocent, e Exotic Birds.[4] Colaborou en álbums de artistas como Marilyn Manson, do que foi mentor, o rapeiro Saul Williams e Halsey. Xunto coa súa muller Mariqueen Maandig e os colaboradores habituais de Nine Inch Nails Atticus Ross e Rob Sheridan, formou o grupo de post-industrial How to Destroy Angels en 2009.[5][6]

A partir de 2010 Reznor, xunto con Atticus Ross, comezou a traballar en música para películas e televisión. O dúo compuxo música para moitas das películas de David Fincher, como The Social Network (2010), The Girl with the Dragon Tattoo (2011), Perdida (2014), e Mank (2020). Gañaron o Óscar á mellor banda sonora e o Grammy á mellor banda sonora para medios visuais tanto por The Social Network (2010) como por Soul (2020). O dúo tamén compuxo música para os filmes Patriots Day (2016), Mid90s, Bird Box (os dous de 2018), Waves (2019), Bones and All, e Empire of Light (ámbolos dous de 2022). Tamén fixeron música para os documentais Before the Flood (2016) e The Vietnam War (2017), e a serie de televisión Watchmen (2019), gañando un premio Primetime Emmy Award por esta última.

En 1997, Reznor apareceu na lista de Time das persoas máis influíntes do ano, e a revista Spin describiuno como "o artista máis vital na música".[7]

Traxectoria

Reznor naceu en Mercer, Pennsylvania e despois de que os seus pais se divorciasen cando tiña seis anos viviu co seus avós maternos, mentres a súa irmá Tera quedou coa súa nai.[8][9] Reznor é descendente directo de George Reznor, quen fundou a Reznor Company, unha empresa de calefacción e aire acondicionado, en 1884.[10] A familia vendeu o negocio na década dos 60.

Comezou a tocar o piano aos cinco anos e amosou habilidades para a música a unha idade moi nova.[11] Na Mercer Area Junior/Senior High School, Reznor aprendeu a tocar o saxofón e a tuba, e alí foi membro das bandas de jazz e de marcha. Reznor tamén fixo teatro nos seus anos de instituto. Foi votado "mellor en drama" polos seus compañeiros polos seus papeis de Xudas Iscariote en Jesus Christ Superstar e do profesor Harold Hill en The Music Man. Reznor graduouse no instituto en 1983 e matriculouse na Allegheny College, onde estudou enxeñería informática.

Carreira musical

Primeiros proxectos

Mentres estaba no Allegheny College, Reznor uniuse á banda local Option 30 e tocou en tres concertos nunha semana con ela. Tras un ano de universidade, Reznor deixou os estudos e mudouse a Cleveland para facer carreira na música.[11] A súa primeira banda en Cleveland foi The Urge, un grupo de versións.[12][13] En 1985 uniuse a The Innocent como teclista; o grupo editou un álbum, Livin' in the Street, pero Reznor marchou despois de tres meses. En 1986 pasou a formar parte do conxunto local Exotic Birds e apareceu con eles como unha banda ficticia chamada The Problems na película de 1987 Light of Day.[14] Nesa época Reznor tamén tocou os teclados no grupo Slam Bamboo,[15] e uniuse brevemente á banda de new wave Lucky Pierre.[16]

Reznor conseguiu un traballo no estudio Right Track de Cleveland como enxeñeiro asistente e conserxe.[17] Reznor pediulle ao dono do estudio, Bart Koster, permiso para gravar demos dos seus propios temas de balde no tempo no que estudio non era usado e Koster accedeu.[11]

Nine Inch Nails

Trent Reznor no Lollapalooza 1991
Artigo principal: Nine Inch Nails.

Mentres montaba as primeiras gravacións de Nine Inch Nails, Reznor foi incapaz de atopar unha banda que puidese articular as cancións como el quería. O que fixo, inspirado por Prince, foi tocar el mesmo todos os instrumentos agás a batería.[18] Este papel permaneceu na meirande parte das gravacións de Reznor no estudio, aínda que ocasionalmente contou con outros músicos e asistentes. Varios selos responderon favorablemente ao material demo e Reznor asinou con TVT Records.[17] Nove pezas das Right Track demos foron editadas de xeito non oficial en 1988 baixo o nome de Purest Feeling e moitas desas cancións apareceron revisadas en Pretty Hate Machine, o primeiro lanzamento oficial de Reznor como "Nine Inch Nails".

A meirande parte do traballo de Reznor como músico ten sido como principal membro de Nine Inch Nails. Pretty Hate Machine foi publicado no ano 1989 e tivo un moderado éxito comercial, sendo certificado ouro en 1992. No medio de presións do selo discográfico para producir a continuación de Pretty Hate Machine, Reznor comezou segredamente a gravar baixo varios pseudónimos para evitar a interferencia da discográfica, dando como resultado un EP chamado Broken (1992). Nine Inch Nails foi incluída na xira do Lollapalooza no verán de 1991, e gañou un Grammy en 1993 á "Mellor interpretación heavy metal" polo tema "Wish".[19]

O segundo álbum de Nine Inch Nails, The Downward Spiral, entrou na lista Billboard 200 en 1994 no número 2,[20] e segue sendo a edición máis vendida da banda nos Estados Unidos. Para gravar o disco, Reznor alugou e mudouse á mansión 10050 Cielo Drive, onde en 1969 Charles Manson asasinou a Sharon Tate e os seus convidados.[21] Reznor construíu un estudio na casa, que bautizou como Le Pig pola palabra que escribiron os asasinos na porta principal co sangue de Tate.[21] Reznor dixo a Entertainment Weekly que, a pesar da notoriedade da casa, elixiu gravar alí debido a que "mirara un feixe de sitios e ese foi o único que me gustou moito".[21]

Nine Inch Nails xirou estensamente durante os seguintes anos, chegando a actuar en Woodstock '94, aínda que Reznor admitiu ao público que non lle gustaba togar en grandes lugares. Sobre ese tempo, o seu perfeccionismo no estudio, as loitas coa adicción, e episodios de bloqueo creativo prolongaron a produción da continuación de The Downward Spiral. En 1999 editouse o álbum dobre The Fragile. Este foi parcialmente exitoso, pero fixo perder cartos ao selo de Reznor, polo que este financiou a North American Fragility Tour do seu propio peto. Pasarían outros seis anos antes do novo disco de Nine Inch Nails, With Teeth. Durante ese período Reznor estivo en rehabilitación e foi capaz de manexar a súa adicción ás drogas.

Despois de With Teeth Reznor publicou o álbum Year Zero, que fala sobre como as actuais políticas do goberno estadounidense afectarán ao mundo no ano 2020. Tras a súa edición en 2007 Reznor rompeu cos grandes selos discográficos, e lanzou dous álbums, The Slip e Ghosts I-IV, de forma independente a través da súa propia etiqueta, The Null Corporation. En 2009 Nine Inch Nails entrou en hiato despois da Wave Goodbye Tour. En 2013 a banda regresaría aos grandes selos asinando con Columbia Records. No mes de setembro dese ano publicaríase Hesitation Marks, e un mes antes deu comezo a xira Tension 2013.

Colaboracións con outros artistas

Unha das primeiras colaboracións e Reznor foi un proxecto paralelo de Ministry en 1990 baixo o nome de 1000 Homo DJs. Reznor cantou nunha versión do tema "Supernaut" de Black Sabbath. Debido a problemas legais co seu selo, as voces de Reznor tiveron que ser distorsionadas para facelas irrecoñecibles. A banda tamén gravou versións adicionais coa voz de Al Jourgensen.[22] Tamén actuou noutro dos proxectos paralelos de Jourgensen, Revolting Cocks, no ano 1990. "Vin todo un lado de humanidade que non sabía que existía", dixo Reznor. "Foi decadencia nun novo nivel, pero con sentido do humor".[23]

Reznor cantou no tema de 1991 de Pigface "Suck", aparecido no seu álbum de estrea Gub, que tamén contaba coa produción de Steve Albini.[24] Reznor fixo coros en "Past The Mission", no álbum de 1994 de Tori Amos Under the Pink.[25] Produciu o primeiro álbum de Marilyn Manson, Portrait of an American Family (1994), e varios temas dos discos Smells Like Children (1995) e Antichrist Superstar (1996). "Entrei directamente a facer un disco de Manson", lembrou Reznor deste último, "que foi unha forma de estar mentalmente en xira. Cada noite era un escenario ridículo. Cando iso acabou, estaba realmente nun momento emocional baixo, desilusionado".[26]

Posteriormente a relación entre Reznor e Manson deteriorouse. "Tiven que facer unha elección", dixo Manson, "entre ser amigos e ter unha carreira mediocre, ou romper cousas e continuar para ter éxito. A cousa púxose demasiado competitiva. E el non pode esperar de min non querer ser máis exitoso que el".[27]

No video do tema de David Bowie "I'm Afraid of Americans" (1997), Reznor interpreta a un acosador que aparece onde Bowie vai. Nun artigo de 2016 da Rolling Stone tras a morte de Bowie, Reznor recordou como xirar con Bowie en 1995-96 inspirouno para manterse sobrio.[28]

Reznor produciu as bandas sonoras do filme de 1994 de Oliver Stone Asasinos natos e do de 1997 de David Lynch Lost Highway. Foi acreditado nos temas "Driver Down" e "Videodrones; Questions" na desta última; outra canción, "The Perfect Drug", foi acreditada a Nine Inch Nails. Reznor produciu un remix da canción de The Notorious B.I.G. "Victory" en 1998, que contaba con Busta Rhymes.[29]

Notas

  1. "Trent Reznor's Upward Spiral". Spin. 2015-12-22. Archived from the original on 22 de decembro de 2015. Consultado o 2023-04-22. 
  2. Beaumont, Mark (2013-08-08). "The nine lives of Trent Reznor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-04-22. 
  3. "Steven Levy on Facebook, Spotify and the Future of Music". Wired. 2015-12-08. Archived from the original on 08 de decembro de 2015. Consultado o 2023-04-22. 
  4. Cinquemani, Sal (2005-05-03). "Review: Nine Inch Nails, With Teeth". Slant Magazine (en inglés). Consultado o 2023-04-22. 
  5. "Trent Reznor Score Wins Golden Globe". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-04-22. 
  6. "Trent Reznor pegs early 2012 release date for How to Destroy Angels full-length". web.archive.org. 2016-10-27. Archived from the original on 27 de outubro de 2016. Consultado o 2023-04-22. 
  7. "TIME.com: TIME'S 25 MOST INFLUENTIAL AMERICANS -- Apr. 21, 1997 -- Page 18". web.archive.org. 2006-11-10. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2011. Consultado o 2023-04-23. 
  8. "Estirpe de Trent Reznor compilada por William Addams Reitwiesner". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  9. Spitz, Marc (June 1, 2005). "The Shadow of Death". Spin.
  10. "About Us - Reznor HVAC". web.archive.org. 2021-02-27. Archived from the original on 27 de febreiro de 2021. Consultado o 2023-05-06. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "The Music of Rage". nothing.nin.net. Consultado o 2023-05-06. 
  12. "Trent Reznor: Area Co-conspirators". Cleveland.com. 2016-02-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2016. Consultado o 2023-05-14. 
  13. Neilstein, Vince (2011-08-17). "Before Trent Reznor Was Metal He Had A Flock Of Seagulls Haircut". MetalSucks (en inglés). Consultado o 2023-05-14. 
  14. Bukszpan, Daniel (2003). The Encyclopedia of Heavy Metal. New York: Barnes & Noble Books. p. 173. ISBN 0-7607-4218-9.
  15. "Trent Reznor". IMDb (en inglés). Consultado o 2023-05-14. 
  16. "Regrouping in Cleveland". The Plain Dealer. 2003-04-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2003. Consultado o 2023-05-14. 
  17. 17,0 17,1 Allmusic (ed.). "Nine Inch Nails en Allmusic". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  18. Fine, Jason (xullo-agosto de 1994). "The Truth About Trent". Option.
  19. Rock on the net (ed.). "Liña de tempo de Nine Inch Nails". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  20. Cleveland.com (ed.). "Liña de tempo de Trent Reznor". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  21. 21,0 21,1 21,2 Entertainment Weekly (ed.). "Helter Shelter. Making records where Manson killed". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2008. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  22. Discogs (ed.). "Discografía de 1000 Homo DJs en Discogs". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  23. Select, marzo de 1991
  24. Discogs (ed.). "Pigface en Discogs". Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  25. Rolling Stone (ed.). "1994: The 40 Best Records From Mainstream Alternative's Greatest Year". Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  26. Elliott, Paul (25 de setembro de 1999). "Going Down…". Kerrang!. p. 14.
  27. Collins, Andrew (1998). "And The Freak Shall Inherit The Earth". Q (146). 
  28. Reznor, Trent (2016-01-26). "Trent Reznor Recalls How David Bowie Helped Him Get Sober". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-05-10. 
  29. Discogs (ed.). "Puff Daddy & The Family Featuring Notorious B.I.G., The* & Busta Rhymes ‎– Victory (Remixes)". Consultado o 10 de decembro de 2014. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!