Asasinos natos

Asasinos natos
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalNatural Born Killers
DirectorOliver Stone
Produtor
Guión
  • Richard Rutowski
  • Oliver Stone
  • David Veloz
  • Rodney Dangerfield
Baseado enHistoria de Quentin Tarantino
Intérpretes
FotografíaRobert Richardson
Montaxe
EstudioRegency Enterprises
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 26 de agosto de 1994
Galicia 2 de setembro de 1998 (TVG)
Duración119 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia negra
Orzamento$34 000 000[2]
Recadación$50 300 000[2]
Na rede
IMDB: tt0110632 Filmaffinity: 558220 Allocine: 37178 Rottentomatoes: m/natural_born_killers Mojo: naturalbornkillers Allmovie: v132230 TCM: 84606 Metacritic: movie/natural-born-killers TV.com: movies/natural-born-killers Netlix: 793916 Editar o valor en Wikidata

Asasinos natos (en inglés: Natural Born Killers) é un filme estadounidense de 1994 dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por Woody Harrelson, Juliette Lewis, Robert Downey Jr., Tom Sizemore e Tommy Lee Jones. Conta a historia de dúas vítimas dunha infancia traumática que se converten en amantes e asasinos de masas, e que son irresponsablemente glorificados polos medios de comunicación de masas. Baséase nun guión orixinal de Quentin Tarantino que foi revisado polo escritor David Veloz, o produtor asociado Richard Rutowski e o propio Stone. Tarantino recibiu o crédito da historia. Jane Hamsher, Don Murphy e Clayton Townsend produciron o filme, con Arnon Milchan, Thom Mount e Stone como produtores executivos.

Foi estreado o 26 de agosto de 1994 nos Estados Unidos, e no Festival Internacional de Cine de Venecia o 29 de agosto de 1994. Tivo un certo éxito de recadación, conseguindo uns $50 millóns sobre un orzamento de produción de $34 millóns, e recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que alabou as interpretacións dos actores, o humor, o argumento e a mestura de acción e romance, mais atoparon o filme demasiado violento e gráfico. Salientable polo seu contido violento e por ter inspirado crimes por imitación, foi considerado un dos máis controvertidos filmes da historia por Entertainment Weekly en 2006.[3]

Estreouse en galego o 2 de setembro de 1998 a través da TVG.[4]

Personaxes

Notas

  1. British Board of Film Classification, ed. (20 de decembro de 1994). "NATURAL BORN KILLERS (18)". Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo, ed. (18 de outubro de 1994). "Natural Born Killers (1994)". Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  3. 25 Most Controversial Movies Ever, Entertainment Weekly, 9 de xuño de 2006
  4. Versión en galego (ed.). "Programación da TVG". Consultado o 2 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hamsher, Jane (1998). Killer Instinct. Broadway.
  • Hanley, Jason. (2001) “Natural Born Killers: Music and Image in Postmodern Film,” in Postmodern Music/ Postmodern Thought, Routledge. ed. Joseph Auner e Judy Lochhead, pp. 335–359.

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!